Saltar ao contido

Bicarbonato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bicarbonato
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Os bicarbonatos, tamén chamados carbonatos ácidos e hidroxenocarbonatos, son os sales derivados do ácido carbónico, H2CO3, que conteñen o anión HCO3-. Aínda que o nome bicarbonato está moi estendido en case todos os idiomas, non está recomendado pola IUPAC, que prefire o nome antigo, anión carbonato ácido, para o anión, ou, para os sales, carbonato ácido do metal correspondente, ou mellor aínda, o nome sistemático, anión hidroxenotrioxocarbonato (IV) ou, para os sales, hidroxenotrioxocarbonato (IV) do metal correspondente.

O bicarbonato máis importante é o bicarbonato de sodio. Debido á súa relativamente baixa solubilidade é un intermediario clave no proceso de obtención do carbonato de sodio segundo o método Solvay.

Os bicarbonatos encóntranse en equilibrio cos carbonatos, auga e anhídrido carbónico (CO2). Este equilibrio intervén nunha multitude de procesos naturais e artificiais. O corpo emprega catalizadores de zinc para que se produza máis rapidamente e facilitar así a respiración.

O feito de que o bicarbonato de calcio, Ca(HCO3)2, sexa máis solúbel que o carbonato de calcio, CaCO3, (que integra as rochas calcarias) é moi importante en xeoquímica e conduce á formación dos sistemas cársicos nas rochas calcarias.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

Ao tratárense de sales dun ácido débil, os bicarbonatos solúbeis teñen carácter básico. Así, o bicarbonato de sodio é parte esencial de moitas formulacións de antiácidos estomacais. O mesmo composto tamén se utiliza nos extintores e incendios de po de neve carbónica.

Polo feito de que os bicarbonatos en contacto con ácidos liberan dióxido de carbono utilízanse en lévedos químicos (empregando xeralmente trifosfatos como ácidos) e nas formulacións de tabletas ou pos efervescentes (a miúdo en combinación con ácido cítrico).

Unha da funcións principais do bicarbonato é transportar o CO2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy