Amazona brasiliensis
Aparencia
Amazona brasiliensis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Amazona brasiliensis' (Linnaeus, 1758) |
Amazona brasiliensis é unha especie de papagaio da familia Psittacidae. É un animal endémico das rexións costeiras do sueste dos estados brasileiros de São Paulo e Paraná. Esta ave está ameazada pola perda de hábitat e a captura para o mercado de paxaros silvestres, polo que é un símbolo dos esforzos de conservación dos ecosistemas máis diversos da Terra. Está considerada unha especie vulnerable pola BirdLife International e a IUCN. En 1991-92, a súa poboación caeu por debaixo dos 2 000 exemplares. Grazas ós esforzos de conservación, as estimacións máis recentes suxiren unha poboación de 6 600, o cal sinala que a especie se está a recuperar.[1] Un estudo recente sinala que a poboación é estable no estado do Paraná, no sur do Brasil.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2013). "Amazona brasiliensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Sipinski, Elenise; Abbud, Maria Cecilia; Sezerban, Rafael Meireles; Serafini, Patricia Pereira; Boçon, Roberto; Manica, Lilian Tonelli; Guaraldo, André de Camargo. "Tendência populacional do papagaio-de-cara-roxa (Amazona brasiliensis) no litoral do estado do Paraná". Ornithologia (en portugués) 146 (2): 136–143. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2019.