Arquidiocese católica latina de Toledo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 726.391 (2017) (37,57 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 19.333 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Catedral | Catedral de Santa María de Toledo | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45002 | ||||
Páxina web | architoledo.org | ||||
A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.
Historia
[editar | editar a fonte]Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- Século I - Creación da diocese de Toledo.
- Século IV - Elevada a arquidiocese metropolitana de Toledo.
- 527 - Perda de territorio coa creación da diocese de Segovia.
- 1226 - Perda de territorio coa creación da diocese de Fez.
- 1875 - Perda de territorio coa creación da prelatura territorial de Cidade Real.
- 1885 - Perda de territorio coa creación da diocese de Madrid.
Comezos e época visigoda
[editar | editar a fonte]A diocese de Toledo foi erixida no século I, e considérase fundador da mesma ao apóstolo Santiago o Maior.
No século IV foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana. É segundo a tradición a diocese de maior importancia de España, polo que o seu arcebispo leva tamén o título de Primado de España.
Coa chegada dos visigodos e, especialmente, logo da designación de Toledo como capital do reino, a diocese estendeu a súa xurisdición sobre territorios da Cartaxinense que dependían eclesiásticamente da súa capital, Carthago Spartaria (hoxe Cartaxena). Como a sé metropolitana de Carthago Spartaria estaba no territorio dominado polos bizantinos, o rei visigodo Gundemaro promoveu a celebración dun sínodo que acordou elevar a Toledo ao rango de arquidiocese metropolitana.
Entre o 400 e o 702 sucedéronse dezaoito concilios de Toledo, entre os cales salienta, pola súa importancia, o Terceiro Concilio de Toledo, pola conversión de Recaredo e da súa corte.
Dominación musulmá e reconquista
[editar | editar a fonte]Durante a dominación musulmá, Toledo deveu un bastión do cristianismo, e mantívose a arquidiocese e a sucesión episcopal. No século VIII tivo lugar unha persecución aos cristiáns que permanecían en Al-Andalus(os mozárabes), que provocou migracións cara aos reinos cristiáns do norte da península. O rito da Igrexa hispana, ou rito mozárabe, porén, perviviu en Toledo, grazas aos mozárabes que quedaron na cidade.
O rei Afonso VI e os cristiáns reconquistaron a cidade de Toledo en 1085, devolvéndolle á arquidiocese o seu antigo poder. O primeiro arcebispo deste período foi Bernardo de Cluny, membro da orde de Cluny. A sé episcopal participou activamente na Reconquista, controlando o territorio conquistado e alentando á expansión das ordes militares de Santiago, de Calatrava e de Alcántara.
O 6 de marzo de 1101 o papa Pascual II confirmou Toledo como sé primacial coa bula Actorum synodalium. Neste período foi iniciada a construción da actual Catedral de Santa María.
Dende a Reconquista
[editar | editar a fonte]Logo da reconquista, durante o reinado dos Reis Católicos, foi nomeado arcebispo de Toledo Francisco Jiménez de Cisneros, quen inaugurou a Universidade de Alcalá, cuxo territorio pertencía entón á arquidiocese; e participou activamente na política do reino. Durante o reinado de Filipe II a corte foi trasladada a Madrid, mais a cidade seguiu a depender eclesiásticamente de Toledo.
Durante os dous últimos séculos a arquidiocese sufriu varios episodios complicados. Coa invasión de Napoleón a arquidiocese foi saqueada, e o arcebispo fuxiu a Sevilla. Coas desamortizacións de Mendizábal e Madoz comezou un conflito entre o goberno de España e a Santa Sé, quedando durante un tempo a sé vacante. Finalmente, a guerra civil española supuxo a destrución de gran parte do patrimonio artístico do arcebispado e a morte de 281 sacerdotes.
Liturxia
[editar | editar a fonte]Calendario particular
[editar | editar a fonte]Ademais das celebracións litúrxicas comúns á Igrexa Católica Latina, a arquidiocese celebra as seguintes festas no seu calendario:[1]
- 9 de xaneiro - San Euloxio de Córdoba, mártir e bispo electo de Toledo (Memoria obrigatoria).
- 24 de xaneiro - Descensión da Virxe María, aparición da Virxe a San Ildefonso de Toledo (Memoria obrigatoria).
- 27 de xaneiro - San Xulián de Cuenca, bispo (Memoria libre).
- 29 de xaneiro - San Xulián de Toledo, arcebispo (Festa).
- 30 de xaneiro - Beato Manuel Domingo Sol (Memoria obrigatoria).
- 18 de febreiro - San Eladio de Toledo, arcebispo (Festa).
- 25 de febreiro - Beato Ciríaco María Sancha Hervás, arcebispo (Memoria obrigatoria).
- 15 de marzo - San Raimundo de Fitero (Memoria obrigatoria).
- 7 de xuño - Beata Ana de San Bartolomé, arcebispo (Memoria libre).
- 15 de xullo - Beatos Juan de San Martín Rodríguez, Alfonso de Baena e Francisco Pérez Godoy (Memoria libre).
- 24 de xullo - Beatos Pedro Largo, Félix Ugalde e Benito Solana (Memoria libre).
- 30 de xullo - Beato Federico Rubio e compañeiros mártires (Memoria libre).
- 16 de agosto - Beata María del Sagrario (Memoria libre).
- 17 de agosto - Santa Beatriz de Silva (Memoria obrigatoria).
- 18 de agosto - Beatos Pedro Ruiz de los Paños, Guillermo Plaza e compañeiros mártires (Memoria obrigatoria).
- 3 de setembro - Beato Gabriel de la Magdalena (Memoria libre).
- 6 de setembro - Virxe de Guadalupe (Memoria obrigatoria).
- 12 de setembro - Beata María de Jesús López Rivas (Memoria obrigatoria).
- 19 de setembro - Santo Alonso de Orozco (Memoria obrigatoria).
- 25 de outubro - Dedicación da Santa Igrexa Catedral Primada de Toledo (Solemnidade).
- 27 de outubro - Santos Vicente, Sabina e Cristeta]] (Memoria libre).
- 5 de novembro - Santos cuxas reliquias gárdanse nas igrexas da arquidiocese (Festa).
- 6 de novembro - Beatos José Polo Benito, Justino Alarcón de Vera, Joaquín de Lamadrid Arespacochaga e Ricardo Plá Espí, presbíteros e comapañeiros mártires (Memoria obrigatoria).
- 15 de novembro - Santo Uxío de Toledo, arcebispo (Festa).
- 9 de decembro - Santa Leocadia (Festa).
Rito hispano-mozárabe
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Rito hispano-mozárabe.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Arcebispos de Toledo
[editar | editar a fonte]- Gutierre Ruiz de Olea (6 de febreiro de 1249 - 9 de agosto de 1250, finado)
- Sancho de Aragón (21 de agosto de 1266 - 21 de outubro de 1275, finado)
- Fernando Rodríguez de Covarrubias (1276 - 1280, renuncia)
- Gonzalo Gudiel (3 de maio de 1280 - 4 de decembro de 1298, nomeado Cardeal-Bispo de Albano)
- Gonzalo Díaz Palomeque (16 de xaneiro de 1299 - 2 de novembro de 1310, finado)
- Juan de Aragón (14 de novembro de 1319 - 17 de agosto de 1328, nomeado arcebispo de Tarragona)
- Jimeno de Luna (17 de agosto de 1328 - 1338, finado)
- Gil Álvarez de Albornoz (13 de maio de 1338 - 17 de decembro de 1350, nomeado cardeal)
- Blas Fernández de Toledo (17 de xuño de 1353 - 7 de marzo de 1362, finado)
- Gómez Manrique (2 de maio de 1362 - 19 de decembro de 1375, finado)
- Pedro Díaz de Tenorio (13 de xaneiro de 1377 - 28 de maio de 1399, finado)
- Pedro de Luna Albornoz (30 de xullo de 1403 - 19 de setembro de 1414, finado)
- Alfonso Carrillo de Acuña (10 de agosto de 1446 - 1 de xullo de 1482, finado)
- Pedro González de Mendoza (13 de novembro de 1482 - 11 de xaneiro de 1495, finado)
- Francisco Jiménez de Cisneros (20 de febreiro de 1495 - 8 de novembro de 1517, finado)
- Guillaume de Croy (31 de decembro de 1517 - 6 de xaneiro de 1521, finado)
- Alfonso de Fonseca Ulloa (31 de decembro de 1523 - 4 de febreiro de 1534, finado)
- Juan Pardo de Tavera (27 de abril de 1534 - 1 de agosto de 1545, finado)
- Juan Martínez Silíceo (8 de xaneiro de 1546 - 31 de maio de 1557, finado)
- Bartolomé de Carranza Miranda (10 de decembro de 1557 - 2 de maio de 1576, finado)
- Gaspar de Quiroga Vela (6 de setembro de 1577 - 12 de novembro de 1594, finado)
- Alberte de Austria (12 de novembro de 1594 - 17 de decembro de 1598, renuncia)
- García de Loaysa Girón (8 de xullo de 1598 - 22 de febreiro de 1599, finado)
- Bernardo Sandoval Rojas (19 de abril de 1599 - 7 de decembro de 1618, finado)
- Fernando de Austria (1 de marzo de 1620 - 9 de novembro de 1641, finado)
- Gaspar de Borja Velasco (16 de xaneiro de 1645 - 28 de decembro de 1645, finado)
- Baltasar Moscoso Sandoval (28 de maio de 1646 - 17 de setembro de 1665, finado)
- Pascual de Aragón (1 de febreiro de 1666 - 28 de setembro de 1677, finado)
- Luis Fernández de Portocarrero (20 de decembro de 1677 - 14 de setembro de 1709, finado)
- Francisco Valero Losa (18 de marzo de 1715 - 23 de abril de 1720, finado)
- Diego Astorga Céspedes (22 de xullo de 1720 - 9 de febreiro de 1734, finado)
- Luis Antonio Jaime de Borbón (10 de novembro de 1735 - 18 de decembro de 1754, renuncia)
- Luis Fernández de Córdoba (3 de agosto de 1755 - 26 de marzo de 1771, finado)
- Francisco Antonio de Lorenzana (27 de xaneiro de 1771 - 15 de decembro de 1800, retirado)
- Luis María Borbón Vallabriga (22 de decembro de 1800 - 29 de decembro de 1814, renuncia)
- Pedro Inguanzo Rivero (27 de setembro de 1824 - 30 de xaneiro de 1836, finado)
- Juan José Bonel y Orbe (4 de outubro de 1847 - 11 de febreiro de 1857, finado)
- Cirilo de Alameda Brea (3 de agosto de 1857 - 30 de xuño de 1872, finado)
- Juan Ignacio Moreno y Maisanove (5 de xullo de 1875 - 28 de agosto de 1884, finado)
- Zeferino González y Díaz Tuñón (27 de marzo de 1885 - 15 de xaneiro de 1886, nomeado arcebispo de Sevilla)
- Miguel Payá y Rico (7 de xuño de 1886 - 25 de decembro de 1891, finado)
- Antolín Monescillo Viso (11 de xullo de 1892 - 11 de agosto de 1897, finado)
- Ciriaco María Sancha y Hervás (1898 - 1909, finado)
- Gregorio Aguirre García (1909 - 1913, finado)
- Victoriano Guisasola y Menéndez (1913 - 1920, finado)
- Enrique Almaraz y Santos (1920 - 1921, finado)
- Enrique Reig Casanova (1922 - 1927, finado)
- Pedro Segura y Sáenz (1927 - 1931, renuncia)
- Isidro Gomá y Tomás (1933 - 1940, finado)
- Enrique Plá y Deniel (1941 - 1968, finado)
- Vicente Enrique y Tarancón (1969 - 1971, nomeado Arcebispo de Madrid)
- Marcelo González Martín (1971 - 1995, retirado)
- Francisco Álvarez Martínez (1995 - 2002, retirado)
- Antonio Cañizares Llovera (2002 - 2008, nomeado Prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos)
- Braulio Rodríguez Plaza (16 de abril de 2009 - 27 de decembro de 2019, retirado)
- Francisco Cerro Chaves (dende o 27 de decembro de 2019)