Margarida común
Margarida común | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista xeral da plantiña. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Bellis perennis L., 1753 |
A margarida común ou margarida europea[1] (Bellis perennis), é unha planta herbácea do xénero das margaridas Bellis, na familia das asteráceas, propia dos pastos de Europa, mais espallada por todo o mundo, moi utilizada mesturada co céspede, pola súa resistencia á sega.
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta herbácea perenne, ocasionalmente con pequenos rizomas, glabrescentes ou laxamente pubescentes e follas obovado-espatuladas, crenadas ou dentada-arredondadas de 10-60 por 4–20 mm. Escapos sen follas de até 20 cm de altura. As brácteas involucrais teñen pelos pluricelulares máis ou menos abundantes no dorso. As flores hemiliguladas de 5,5-8,5 mm, superan o involucro en 2–5 mm, e teñen un tubo de 0,3-0,8 mm; son brancas, ás veces tinguidas de púrpura; os flósculos, amarelos, teñen 1,5–2 mm. O froito é un aquenio de 1-1,5 por 0,5–1 mm, obovoideo, comprimido, algo peludo, co bordo periférico engrosado; papo ausente.[2]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Nativa de Europa e do Norte de África até Asia Central. Introducida no resto do mundo.[3]
Medra en prados frescos.
Florea e frutifica de outubro a xuño.
Composición química
[editar | editar a fonte]Os capítulos florais conteñen taninos (que son derivados poliacetilénicos), saponócitos, aceites esenciais,[4] ácidos orgánicos e saponinas.[5][6] Ademais, contén antoxantina, responsábel da cor amarela.
Usos
[editar | editar a fonte]Medicinais
[editar | editar a fonte]Propiedades
[editar | editar a fonte]- Antitusiva e expectorante[7] grazas aos saponósidos, resina e mucilaxes.
- Diurética[7] e sudorífica por mor dos taninos.
- Cicatrizante.
- Para controlar a presión arterial.
- Antiespasmódica.
- Demulcente, dixestiva, emoliente e laxante.
- Oftálmica.
- Purgativas e tónicas.
As partes utilizadas son as follas, raíces e flores, aínda que as raíces son as que se usan con menos frecuencia.
É unha popular menciña contra moitas doenzas e ten unha gran variedade de formas de aplicación. É a herba tradicionalmente utilizada contra as feridas, ampolas, queimaduras e para diminuír inflamacións. As raíces utílizanse no tratamento do escorbuto e eccemas dérmicos. Non se ten descrito toxicidade ningunha para esta especie.
Culinarios
[editar | editar a fonte]É comestíbel; téñense consumido as follas en ensaladas, habitualmente mesturada con mexacán (Taraxacum officinale) e fiúncho (Foeniculum vulgare).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Bellis perennis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 886 en 1753.[8]
- Bellis: do latín bellis, -idis, xa empregado na antigüidade por Plinio o Vello (26, 26) co mesmo sentido ("Bellis in pratis nascitur, flore albo, aliquatenus rubente" -A margarida que medra nos prados, con flor branca tintada de vermello.[9]).
- perennis: epíteto latino derivado de per e annuus, "que dura todo o ano".[10]
- Táxones infra-específicos
Todos os descritos, unha vintena, son meros sinónimos da especie ou doutras especies de Bellis.
- Aster bellis E.H.L.Krause
- Bellis alpina Hegetschw.
- Bellis armena Boiss.
- Bellis croatica Gand.
- Bellis hortensis Mill.
- Bellis hybrida Ten.
- Bellis integrifolia DC.
- Bellis margaritifolia Huter
- Bellis minor Garsault nom. inval.
- Bellis perennis var. caulescens Rochebr.
- Bellis perennis f. discoidea D.C.McClint.
- Bellis perennis var. fagetorum Lac.
- Bellis perennis var. hybrida (Ten.) Fiori
- Bellis perennis subsp. hybrida (Ten.) Nyman
- Bellis perennis var. margaritifolia (Huter) Fiori
- Bellis perennis var. microcephala Boiss.
- Bellis perennis f. plena Sacc.
- Bellis perennis f. pumila (Arv.-Touv. & Dupuy) Rouy
- Bellis perennis var. pusilla N.Terracc.
- Bellis perennis f. rhodoglossa Sacc.
- Bellis perennis var. strobliana Bég.
- Bellis perennis var. subcaulescens Martrin-Donos
- Bellis perennis var. tubulosa F.J.Schultz
- Bellis perennis f. tubulosa A.Kern.
- Bellis pumila Arv.-Touv. & Dupuy
- Bellis pusilla (N.Terracc.) Pignatti
- Bellis scaposa Gilib. nom. inval.
- Bellis validula Gand.
- Erigeron perennis (L.) Sessé & Moc.[11]|divcolend
Galego: margarida, margarida común, margarida europea, bonina, belorita, bilorita, ben me quer, parramina, ponmerendas, primachorro[12].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes comúns da especie en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Bellis perennis en Flora vascular de Andalucía occidental
- ↑ "Bellis perennis en USDA-GRIN Taxonomy for Plants". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 28 de abril de 2014.
- ↑ Antimicrobial activity of polyacetylenes from Bellis perennis and their synthetic derivatives.
- ↑ Perennisosides I-VII, Acylated Triterpene Saponins with Antihyperlipidemic Activities from the Flowers of Bellis perennis
- ↑ Bayogenin and asterogenic acid glycosides from Bellis perennis.
- ↑ 7,0 7,1 Seasonal changes in the hemolytic effects of the head of Bellis perennis L.
- ↑ "Margarida común". Tropicos.org. Jardín Botánico de Missouri. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Univ. Chicago - B. Thayer, Pliny the Elder: the Natural History, Liber XXVI
- ↑ F. Gaffiot. Dictionnaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934, p. 212.
- ↑ Margarida común en PlantList
- ↑ Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, Xunta de Galicia, 1992
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margarida común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Margarida común |