Saltar ao contido

Cidade global

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Londres.
Nova York.
París.
Toquio.
Milán.
Os Ánxeles.
Chicago.
Hong Kong.
Frankfurt am Main.
Singapur.

Cidade global ou cidade de clase mundial é un concepto de cidade ideado por Saskia Sassen e definido polo departamento de Xeografía da Universidade de Loughborough, en Inglaterra, por unha serie de características debidas aos efectos da mundialización e ao constante crecemento da urbanización. Identifícanse tamén porque deixaron trazas dunha historia particular e precisa. Foron e son aínda hoxe os principais polos comerciais do globo. A súa clasificación foi realizada en 1999.

Criterios

[editar | editar a fonte]

Os criterios de selección dunha cidade de tamaño mundial son :

  • Recoñecemento internacional da cidade. Un exemplo do mesmo é o nome, que se recoñece como tal e non se confunde con outro termo.
  • Ser o centro dunha conurbación e ter unha área urbana vasta e poboada.
  • Posuír varias sedes sociais de empresas mundiais, ser un importante lugar de negocios, ou ben ser a sede de organismos internacionais.
  • Ter unha fácil interconexión co resto do mundo :
    • Aeroportos no que fagan escala a maior parte das grandes liñas aéreas internacionais.
    • Ser nó doutros medios terrestres de transporte (por estradas e ferroviario).
    • Posuír infraestruturas avanzadas en termos de telecomunicacións.
  • Influencia e participación nos acontecementos internacionais de importancia mundial como, por exemplo, nas grandes reunións deportivas (Xogos Olímpicos ou Copa do mundo de fútbol, entre outros), políticas e sociais.
  • Animación cultural propia, con festivais de cine, de música, galerías de arte, repertorio de manifestacións nos calendarios internacionais etc.
  • Atmosfera e poboación cosmopolitas.
  • Alta porcentaxe da poboación traballando no sector servizos.
  • Infraestruturas multifuncionales, ofrecendo algunhas das instalacións legais, médicas e de lecer do país.

Ao longo do século XX, Londres, París e Nova York foron sempre consideradas como "as tres grandes", como as metrópoles que máis influíron sobre o resto do mundo. Porén, rapidamente, a ese trío engadíuselles Toquio. Desde a revolución das comunicacións e da información, numerosas cidades aspiran a un papel influente de escala mundial, en tanto as "catro grandes" (Toquio e mais as tres grandes anteriores) seguen a influenciar sobre a maior parte do planeta.

Estudo do GaWC

[editar | editar a fonte]

Un traballo, feito por Globalization and World Cities Research Network ("Rede de estudos sobre a globalización e as cidades globais", en inglés GaWC) da Universidade de Loughborough (Gran Bretaña), definiu certos criterios e parámetros para contrastar o carácter mundial das metrópoles.

O seu estudo divide as cidades en tres grupos. Outramente, unha lista complementaria define as cidades susceptibles de accederen a este nivel no futuro.[1] Cidades Alfa (cidades de clase mundial, con servizos comerciais completos)

Cidades Beta (cidades de clase mundial maiores por tamaño de negocios)

Cidades Gamma (cidades de clase mundial menores)

Cidades con forte tendencia de clase mundial

Cidades con tendencia media de clase mundial

Cidades con tendencia débil de clase mundial

Galería de cidades globais

[editar | editar a fonte]
  1. "Fonte". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 30 de maio de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy