Saltar ao contido

Alpha Tauri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comparación do tamaño entre Alderabán e o Sol.

Alpha Tauri (α Tauri / α Tau), ou máis coñecida coma Aldebarán, é a estrela máis brillante da constelación do Touro. O seu nome deriva do árabe al debaran, que significa o seguidor, pola forma na que a estrela segue ás Pléiades. Visualmente, Aldebarán semella ser a máis brillante dun grupo de estrelas coñecidas como Hyades, pero de feito Alderabán está situada a medio camiño entre a Terra e as Hyades.

Aldebarán é unha estrela K5 III, isto é, de cor laranxa, grande e que se afastou da secuencia principal despois de usar todo o hidróxeno. Ten como compañeira unha diminuta anana vermella, difícil de ver. Aldebarán ten un diámetro de aproximadamente 5.3 × 107 km, ou 38 veces o diámetro do Sol, a unha distancia de 65'1 anos luz e a súa luminosidade é 150 veces a do Sol. É a 13ª estrela máis brillante do ceo.

En 1997 anunciouse a posibilidade da existencia dun gran planeta, equivalente a 11 veces Xúpiter.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy