Saltar ao contido

Batalla de Poltava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Poltava
Parte de Gran Guerra do Norte

Batalla de Poltava por Denis Martens o Mozo, cadro pintado en 1726.
Tipo batalla Editar o valor en Wikidata
Data 8 de xullo de 1709
Localización Poltava (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Coordenadas 49° 34′ 28″ N 34° 34′ 07″ E
Resultado Vitoria decisiva rusa
Belixerantes
Suecia Imperio ruso
Líderes
Mariscal de Campo Carl Gustaf Rehnskiöld Tsar Pedro I de Rusia
Forzas en combate
17.000 atacando, 8000 tomando Poltava 42.000 a 45.000 (segundo algúns até 60.000)
72 canóns
Baixas
6900 feridos e mortos
2800 prisioneiros
1345 mortos
3200 feridos
Carlos XII (sentado) e o atamán cosaco Iván Mazepa no río Dniéper, despois da batalla. Cadro de Gustaf Cederström.

A batalla de Poltava librouse entre os exércitos do tsar Pedro I de Rusia e o rei Carlos XII de Suecia, o 8 de xullo de 1709, e foi unha das máis famosas batallas da Gran Guerra do Norte. Terminou coa vitoria rusa, iniciando así a fin do Reino de Suecia como superpotencia en Europa.

Cando a batalla se iniciou, Carlos XII tiña cerca de 20.000 homes, en tanto que Pedro I dispoñía de 45.000. Para empeorar a situación inicial dos suecos, Carlos XII foi ferido nun pé por un francotirador ruso o 17 de xuño, durante o sitio á fortaleza e mentres inspeccionaba os postos de avanzada suecos en Vorskla. Esta circunstancia obrigouno a transferir o mando ao mariscal de campo Carl Gustav Rehnskiöld. Este planeou entón romper as liñas rusas e fuxir cara ao norte.

A batalla comezou ás 3:45 da madrugada do 28 de xuño, antes do amencer, co avance das tropas suecas contra as liñas fortificadas rusas. A formulación inicial da acción ofensiva foi ao modo tradicional, cos suecos mellor adestrados atacando o flanco esquerdo e o centro dos rusos e conquistando algunhas posicións defensivas rusas. Os suecos parecían inicialmente ter vantaxe, pero esta foi anulada rapidamente.

No amencer, o día estaba xa moi cálido e húmido, co Sol escurecido polo fume dos canóns e o fogo dos mosquetes. Pedro I tiña un número considerabelmente superior de soldados de infantaría, o que lle permitiu que, mentres atacaba as forzas suecas con fogo graneado de artillaría, numerosas unidades de infantes —que alcanzaban os 25.000 homes— reforzaran o centro. Estas unidades despregáronse aproximadamente ás 9:00, no exterior da fortificación, e foron apoiadas por 73 canóns pesados.

A infantaría sueca, ao mando do xeneral Lewenhaupt, intentou atacar a infantaría rusa que tiña enfronte. Pero o avance sueco pronto vacilou, e as pobres comunicacións entre as liñas conduciron a unha desorientación adicional entre as unidades suecas. Para empeorar as cousas, outra sección sueca, baixo o mando do xeneral Roos, quedou illada nas trincheiras defensivas rusas cando unha columna de cerca de 4000 reforzos rusos volveron a ocupar as posicións fortificadas, atrapando a Roos a a súa forza de 2600 homes. Con máis de 1000 baixas e con pouca munición, Roos foi forzado a renderse.

Ao norte, o ataque sueco debilitouse cando un contraataque ruso, comezado ás 10:10 cunha forza de cabalaría ao mando do xeneral Ménshikov, atacou o flanco dereito sueco illando á infantaría sueca, que quedou fronte á infantaría rusa do centro, mandada por Pedro I en persoa. Ás 10:30 outra sección de cabalaría rusa, mandada polo xeneral Bauer, atacou o flanco e a retagarda esquerda suecas, rompendo as súas liñas en 15 minutos.

Vendo a derrota do seu exército, Carlos XII ordenou a retirada ás 11:00. Ao mediodía, a batalla concluíra, pois a cabalaría rusa reagrupara os extraviados no campo de batalla e volvera ás súas propias liñas. O rei sueco reuniu entón o resto das súas tropas e o tren da bagaxe, e retirouse ao sur un pouco máis tarde, o mesmo día, abandonando o sitio de Poltava. Os rusos perseguiron os suecos que se dirixían ao río Dniéper, logrando tres días máis tarde a rendición en Perevolochna, o 1 de xullo.

Carlos XII logrou atravesar o río Prut, xunto coa súa garda persoal e algúns altos oficiais, dirixíndose á cidade de Bender, no Imperio Otomán, onde encontrou refuxio.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

Case todo o exército sueco que sobreviviu, cuxos efectivos chegaban a varios miles, capitulou en Perevolchna o 11 de xullo de 1709. Os prisioneiros foron postos a traballar na construción da nova cidade de San Petersburgo. A Carlos XII e a Iván Mazepa, atamán cosacos que desertara do exército de Pedro I, permitíuselles escapar con aproximadamente 1500 homes a Bender, Moldova, cidade daquela controlada polo Imperio Otomán. Carlos XII pasou cinco anos exiliado alí antes de poder volver a Suecia. Mazepa morreu en Bender no ano seguinte (1708).

A batalla de Poltava na cultura

[editar | editar a fonte]

A batalla foi evocada en Poltava, un poema de Alexander Pushkin escrito en 1828-9, que inspirou a ópera Mazepa, con música de Piotr Ilich Tchaikovski, estreada en 1883.

Tamén se relata no monumental filme sueco de 1925 Karl XII, con Gösta Ekman como rei Carlos XII e o actor emigrado ruso Nicolai de Seversky como Pedro I.[1]

A batalla tamén aparece no filme ruso estreado no 2007 titulado Слуга государев, Sluga gosudarev (en inglés, The Sovereign's Servant).[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adlerfelt, G. (1740): The Military History of Charles XII, King of Sweden, Written by the Express Order of His Majesty. Londres, 3 vols.
  • Englund, Peter (1992): The Battle of Poltava: The Birth of the Russian Empire. Londres.
  • Konstam, Angus (1994): Poltava 1709, Russia Comes of Age. Osprey Campaign #34. Osprey Publishing.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy