Saltar ao contido

Casitérides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides.

As illas Casitérides[1] é o nome que na Grecia antiga se daba aos centros produtores de estaño (kassiteros) situados no Extremo Occidente. A súa localización exacta non está clara, aínda que é moi probable que o topónimo se fose desprazando cara ó norte, desde Galicia á Bretaña e de aquí a Gran Bretaña, conforme ían sendo descubertos novos centros extractores de estaño.

Plinio o Vello na súa Historia Natural[2] sinala que o primeiro grego que accedeu ás Casitérides foi Midácrito, personaxe do que non sabemos nada máis. Crese que os fenicios xa coñecían a ruta do estaño ou das Casitérides, unhas rutas que os cartaxineses manterían oculta até a época romana, pola súa importancia.

Heródoto (430 a.C.) xa chegara a coñecer algo sobre estas illas. Autores como Posidonio, Diodoro Siculo, Estrabón e outros defínenas como pequenas illas ó longo da costa nordés de Hispania nas que existían xacementos de estaño e, segundo Estrabón[3], tamén de chumbo. Segundo unha pasaxe de Diodoro o seu nome proviña da proximidade destas coa zona noroccidental de Hispania. Estas illas son nomeadas tamén por Tolomeo e Dionisio Periexeta: o primeiro refírese a 10 illotes na área noroccidental, lonxe das costas e que están dispostas de maneira simbólica en forma de anel; o segundo noméaas en relación coas illas Hespérides.

  1. "Casitérides, illas". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 453. 
  2. Plinio o Vello, Historia Natural VII,197
  3. Estrabón (Xeografía III.5.11) chámaas "illas no mar oposto ó norte de Hispania” e dúas veces fai un excurso para enumeralas separadamente da Britania. (Xeografía, II.5.30; III.5.11).]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy