Saltar ao contido

Briareo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tetis invocando a Briareo. Talla de 1793, obra de Tommaso Piroli a partir dun debuxo de John Flaxman, empregada nunha edición da Ilíada de 1795.

Briareo (do grego "forza") é un personaxe mitolóxico, un dos tres Hecatonquiros, xigantes de cen brazos e cincuenta cabezas. Era fillo de Urano e Xea, e irmán de Cotto e Xigues.

Urano encerrounos no Tártaro, e Cronos liberounos para que o axudaran na Titanomaquia (guerra contra aquel), pero volveunos encerrar unha vez conseguida a vitoria. Finalmente, foron liberados por Zeus.

Casou con Cimopolea, filla de Poseidón, e xuntos construíron o seu palacio no río Océano. Tiveron unha filla chamada Oiolica.

Na Ilíada cóntase que foi chamado pola nereida Tetis para liberar a Zeus das cadeas que querían poñerlle Hera, Atenea e Poseidón.

"Moitas veces, estando no palacio do meu pai [fala Aquiles coa súa nai Tetis], escoitei que te vangloriabas de haber evitado, ti soa entre os inmortais, unha afrentosa desgraza ó Saturnio [Zeus], que amorea as sombrías nubes, cando quixeron atalo outros deuses olímpicos, Juno, Neptuno e Palas Minerva [Hera, Poseidón e Atenea, respectivamente]. Ti, oh deusa, acudiches e librácheo das ataduras, chamando ó espazoso Olimpo ó centímano [nome romano dos hecatonquiros] a quen os deuses nomean Briáreo e tódolos homes Exeón, que é superior en forza ó seu mesmo pai, e sentouse entón a carón de Xúpiter [Zeus], oufano da súa gloria; teméronlle os benaventurados deuses e desistiron do seu propósito".
(Ilíada, Canto I)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy