Saltar ao contido

Atentados de Noruega de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atentados de Noruega de 2011
LugarOslo e Utøya, Noruega Noruega
Coordenadas59°54′54″N 10°44′48″L / 59.9149776, 10.746544
Branco(s)Distrito Gobernamental de Oslo e illote de Utøya
Data22 de xullo de 2011
15:26 CEST (UTC+2)
Tipo de ataqueBomba e tiroteo
Arma(s)Pistola e rifle
Mortos8 (Oslo)
69 (Utøya)
77 (total)
Feridos30 (Oslo)
66 (Utøya)
96 (total)
Perpetrador(es)Anders Behring Breivik
MotivoIslamofobia, ideoloxía de extrema dereita[1]
editar datos en Wikidata ]
O centro de Oslo logo da explosión.

Os feitos que deron lugar a un masacre en Noruega en 2011 consistiron nunha explosión no distrito gobernamental de Oslo e mais nun tiroteo ocorrido dúas horas despois no illote de Utøya (lago Tyrifjorden, Buskerud), cun saldo provisorio de 77 mortos e máis dun centenar de feridos, moitos deles adolescentes. Durante os días posteriores á traxedia, a policía falara de cifras de até 93 mortos, pero despois revisou a cifra á baixa fixándoa en 76. A policía norueguesa explicou que o escenario despois dos ataques era moi confuso e probabelmente algúns corpos foron contados dúas veces. Posteriormente unha vítima morreu no hospital elevando a cifra a 77.

Pola tarde, desatouse unha gran confusión en Oslo e máis tarde as autoridades confirmaron que detiveron un home disfrazado de policía que abriu fogo contra a multitude en Utøya. Este era Anders Behring Breivik, un empresario noruegués de 32 anos descrito pola policía como "fundamentalista cristián" cuxas opinións políticas se inclinan cara á ultradereita, de ideoloxía nacionalista (contrario ao multiculturalismo) e islamófobo.

  1. O terrorista Breivik consideraba que agredindo ao partido laborista noruegués «chamaba» á sociedade a un despertar de odio contra os marxistas e os musulmáns.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy