Saltar ao contido

Banda sonora orixinal

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En sentido amplo, unha banda sonora orixinal ou unha BSO (do inglés Soundtrack ou OST) é a parte do son completo e os resultados da edición de diferentes pistas sonoras dunha creación audiovisual. Inclúense por tanto os diálogos, os sons e a música así como os acompañamentos paralelos. Non obstante, normalmente o termo utilízase nun sentido máis restrinxido e refírese só á música do filme ou mesmo á comercialización dos temas musicais dunha obra como os videoxogos, o software, a televisión ou a radio.

Dende un punto de vista musical, enténdese como banda sonora orixinal a música, tanto vocal como instrumental, composta expresamente para unha obra, especialmente un filme, cumprindo o propósito de mellorar as emocións que as imaxes, os sons e os diálogos non poden expresar por si sós.

No sentido físico, a banda sonora dun filme pode ser de dous tipos: magnética ou óptica. No primeiro caso, unha ou máis bandas de gravación pasan polas beiras da cinta magnética da película. Estas liñas teñen que ser lidas por un dispositivo en sincronía coa proxección das imaxes, de forma que os sons son xerados de forma semellante ao que facía un lector de cinta. No caso de bandas sonoras ópticas, son áreas claras e escuras nun ou en ambos lados da cinta da película. As diferentes intensidades de luz son convertidas en impulsos eléctricos para crear a banda sonora. Actualmente xa se están usando sistemas dixitais.

Nos últimos anos, algúns compositores famosos foron: John Williams , Joe Hisaishi, Hans Zimmer, James Newton Howard, Danny Elfman, Basil Poledouris, James Horner, Vangelis, Nicola Piovani ou Ennio Morricone.

Gravación de música

Introdución

[editar | editar a fonte]

Os primeiros intentos de incorporar a banda sonora á proxección baseáronse no "acompañamento musical", xeralmente un piano ou pianola e por narracións por persoas ou actores no propio local, para chegar ao uso dos fonógrafos. Estas actuacións tamén podían anteporse ou continuar a proxección. Mellorouse a sincronización coa creación de cronófono que durou ata a primeira guerra mundial (1914). Foron as empresas norteamericanas General Electric e Western Electric as que crearon sistemas para incorporar o son na propia película, co famoso sistema Vitaphone que utilizou a Warner Bros. Esta incorporación inicial era só de música como no caso do filme The Jazz Singer (1927) mais aínda non incluía o resto do son (diálogos, ruídos etc.). Non foi ata o ano seguinte con Lights of New York (1928) que se puido escoitar un filme con son completo.

As orixes da banda sonora

[editar | editar a fonte]

Coa incorporación definitiva do son aos filmes, melloráronse considerablemente as posibilidades cinematográficas e desenvolveuse rapidamente unha importante industria ao redor deste fenómeno. Apareceu entón un problema inesperado: a comprensión da lingua do filme. A dobraxe aínda tardou en desenvolverse pero houbo unha importante produción de filmes musicais que permitían motivar os públicos doutros países. Singin' in the Rain foi un claro exemplo (1952).

Inicialmente, nos primeiros filmes sonoros, a música aparecía en forma de apertura, de cancións que cantaban os actores, de emisións de aparellos como radios ou de orquestras que aparecían no filme. Non se entendía como na actualidade que un son, como unha melodía, non fose creado por algún causante que aparecese no filme. Tiña que ser emitido por algunha persoa ou aparello que se vise nel. Esta situación durou ata mediados do anos 40 con Hitchcock cando, dirixindo Lifeboat e non querendo usar a música porque no mar non había quen ou que a crease, o compositor David Raksin díxolle: "E de onde veñen as cámaras?".

Foi realmente cos exiliados europeos que foron aos Estados Unidos de América cando se iniciou o fenómeno das bandas sonoras orixinais. Así apareceron nomes destacados como Korngold, Max Steiner, Waxman e Tiomkin. Foi especialmente relevante entre todos Steiner, discípulo de Gustav Mahler en Viena, quen decidiu, xunto co produtor do filme, transformar King Kong nunha especie de ópera sen cantantes. Esta decisión cambiou a historia do cine ao converter as bandas sonoras en compoñentes fundamentais do éxito dos filmes.

Banda sonora e Banda sonora orixinal

[editar | editar a fonte]

Fálase de banda sonora de forma xenérica tanto en sentido amplo (todo o son dun filme) como en sentido restrinxido (a música dun filme). Pero a banda sonora pode ser unha selección de temas de compositores diversos que eliximos para acompañar os diferentes momentos do filme. Esta selección, segundo o tipo de filme, pode ser música clásica, popular, rock, pop etc., pero que non foi composta especificamente para este filme. Deuse a coñecer de forma comercial ou popular a través dos cursos habituais. En ocasións, o seu éxito comercial induce aos produtores a realizar un filme. Cando a música é composta para ese filme, falamos de Banda sonora orixinal. Estas composicións resultan ser ás veces éxitos tan populares e comerciais como os anteriores e contribúen de forma decidida ao éxito do filme.

Ascenso e caída da banda sonora

[editar | editar a fonte]

Evidentemente, as bandas sonoras non tiveron sempre a mesma relevancia. Algúns filmes produciron verdadeiros éxitos comerciais como no caso dos Beatles) nos sesenta. Aínda así, a maioría dos filmes tiñan só bandas sonoras que complementaban de forma discreta a acción dramática sen outro protagonismo. Nestes anos, destacaron compositores interesantes como Bernstein, Raksin e especialmente Bernard Herrmann, considerado por moitos entendidos como o gran xenio da música no cine.

Compositores relevantes

[editar | editar a fonte]

Algúns dos compositores de bandas sonoras máis famosos son:

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A banda sonora tende a ter xeralmente a seguinte estrutura:

  • Tema de entrada, inicio ou Cabeceira: moitas veces é unha melodía ou canción que comeza o filme.
  • Música de fondo ou incidental: é o conxunto de temas que representan a maior parte da composición dentro dunha banda sonora e que acompasan os diferentes momentos do filme. Se se inclúen temas de autores diferentes do compositor principal, chámanse cancións inseridas.
  • Tema de sída, peche ou final: frecuentemente, é o tema musical que aparece cos créditos de peche da película.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy