Saltar ao contido

Altruísmo eficaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O altruísmo eficaz demanda que as prácticas altruístas e solidarias se basean non só en decisións emocionais, senón nunha análise racional que permita conseguir o maior impacto posible en beneficios de terceiros.[1] Desta forma, considérase altruísta eficaz a alguén que se esforza por considerar todas as causas e accións coñecidas para actuar de xeito que as súas accións teñan o maior impacto positivo. Este enfoque baseado na evidencia distingue o altruísmo eficaz do altruísmo tradicional ou da caridade clásica, e ás veces implica realizar accións que son pouco intuitivas ou emocionalmente destacadas.

Principios

[editar | editar a fonte]

Distínguense varios principios na toma de decisións dos altruístas eficaces para a selección das causas, tales coma a escala, a desatención e a tratabilidade dos problemas. A causa é definida como unha forma de mellorar con respecto a unha determinada maneira na que neste as cousas poderían mellorar. Así, podemos distinguir tres tipos de avaliación para acoller as causas:

-Escala: O grao de desvalor que pode evitar ou de valor que pode promover unha certa causa. Unha medición axeitada da escala ten que ter en conta os diferentes desvalores e os distintos factores en función dos que estes poden ser máis ou menos significativos, incluíndo a intensidade do dano que causan, a súa duración e a súa difusión entre distintos individuos.

-Desatención: O grao no que unha causa permanece sen ser tratada. Esta pode medirse en termos de cantidades agregadas de recursos totais empregados, o cal é máis relevante que o número de individuos implicados nela.

-Tratabilidade: O nivel de recursos os cales a súa inversión é necesaria para tratar de forma exitosa unha certa causa.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

A través disto, existen diferentes fins:

1) A minimización do benestar negativo.

2) A minimización do benestar negativo menos benestar positivo.

3) A minimización da suma total de cousas negativas directa ou inderectamente para as entidades receptoras de benestar.

4) A maximización da suma total de cousas positivas directa ou indirectamente para as entidades receptoras de benestar menos cousas negativas directa ou indirectamente.

5) A maximización de valores impersoais ou a minimización de desvalores impersoais.

6) A minimización da realización de acción sincorrectas, ou a maximización da realización de accións correctas.

En canto ao impacto marxinal, refírese ao efecto que ten a nosa acción concreta dado os efectos que xa tiveron outras accións previas.

Tamén deberíamos ter en conta dúas posibles vías de acción, investigar ou actuar. As seguintes son posibles accións que acoller:

-Realizar un traballo directo, facenndo voluntariado ou activismo nalgunha causa que leve a conseguir un cambio.

-Aportando recursos os cales o seu emprego poida conseguir un cambio.

-Animando a outras persoas a que tamén invirtan, para aí acoller os máximos recursos posibles para tratar a causa.

-Un subtipo de traballo meta que merece a pena destacar sería o dado no campo do coñecemento (é dicir, investigación, por exemplo).

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy