Campionato do Mundo de Rally Júnior
Tipo | international rally championship award series (en) |
---|---|
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Parte de | Campionato do Mundo de Rally |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2001 – |
O Campionato do Mundo de Rally Júnior (tamén coñecido como WRC Júnior ou JWRC) é unha competición complementaria ao Campionato do Mundo de Rally (WRC) e está dirixido especificamente a ofrecer aos condutores novos a oportunidade de obter experiencia e publicidade a un custo accesible. A categoría foi un paso fundamental na carreira de moitos pilotos que logo triunfaron no WRC como Sébastien Loeb, Dani Sordo, Sébastien Ogier, Jari-Matti Latvala ou Thierry Neuville.
Historia
[editar | editar a fonte]O campionato celebrouse por primeira vez en 2001 como Campionato de Pilotos Super 1600 e incluía seis probas en Europa. Sébastien Loeb converteuse no primeiro campión da competición, conducindo un Citroën Saxo Super 1600. O certame converteuse no Campionato do Mundo de Rally Júnior ao ano seguinte.
En 2007, o campionato non incluíu rallys fóra de Europa, e foi coñecido esa tempada como Campionato de Rally Júnior (JRC). En 2011, a FIA substituíu o WRC Júnior polo WRC Academy, un campionato de especificación único con vehículos Ford Fiesta R2. En 2013 pasou a chamarse Campionato do Mundo de Rally Júnior da FIA.[1]
En 2014, a grella do JWRC foi substituída polos Citroën DS3 R3T, mentres que M-Sport reutilizou as antigas unidades Ford Fiesta R2 para o Drive DMACK Fiesta Trophy. En 2017, o JWRC volveu usar o Ford Fiesta R2. Na tempada 2018 o número de rallys reduciuse a 5, dándose no último deles o dobre de puntos.
Regras
[editar | editar a fonte]O WRC Júnior está aberto a pilotos menores de 30 anos que non competiran como pilotos de Prioridade 1 (P1) en ningunha proba do Campionato Mundial de Rallys da FIA. Dende 2018 os competidores circulan en Ford Fiesta R2T idénticos usando pneumáticos Pirelli.
O sistema de puntuación é o mesmo que nos campionatos WRC, WRC-2 e WRC-3, cos puntos asignados aos dez primeiros clasificados do seguinte xeito:
Posición | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º | 7º | 8º | 9º | 10º |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 25 | 18 | 15 | 12 | 10 | 8 | 6 | 4 | 2 | 1 |
Non obstante, a diferenza doutras categorías, os competidores do WRC Júnior obteñen puntos de bonificación no campionato polas vitorias nos treitos durante a tempada.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionato de Pilotos
[editar | editar a fonte]Estatísticas
[editar | editar a fonte]Por nacionalidade do piloto
|
Rallys gañados
[editar | editar a fonte]- Actualizado despois da tempada 2019.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Sébastien Loeb pilotando o seu Citroën Saxo VTS S1600 en 2001.
-
Fiat Punto S1600 no Rally de Finlandia de 2001.
-
Renault Clio S1600 no Rally de Finlandia de 2004.
-
Suzuki Ignis S1600 nun salón do automóbil no 2003.
-
Opel Corsa S1600 no 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Exciting changes for 2013 WRC" (en inglés). 5 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2020.