Agathis
xénero Agathis | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Agathis dammara | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto. |
O xénero Agathis, comunmente coñecido como kauri, piñeiro kaurí ou damar, componse dun grupo relativamente pequeno de vinte e unha especies de árbores de folla perenne na familia Araucariaceae. Caracterízanse por teren un toro grande e poucas ou ningunha póla en parte do toro. As árbores novas teñen unha forma cónica e soamente na madureza adquiren unha copa máis arredondada e unha aparencia irregular.
Descrición
[editar | editar a fonte]A casca é xeralmente lixeira e de cor cinsenta acastañada ou agrisada lisa, con escamas irregulares que adquiren densidade nas árbores máis maduras. Aínda que a estrutura da póla adoita ser horizontal, estas poden adquirir sentido ascendente coa madureza. As pólas da parte máis baixa presentan cicatrices circulares, estas marcas fórmanse cando caen as pólas mortas das partes máis altas.
As follas novas son máis grandes que na idade adulta en todas as especies, e máis ou menos agudas, variando segundo a especie de ovadas a lanceoladas. As follas do adulto están enfronte, elípticas lineares, moi coriáceas e dispostas densamente. As follas novas son a miúdo cobrizo-avermelladas, cun marcado contraste coa follaxe xeralmente verde ou verde-abrancazada da estación anterior.
Os conos macho de pole aparecen xeralmente só nas árbores máis grandes, despois de que as sementes dos conos teñan aparecido. Os conos femia da semente. desenvólvense xeralmente nas franzas laterais máis curtas, madurecéndose logo de dous anos. Con formas normalmente ovais ou globulares.
As árbores son a fonte da Goma Damar.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Richard Anthony Salisbury e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 8: 311. 1807.[1]
Especies do xénero Agathis
[editar | editar a fonte]- Agathis atropurpurea - Queensland, Australia
- Agathis australis - Illa Norte, Nova Zelandia
- Agathis borneensis - Malaisia occidental, Borneo
- Agathis corbasonii - Nova Caledonia
- Agathis dammara (sin. A. celebica) - Bindang (Malaisia oriental)
- Agathis endertii - Borneo
- Agathis flavescens - Borneo
- Agathis kinabaluensis - Borneo
- Agathis labilliardieri - Nova Guinea
- Agathis lanceolata - Nova Caledonia
- Agathis lenticula - Borneo
- Agathis macrophylla (sin. A. vitiensis) - Fidxi, Vanuatu, Illas Salomón
- Agathis microstachya - Queensland, Australia
- Agathis montana - Nova Caledonia
- Agathis moorei - Nova Caledonia
- Agathis orbicula - Borneo
- Agathis ovata - Nova Caledonia
- Agathis philippinensis - Filipinas, Célebes
- Agathis robusta - Queensland, Australia; Nova Guinea
- Agathis silbae - Vanuatu
- Agathis spathulata - Papúa Nova Guinea
Usos
[editar | editar a fonte]Varias especies de kauri dan diversas resinas tales como a kauri copa e Manilla copal, ademais de madeira, que é de textura recta e granulosa e dunha calidade óptima.
A madeira úsase normalmente na manufactura de guitarras. Tamén se utiliza nos taboleiros de xogo (goban).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Agathis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Christenhusz, M. J. M., J. L. Reveal, A. K. Farjon, M. F. Gardner, R. R. Mill & M. W. Chase. 2011. A new classification and linear sequence of extant gymnosperms. Phytotaxa 19: 55–70.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sistemática de Agathis Arquivado 01 de setembro de 2014 en Wayback Machine.
- Base de datos das Ximnospermas: Agathis