Arquidiocese católica latina de Braga
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 990.700 (2018) (346,76 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua portuguesa | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.857 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século XII | ||||
Catedral | Catedral de Braga | ||||
Sitio web | diocese-braga.pt | ||||
A arquidiocese de Braga é unha arquidiocese con sé eclesiástica na catedral de Braga.
Historia
[editar | editar a fonte]Data do século III, sendo coñecido do primeiro período da súa historia só o Bispo Paterno cuxo nome figura nas actas do Concilio de Toledo de 400. Non obstante, a tradición fai de San Pedro de Rates o primeiro bispo da cidade, cerca do ano 45 da nosa era.
Xa neste primeiro período tiña dignidade metropolítica, con xurisdición sobre todo o noroeste da Península (Galécia), e dela dependían os bispados de Conímbriga, Viseu, Dume, Lamego, Porto e Egitânia. Do período suévico-visigótico coñécense os nomes de 12 Prelados bracarenses. Canda a invasión musulmá, Braga ficou no dominio dos infieis: e os seus bispos pasaron a residir en Lugo.
Tras a reconquista cristiá, foi definitivamente restaurada a Arquidiocese (1070) polo rei García de Galiza, tomando o seu arcebispo o título de metropolita de Braga. Despois de contendas coa sé de Compostela, o papa Pascual II dá en 1103 a Braga como sufragáneas as dioceses de Porto, Coímbra, Lamego e Viseu (en Portugal), e cinco máis no territorio actual de España.
Célebre ficou tamén a contenda con Toledo sobre a primacía. Aínda hoxe o arcebispo de Braga usa o título de Primaz das Espanhas. Nos fins do século XIV, as dioceses dos reinos de León e Galiza deixaron de prestar obediencia a Braga. A área da arquidiocese foi posteriormente reducida coa creación das dioceses de Miranda (1545), Braganza (1770), Vila Real (1922) e Viana do Castelo (1977) e aínda pola anexión á de Braganza-Miranda do Arcediagado de Moncorvo (1881). De igual forma, a elevación de Lisboa a arquidiocese en 1394 subtraeu do seu control as antigas sufragáneas do sur do país.
Entre as particularidades máis notábeis desta sé, considerada das máis antigas da Península Ibérica, está a de posuír un rito litúrxico propio (bracarense), semellante ao romano; cando da reforma litúrxica tridentina, Braga puido manter os seus libros, por teren máis de 200 anos e polo coidado que tivo niso o Arcebispo D. Frei Bartolomeu dos Mártires. Despois dalgunhas terxiversacións resultantes da tentativa de introducir o rito romano, o bracarense foi restaurado polo Sínodo de 1918: os novos breviario e misal, aprobados por bulas de 1919 e 1924 respectivamente, tornáranse obrigatorios en toda a arquidiocese en 1924.
O rito bracarense permanece válido, mesmo despois da reforma litúrxica do Concilio Vaticano II, mais o seu uso tornou facultativo, desde esta reforma, o 18 de novembro de 1971.
Actualmente, a arquidiocese cínguese ao distrito de Braga e ás trinta parroquias do Porto situadas ao norte do río Ave, nos concellos de Santo Tirso, Póvoa de Varzim e Vila do Conde. Abrangue 551 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados, nunha área de 2.832 km², con cerca de 1 000 000 de habitantes. Os arciprestados, á súa vez, forman tres zonas pastorais. Esta organización conflúe para o vértice da pastoral na arquidiocese, con tres órganos consultivos (Consello Presbítero, Consello Pastoral e Colexio Arciprestal) e un executivo (o Consello Episcopal).
Lista de Bispos de Braga
[editar | editar a fonte]A seguir, preséntase unha listaxe co nome dos bispos da arquidiocese de Braga. Os bispados considerados lendarios van sinalados cun asterisco:
- San Pedro de Rates (45-60) *
- Basilio (60-95) *
- Santo Ovídio (95-130) *
- Policarpo (130-200) *
- Serfriano (200-230) *
- Fabián (230-245) *
- Félix (245-263) *
- Secundo (263-268) *
- Caledonio (268-270) *
- Narciso (270-275) *
- Paterno I (275-290) *
- Grato (290-299) *
- Salomón (299-300) *
- Sinagrio (300-326) *
- Lenoncio (326-328) *
- Apolonio (328-366) *
- Idacio I (366-381) *
- Lampadio (381-400) *
- Paterno II (400-405), primeiro bispo historicamente referenciábel
- Profuturo I (405-410) *
- Pancraciano (410-417) *
- Balconio (417-456)
- Valerio (456-494) *
- Idacio II (494-518) *
- Apolinario (518-524) *
- Castino (524-525)*
- Valério (525-527) *
- Ausberto (527-537) *
- Xulián I (537-538) *
- Profuturo II (538-550)
- Eleuterio (550-561) *
- Lucrecio (561-562)
- Martiño de Dumio, Apóstolo dos Suevos (562-579)
- Pantardo (580-589)
- Benigno (589-612) *
- Tolobeu (612-633) *
- Xulián II (633-653)
- Potamio (653-656)
- Froitoso de Braga (656-660)
- Manucino (660-661) *
- Pancracio (661-675) *
- Leodegísio Julião ou Leodecísio Julião (675-678)
- Liúva (678-681)
- Quirico (681-687) *
- Faustino (688-693)
- San Félix Torcato (693-734), último bispo residente en Braga até a elevación arquiepiscopal en 1070, debido á invasión musulmá da Península Ibérica; os seus sucesores estabelecéronse en Lugo
- San Vítor de Braga (734-736)
- Eronio (736-737) *
- Hermenexildo (737-738) *
- Tiago (738-740) *
- Odoario (740-780)
- Ascárico (780-811) *
- Arximundo (821-832) *
- Nostiano (832) *
- Ataúlfo (832-840)
- Ferdizendo (840-842) *
- Dulcidio (842-850) *
- Gladila (850-867)
- Gomado (867-875) *
- Flaviano Recaredo (875-881)
- Flaiano (881-889) *
- Arximiro (889-910) *
- Teodomiro (910-924) *
- Hero (924-930)
- Silvatano (930-942) *
- Gundisalvo ou Gonzalo (942-950)
- Hermenexildo (951-985)
- Pelagio ou Paio (986-1003)
- Diogo ou Tiago (1003-1004)
- Flaviano (1004-1017)
- Pedro (1017-1058)
- Maurelo (1058-1060)
- Sigefredo (1060)
- Vistrario (1060-1070)
Lista de arcebispos de Braga
[editar | editar a fonte]- Pedro (I) de Braga (1071 - 1091)
- Xiraldo de Moissac (1096 - 1108)
- Mauricio Burdino (1109 - 1118)
- Paio Mendes (1118 - 1137)
- Xoán(I) Peculiar (1139 – 1175)
- Godiño (1176 - 1188)
- Martiño (I) Pires (1189 - 1209)
- Pedro (II) Mendes (1209 - 1212), electo
- Estevo Soares da Silva (1213 - 1228)
- Sancho (I) (1229)
- Silvestre Godiño (1229 - 1240)
- Gualterio (1240 - 1245)
- Xoán (II) Egas (1245 - 1251)
- Sancho (II) (1251 - 1265)
- Martiño (II) Geraldes (1265 - 1271)
- Pedro (III) Xulián (1272 – 1274), electo
- Sancho (III) (1275)
- Cardeal Ordoño Alvares (1275 – 1278)
- Frei Telo (1279 - 1292)
- Martiño (III) Pires de Oliveira (1295 - 1313)
- Xoán(III) Martins de Soalhães (1313 - 1325), antes bispo de Lisboa
- Gonzalo Pereira (1326 - 1348), antes bispo de Évora e bispo de Lisboa
- Guillerme de la Garde (1349 - 1361)
- Xoán(IV) de Cardaillac (1361 - 1371)
- Vasco (1371 - 1372), antes bispo de Lisboa
- Martinho (IV) de Zamora (1372), electo, non confirmado polo Papa; tamén bispo de Silves e bispo de Lisboa
- Lourenço Vicente (1374 - 1397)
- Xoán(V) García Manrique (1397 - 1398)
- Martinho (V) Afonso de Miranda ou Martinho Afonso da Charneca (1398 - 1416), antes bispo de Coímbra
- Fernando da Guerra (1417 - 1467), antes bispo do Algarve e do Porto
- Luís (I) Pires (1468 - 1480)
- João (VI) de Melo (1481)
- João (VII) Galvão (1482 - 1485), electo, tamén bispo de Coímbra-conde de Arganil
- Jorge (II) Vaz da Costa (1486 - 1501)
- Cardeal Jorge (III) da Costa (1501 - 1505), dito Cardeal da Alpedrinha, administrador da diocese a partir de Roma
- Diogo (I) de Sousa, bispo do Porto e arcebispo de Braga (1505 - 1532)
- Cardeal Infante D. Henrique de Portugal (1533 – 1540)
- Frei Diogo (II) da Silva, O.F.M. (1540 - 1541)
- Duarte de Portugal, arcebispo de Braga (1542 - 1543)
- Manuel (I) de Sousa (1545 - 1549)
- Frei Baltasar Limpo (1550 - 1558)
- D. Frei Bartolomeu Fernandes dos Mártires, O.P. (1559 – 1581)
- João (VIII) Afonso de Menezes (1581 - 1587)
- Frei Agostinho de Jesus (1588 - 1609), nado Pedro de Castro
- D. Frei Aleixo de Menezes (1612 – 1617)
- Afonso Furtado de Mendonça (1618 - 1626), tamén bispo da Guarda, bispo de Coímbra-conde de Arganil, arcebispo de Lisboa e vice-rei de Portugal
- Rodrigo (I) da Cunha (1627 – 1635), tamén arcebispo de Lisboa
- Sebastião de Matos de Noronha (1635 – 1641), tamén bispo de Elvas; sospeitoso de conxura contra D. João IV
- Pedro (IV) de Lencastre (1654-1670), antes bispo da Guarda e arcebispo de Évora e despois 5.º Duque de Aveiro, non confirmado polo Papa;
- Veríssimo de Lencastre (1670 – 1677)
- Luís (II) de Sousa (1677 – 1690)
- José (I) de Menezes (1690 – 1696)
- João (IX) de Sousa (1696 – 1703), despois arcebispo de Lisboa
- Rodrigo (II) de Moura Teles (1704 – 1728)
- Cardeal João da Mota e Silva (1732), electo, non obtivo confirmación pontificia
- José de Braganza (1741 – 1756)
- Gaspar de Braganza (1758 – 1789)
- Frei Caetano Brandão, T.O.R. (1790 – 1805)
- José (III) da Costa Torres (1807 - 1813)
- Frei Miguel da Madre de Deus da Cruz, O.F.M. (1815 – 1827)
- Pedro (V) Paulo de Figueiredo da Cunha e Melo (1843 – 1855)
- José (IV) Joaquim de Azevedo e Moura (1856 – 1876)
- Frei João (X) Crisóstomo de Amorim Pessoa, O.F.M. (1876 – 1883)
- António (I) José de Freitas Honorato (1883 – 1898)
- Manuel (II) Baptista da Costa (1899 – 1913)
- Manuel (III) Vieira de Matos (1915 – 1932)
- António (II) Bento Martins Júnior (1933 – 1963)
- Francisco Maria da Silva (1963 – 1977)
- Eurico Dias Nogueira (1977 – 1999)
- Jorge (IV) Ferreira da Costa Ortiga (1999 - 2021)
- José Manuel Garcia Cordeiro (2021 - )
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arquidiocese católica latina de Braga |