Saltar ao contido

Blocao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blocao Amigó en Cuba.
Soldados españois construíndo un blocao en Benisicar (Marrocos).

O blocao (do alemán blockhaus) era unha pequena fortificación, ou casamata, de madeira e sacos de terra, que se desarma e pode transportarse doadamente para armala onde mellor conveña.[1] Un dos primeiros conflitos onde se utilizou foi na Segunda guerra bóer (1899-1902) como parte da estratexia do Imperio británico para eliminar a guerra de guerrillas dos colonos bóer. Resultaron efectivos á hora de obstaculizar os movementos dos guerrilleiros aínda que non podían ser a clave da súa derrota definitiva.

O exército español comezou a empregalos na Guerra de Cuba, pero onde tiveron maior presenza foi na Guerra de Marrocos.

Guerra de Marrocos

[editar | editar a fonte]

Os blocaos foron amplamente empregados polas tropas españolas nas campañas do Rif en Marrocos durante o primeiro terzo do século XX. Estaban defendidos por un número reducido de efectivos e constituían posicións avanzadas que protexían, en primeira instancia, os campamentos ciscados polo territorio, nos que se concentraban o groso das unidades e o material militar. Estaban separados, dependendo do terreo, entre 20 a 40 quilómetros.[1]

Este tipo de fortificación era sumamente vulnerable, xa que os seus defensores permanecían illados do resto da tropa, comunicados coas súas unidades unicamente mediante heliógrafos, con provisións limitadas e, xeralmente, con problemas para se abasteceren de auga.

A localización dos blocaos era, ás veces, inaxeitada ao se construíren atendendo a criterios políticos e non militares. Tamén. en ocasións eran os propios nativos quen solicitaban e obtiñan a creación dun blocao no lugar por eles designado, alegando a necesidade de protección fronte a outras cabilas (tribos) hostís á causa española.

O blocao de Dar Hamed, tamén alcumado "Blocao da morte" ou "O Malo",[2] nas abas do monte Gurugú, controlaba a vista sobre Melilla[1] e protagonizou un dos feitos bélicos máis importantes do conflito.

Literatura

[editar | editar a fonte]

Existen varias novelas inspiradas en feitos reais e relacionadas cos blocaos como El blocao. Novela de la guerra marroquí de José Díaz Fernández; Imán de Ramón J. Sender e El nombre de los nuestros de Lorenzo Silva, nas que se poden atopar moitos detalles de como se desenvolvía a vida nos blocaos españois durante a guerra de Marrocos.

O 16 de maio de 2003, estreouse a película "Blocao" dirixida por Pere March Torrandell,[3] inspirada nunha ficción co trasfondo da Guerra de Marrocos con posterioridade ao desastre de Annual.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Villatoro, Manuel P. (18 de setembro de 2020). "Los 16 héroes de la Legión que defendieron el «Blocao de la muerte» contra cientos de rifeños". abc.es (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  2. Ferreiro, Miguel Ángel (14 de marzo de 2021). "El Blocao de la Muerte". elretohistorico.com (en castelán). ISSN 2530-4542. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  3. "Blocao, Película". depeliculasgratis.com (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  4. Redacción (29 de maio de 2008). "Blocao". fotogramas.es (en castelán). (Aparece como data de estreno o 27 de maio de 2005). Consultado o 1 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sender, Ramón J. (1976). Imán. Colección: Áncora & Delfín, nº 482 (en castelán). Barcelona: Ediciones Destino. ASIN B00BJPE6VO. 
  • Díaz Fernández, José (2013). El Blocao. Novela de la guerra marroquí. Colección: Viento Simún, nº 78 (en castelán). A Coruña: Ediciones del Viento. ISBN 978-84-15374-49-7. 
  • Silva, Lorenzo (2001). El nombre de los nuestros (en castelán). Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-3307-8. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy