Belas Artes
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2023.) |
Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura.
De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén a expresividade, a orixinalidade, impresionar ao receptor ou incluso a fealdade (véxanse, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o termo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vangardas no século pasado).
División clásica
[editar | editar a fonte]Os gregos antigos dividían as artes en superiores e menores, sendo as artes superiores aquelas que permitían gozar as obras por medio dos sentidos superiores, vista e oído, cos que non fai falta entrar en contacto físico co obxecto observado. As Belas Artes eran seis: arquitectura, escultura, pintura, música, declamación e danza. A declamación inclúe a poesía e coa música inclúese o teatro. Esa é a razón pola que o cine é chamado a miúdo, hoxe, a sétima Arte.
As belas artes
[editar | editar a fonte]Música
[editar | editar a fonte]Existen distintas definicións de Música:
- Arte que combina os sons conforme aos principios da melodía, a harmonía e o ritmo.
- Movemento organizado de sons a través dun espazo de tempo.
Danza
[editar | editar a fonte]Movementos corporais rítmicos que acompañados xeralmente de música serven como vehículo de comunicación e expresión.
Declamación
[editar | editar a fonte]Arte consistente no exercicio da retórica e a recitación.
Pintura
[editar | editar a fonte]- Arte de plasmar sobre unha superficie motivos de natureza moi diversa, normalmente mediante pigmentos diluídos.
- Arte de proxectar un debuxo por medio de liñas, puntos e cores.
- Arte de fixar sobre un obxecto perdurable unha imaxe ou momento.
Escultura
[editar | editar a fonte]- Arte de crear formas no espazo, tanto exentas como en relevo.
- É a arte de tallar, esculpir ou moldear.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Arte ou ciencia de proxectar e construír edificios perdurables no tempo que cumpran unha función e *provoquen pracer estético*. Arte e ciencia de deseñar construcións.
- Arquitectura é a arte de crear espazos nun lugar xeográfico, un momento histórico, para que a humanidade desenvolva as súas actividades de convivencia social, de entretemento e familiares, cumprindo coa verdade útil mecánico-construtiva, económica e social, que sexa belo e teña carácter (concordancia entre programa e proxecto).
Belas Artes é tamén unha licenciatura universitaria nalgúns países, como a Arxentina, España ou México. En España, esta licenciatura comprende especialidade en conservación e restauración de obras de arte, deseño, fotografía, pintura, debuxo ou gravado (distribuídos en diferentes especialidades).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belas Artes |