Saltar ao contido

Californication (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Californication
Álbum de Red Hot Chili Peppers
Publicado8 de xuño de 1999
Gravacióndecembro de 1998 - marzo de 1999
Duración56:24
Xénero(s)rock alternativo, funk rock
Selo(s)Warner Bros. Records
ProdutorRick Rubin
Cronoloxía
Under the Covers: Essential Red Hot Chili Peppers
(1998)
Californication By the Way
(2002)
Na rede
https://redhotchilipeppers.com/music/#album-cali
Last fm: Red+Hot+Chili+Peppers/Californication Discogs: 42546 Allmusic: mw0000239791 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Californication é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock Red Hot Chili Peppers. Foi editado o 8 de xuño de 1999 a través do selo Warner Bros. Records.[1] O disco foi producido por Rick Rubin e xunto con Blood Sugar Sex Magik, Californication é un dos traballos do grupo con máis vendas.

Californication marcou o regreso do guitarrista John Frusciante, que xa aparecera anteriormente en Mother's Milk e Blood Sugar Sex Magik, e cambiou o estilo da banda. As letras incorporaba as insinuacións sexuais xa asociadas á banda, pero engadían temas como a morte, o suicidio, California, as drogas, a globalización e as viaxes.

Californication é o álbum de estudio de maior éxito comercial dos Red Hot Chili Peppers a nivel internacional, con máis de 15 millóns de copias vendidas en todo o mundo, vendendo máis de sete millón tan só nos Estados Unidos.[2] En 2002 o álbum vendera máis de catro millóns de copias en Europa.[3] O disco xerou varios éxitos para a banda, incluíndo "Otherside", "Californication" e o premio Grammy "Scar Tissue". Californication alcanzou o número tres do Billboard 200 dos Estados Unidos.[4]

O disco supuxo un cambio significativo de estilo para a banda. Greg Tate de Rolling Stone sinalou que "aínda que todos os proxectos anteriores dos Chili Peppers eran moi animados, Californication atrévese a ser espiritual e epifánico".[5] Outro crítico, Paul Verna de Billboard, mencionou que o álbum sacou "o lado máis suave e melódico do grupo", a diferenza dos seus seis álbums anteriores.[6]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Red Hot Chili Peppers (Flea, John Frusciante, Anthony Kiedis, Chad Smith). 

N.º Título Duración
1. "Around the World"   3:58
2. "Parallel Universe"   4:30
3. "Scar Tissue"   3:37
4. "Otherside"   4:15
5. "Get on Top"   3:18
6. "Californication"   5:21
7. "Easily"   3:51
8. "Porcelain"   2:43
9. "Emit Remmus"   4:00
10. "I Like Dirt"   2:37
11. "This Velvet Glove"   3:45
12. "Savior"   4:52
13. "Purple Stain"   4:13
14. "Right on Time"   1:52
15. "Road Trippin'"   3:25
56:24
Canción extra no CD xaponés
N.º Título Duración
16. "Gong Li"   3:44
  1. Kelley, Ken (2014-06-08). "How the Chili Peppers Turned It Around With 'Californication'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2024-08-17. 
  2. "Chili Peppers get first US number one album". Music Week. Consultado o 2024-08-17. 
  3. "IFPI Platinum Europe Awards - 2002". web.archive.org. 2007-03-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2007. Consultado o 2024-08-17. 
  4. "Red Hot Chili Peppers - Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-17. 
  5. Tate, Greg (1999-06-24). "Californication". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-08-17. 
  6. Verna, Paul (19 de xuño de 1999). "Reviews & Previews". Billboard. p. 17
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy