Saltar ao contido

Ana Kalandadze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Kalandadze
Nome orixinal(ka) ანა კალანდაძე Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Khidistavi (República Socialista Soviética de Xeorxia) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 2008 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Tbilisi (Xeorxia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cerebrovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPantheon de Mtatsminda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Tbilisi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, tradutora, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeShalva Mchedlishvili Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAsian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 91619439 Editar o valor en Wikidata

Ana Kalandadze, nada en Chokhatauri o 15 de decembro de 1924 e finada en Tbilisi o 11 de marzo de 2008, foi unha poeta xeorxiana .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa natal de Ana Kalandadze en Khidistavi

Naceu no seo dunha familia campesiña na aldea de Khidistavi da rexión de Guria. Formouse no instituto de Kutaisi ata 1941 e logo continuou estudos de filoloxía na Universidade Estatal de Tbilisi para graduarse en linguas caucásicas en 1946. Os seus primeiros poemas publicounos nas revistas Literatura da khelovneba e Mnatobi no ano da súa graduación. Dende 1952 traballou como investigadora principal no departamento de lexicoloxía do Instituto de Lingüística Arnold Chikobava da Academia de Ciencias de Xeorxia. En 1953 apareceu a súa primeira colección de poemas e sucesivas recolleitas da súa poesía apareceron en 1958, 1960, 1967 e 1976. Publicou máis de 700 poemas[1] nun estilo elaborado con rimas sutiles e curtas, raramente con máis de oito versos, e un lirismo persoal, que acadaron moita popularidade dende o comezo[2] e moitos deles transformáronse en cancións populares. Dende 1993 foi académica da Academia de Ciencias de Xeorxia.

Traduciu ao xeorxiano a Stéphane Mallarmé e Aleksandr Pushkin entre outros poetas clásicos.

  1. Donald Rayfield (2013). The Literature of Georgia: A History. Routledge. p. 274. 
  2. "100 Poems". Georgian National Book Center. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy