Circuíto de Silverstone
Circuíto de Silverstone | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | Setembro de 1947 |
Outros nomes | "Home of British Motor Racing"[1] Arena Grand Prix Circuit (2011–presente), |
Carreiras | FIA Fórmula 1: British Grand Prix FIM MotoGP: British Grand Prix FIA World Endurance Championship 6 Horas de Silverstone FIA World Rallycross Championship World RX of Great Britain FIM Campionato do mundo de Superbikes European Le Mans Series Campionato de Europa de Fórmula 2 FIA International Formula 3000 Campionato Británico de Turismos Campionato Británico de Fórmula 3 British GT British Superbike Championship Silverstone Classic |
Localización | Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido |
Coordenadas | |
Capacidade | 150.000 espectadores |
Trazado actual (2011 – presente) | |
Lonxitude km | 5,891 km[2] |
Curvas | 18 |
Récord tempo | 1:27,097 |
Récord piloto | Max Verstappen |
Récord equipo | Red Bull - Honda |
Récord ano | 2020 |
Circuíto Arena Grand Prix (2010)[3] | |
Lonxitude km | 5´901 km. |
Curvas | 18 |
Récord tempo | 1:30.874 |
Récord piloto | Fernando Alonso |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2010 |
Circuíto Bridge Grand Prix (1997-2009) | |
Lonxitude km | 5´141 km. |
Curvas | 17 |
Récord tempo | 1:18.739 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2004 |
Circuíto Internacional | |
Lonxitude km | 3´619 km. |
Curvas | 10 |
Circuíto Nacional | |
Lonxitude km | 2´638 km. |
Curvas | 6 |
Circuíto Stowe | |
Lonxitude km | 1´281 km. |
Curvas | 5 |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a segunda guerra mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.
O Gran Premio do Reino Unido rotou entre os circuítos de Silverstone, Aintree e Brands Hatch entre os anos 1955 e 1986, pero realizase permanentemente en Silverstone desde 1987. Parte do autódromo atópase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.
O 30 de setembro de 2004, o presidente do British Racing Drivers Club, Jackie Stewart, anunciou que a carreira non sería incluída no calendario provisional de 2005, e aínda que finalmente fose corrida, a mesma non se realizaría en Silverstone.[4] No entanto, o 9 de decembro do mesmo ano alcanzouse un acordo con Bernie Ecclestone, dono do a Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría disputandose en Silverstone ata 2009, despois Donington Park converteríase no novo hóspede. Pero, os arrendatarios de Donington Park sufriron problemas económicos. Como resultado o BRDC asinou un contrato de 17 anos con Ecclestone para celebrar o Gran Premio de Gran Bretaña en Silverstone.[5]
O circuíto
[editar | editar a fonte]Silverstone está construído sobre unha base de bombardeiros da Real Forza Aérea, RAF Silverstone da segunda guerra mundial, que abriu as súas portas en 1943. As tres pistas de aterraxe do aeródromo, no clásico formato en triángulo da segunda guerra mundial, atópanse dentro do contorno da pista actual.
Silverstone foi utilizado por primeira como pista de carreiras por un grupo de amigos que improvisou unha carreira en setembro de 1947. Un dos seus membros, Maurice Geoghegan, vivía na veciña vila de Silverstone e era consciente de que o aeródromo estaba deserto. El e outros once pilotos correron sobre un circuíto de dúas millas, durante o curso da cal o propio Geoghegan atropelou unha ovella que se extraviou no campo de aviación. A ovella morreu e o coche dado de baixa, como consecuencia deste feito a carreira chegou a ser coñecida informalmente como o Gran Premio do Cordeiro.[6]
O ano seguinte, o Real Automóbil Club fixo un contrato de arrendamento co aeródromo e dispúxose dun circuíto de carreiras máis formal. As dúas primeiras carreiras disputáronse nas propias pistas, con longas rectas separadas por pechadas curvas en forquita, coa pista marcada por balas de palla. Pero, para o mitin do International Trophy de 1949, decidiuse cambiar á pista perimetral. Esta disposición utilizouse para os grandes premios de 1950 e 1951. En 1952 a liña de saída trasladouse da recta da granxa á rectas que une as curvas Woodcote e Copse, e esta disposición mantívose practicamente sen cambios durante os 38 anos seguintes. Para o 1975 introduciuse unha chicana para tratar de reducir as velocidades na poderosa curva Woodcote (aínda que MotoGP utilizou o circuíto sen a chicana ata 1986), e a ponte da curva desviouse sutilmente en 1987.
A pista someteuse a un redeseño importante entre as carreiras de 1990 e 1991, transformando a pista ultra rápida (onde nos seus últimos anos todas as curvas tomábanse en cuarta ou quinta velocidade, dependendo da transmisión do vehículo, fóra diso a chicana Bridge, polo xeral tomábase en 2ª velocidade) nunha pista máis técnica. A primeira carreira de F1 da pista reformada foi quizais o máis memorable dos últimos anos, Nigel Mansell volvía fronte do seu público. Á súa volta da vitoria a boxes Mansell ata atopou tempo para recoller ao seu rival Ayrton Senna e levouno sentado no seu coche logo de que o McLaren de Senna quedara sen combustible na última volta da carreira.
Trala morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en 1994, moitos circuítos de Gran Premio modificáronse co fin de reducir a velocidade e aumentar a seguridade dos pilotos. Como consecuencia disto a entrada á recta do Hangar desde a curva Stowe modificouse en 1995 a fin de facer a súa entrada menos perigosa. Ademais, a curva da Abadía foi modificada para facer unha chicana tan só 19 días antes do GP de 1994.
Características
[editar | editar a fonte]- Capacidade espectadores: 150.000
- Lonxitude do circuíto: 5´891 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 52 voltas = 306´332 quilómetros. 18 curvas en total,(10 á dereita e 8 á esquerda).
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 301 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 66% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 9% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: 2´4 kg por volta (alto).
- Cambio de marchas por volta: 48 por volta / 2.496 por carreira.
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: baixo
- Desgaste dos pneumáticos: medio/alto
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 25 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
- Marca volta: Max Verstappen - Red Bull, 1’27.097 en 2020
Planos do circuíto
[editar | editar a fonte]-
1948 O circuíto orixinal, utilizaba as pistas principal e secundarias. Récord de volta: Luigi Villoresi, Maserati, 2:52.0 (Gran Premio do Reino Unido de 1948)
-
1949 a 1951 Récord de volta: José Froilán González, Ferrari, 1:43.4 (Gran Premio do Reino Unido de 1951)
-
1952 a 1974: Logo do cambio da zona de boxes. Récord de volta: Ronnie Peterson, Lotus-Ford, 1:16.3 (Gran Premio do Reino Unido de 1973) Esta configuración foi utilizada nas carreiras do Gran Premio de Motociclismo ata 1986.
-
1975 a 1986: Engade a chicana Woodcote para reducir a velocidade na curva Woodcote. Récord de volta: Keke Rosberg, Williams-Honda, 1:05.591 (Gran Premio do Reino Unido de 1985)
-
1987 a 1990: Engade a chicana Bridge (ponte) para reducir a velocidade na curva Woodcote. Récord de volta: Nelson Piquet, Williams-Honda, 1:07.110 (Gran Premio do Reino Unido de 1987)
-
1991 a 1993: Redeseño da pista (redeseñáronse todas as curvas agás Woodcote e Abbey), a incorpóranse as novas curvas de Becketts, Vale, Priory e Luffield e cambios de rasante ao longo da pista. Récord de volta: Nigel Mansell, Williams- Renault, 1:18.965 (Gran Premio do Reino Unido de 1992)
-
1994 e 1995: Engade a chicana de Abbey. Récord de volta: Damon Hill, Williams- Renault, 1:24.960 (Gran Premio do Reino Unido de 1994)
-
1996: Engade axustes menores nas curvas de Stowe e Club. Récord de volta: Damon Hill, Williams-Renault, 1:26.875 (Gran Premio do Reino Unido de 1996)
-
1997 a 1999: Engade cambios na curva Vale. Récord de volta: Jacques Villeneuve, Williams-Renault, 1:21.598 (Gran Premio do Reino Unido de 1997)
-
2000 a 2009: Luffield foi reperfilada e reducida a unha soa curva. Récord de volta: Sebastian Vettel, Red Bull-Renault, 1:18.119, (Gran Premio do Reino Unido de 2009)
-
2010: A nova sección "Arena" engadiuse no trazado e suprimíronse as curvas Bridge e Priory. Récord de volta: Fernando Alonso, Ferrari, 1:30.874, (Gran Premio do Reino Unido de 2010)
-
2011 – presente: O pit lane trasladouse á recta que une as curvas Club e Abbey, quedando Abbey como a primeira curva.
-
Diferentes configuracións de Silverstone, 1949 ata 2017
Galería
[editar | editar a fonte]-
Imaxe aérea de Silverstone en 1945
-
Imaxe aérea de Silverstone en 2008
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Silverstone
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1950 | Giuseppe Farina | Alfa Romeo | Alfa Romeo | P | 2:13:23,600 h | 4,649 km | 70 | 146,378 km/h | 13. maio | Reino Unido |
2 | 1951 | José Froilán González | Ferrari | Ferrari | P | 2:42:18,200 h | 4,649 km | 90 | 154,677 km/h | 14. xullo | |
3 | 1952 | Alberto Ascari | Ferrari | Ferrari | P | 2:44:11,000 h | 4,711 km | 85 | 146,337 km/h | 19. xullo | |
4 | 1953 | Alberto Ascari | Ferrari | Ferrari | P | 2:50:00,000 h | 4,711 km | 90 | 149,644 km/h | 18. xullo | |
5 | 1954 | José Froilán González | Ferrari | Ferrari | P | 2:56:14,000 h | 4,711 km | 90 | 144,351 km/h | 17. xullo | |
6 | 1956 | Juan Manuel Fangio | Ferrari | Ferrari | E | 2:59:47,000 h | 4,711 km | 101 | 158,795 km/h | 14. xullo | |
7 | 1958 | Peter Collins | Ferrari | Ferrari | E | 2:09:04,200 h | 4,711 km | 75 | 164,248 km/h | 19. xullo | |
8 | 1960 | Jack Brabham | Cooper | Climax | D | 2:04:24,600 h | 4,711 km | 77 | 174,944 km/h | 16. xullo | |
9 | 1963 | Jim Clark | Lotus | Climax | D | 2:14:09,600 h | 4,711 km | 82 | 172,765 km/h | 20. xullo | |
10 | 1965 | Jim Clark | Lotus | Climax | D | 2:05:25,400 h | 4,711 km | 80 | 180,292 km/h | 10. xullo | |
11 | 1967 | Jim Clark | Lotus | Climax | F | 1:59:25,600 h | 4,711 km | 80 | 189,345 km/h | 15. xullo | |
12 | 1969 | Jackie Stewart | Matra | Ford | D | 1:55:55,600 h | 4,711 km | 84 | 204,814 km/h | 19. xullo | |
13 | 1971 | Jackie Stewart | Tyrrell | Ford | G | 1:31:31,500 h | 4,711 km | 68 | 210,007 km/h | 17. xullo | |
14 | 1973 | Peter Revson | McLaren | Ford | G | 1:29:18,500 h | 4,711 km | 67 | 212,054 km/h | 14. xullo | |
15 | 1975 | Emerson Fittipaldi | McLaren | Ford | G | 1:22:05,000 h | 4,719 km | 56 | 193,168 km/h | 19. xullo | |
16 | 1977 | James Hunt | McLaren | Ford | G | 1:31:46,060 h | 4,719 km | 68 | 209,807 km/h | 16. xullo | |
17 | 1979 | Clay Regazzoni | Williams | Ford | G | 1:26:11,170 h | 4,719 km | 68 | 223,395 km/h | 14. xullo | |
18 | 1981 | John Watson | McLaren | Ford | M
|
1:26:54,800 h | 4,719 km | 68 | 221,526 km/h | 18. xullo | |
19 | 1983 | Alain Prost | Renault | Renault | M
|
1:24:39,780 h | 4,719 km | 67 | 224,069 km/h | 16. xullo | |
20 | 1985 | Alain Prost | McLaren | Porsche (TAG) | G | 1:18:10,436 h | 4,719 km | 65 | 235,425 km/h | 21. xullo | |
21 | 1987 | Nigel Mansell}} | Williams | Honda | G | 1:19:11,780 h | 4,778 km | 65 | 235,291 km/h | 12. xullo | |
22 | 1988 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 1:33:16,367 h | 4,778 km | 65 | 199,782 km/h | 10. xullo | |
23 | 1989 | Alain Prost | McLaren | Honda | G | 1:19:22,131 h | 4,780 km | 64 | 231,265 km/h | 16. xullo | |
24 | 1990 | Alain Prost | Ferrari | Ferrari | G | 1:18:30,999 h | 4,780 km | 64 | 233,775 km/h | 15. xullo | |
25 | 1991 | Nigel Mansell | Williams | Renault | G | 1:27:35,479 h | 5,226 km | 59 | 211,209 km/h | 14. xullo | |
26 | 1992 | Nigel Mansell | Williams | Renault | G | 1:25:42,991 h | 5,226 km | 59 | 215,828 km/h | 12. xullo | |
27 | 1993 | Alain Prost | Williams | Renault | G | 1:25:38,189 h | 5,226 km | 59 | 216,030 km/h | 11. xullo | |
28 | 1994 | Damon Hill | Williams | Renault | G | 1:30:03,640 h | 5,057 km | 60 | 202,144 km/h | 10. xullo | |
29 | 1995 | Johnny Herbert | Benetton | Renault | G | 1:34:35,093 h | 5,057 km | 61 | 195,683 km/h | 16. xullo | |
30 | 1996 | Jacques Villeneuve | Williams | Renault | G | 1:33:00,874 h | 5,072 km | 61 | 199,576 km/h | 14. xullo | |
31 | 1997 | Jacques Villeneuve | Williams | Renault | G | 1:28:01,665 h | 5,140 km | 59 | 206,703 km/h | 13. xullo | |
32 | 1998 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | G | 1:47:12,450 h | 5,140 km | 60 | 172,600 km/h | 12. xullo | |
33 | 1999 | David Coulthard | McLaren | Mercedes | B | 1:32:30,144 h | 5,140 km | 60 | 200,038 km/h | 11. xullo | |
34 | 2000 | David Coulthard | McLaren | Mercedes | B | 1:28:50,108 h | 5,141 km | 60 | 208,296 km/h | 23. abril | |
35 | 2001 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:25:33,770 h | 5,141 km | 60 | 216,231 km/h | 15. xullo | |
36 | 2002 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:31:45,015 h | 5,141 km | 60 | 201,649 km/h | 7. xullo | |
37 | 2003 | Rubens Barrichello | Ferrari | Ferrari | B | 1:28:34,554 h | 5,141 km | 60 | 208,875 km/h | 20. xullo | |
38 | 2004 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:24:42,700 h | 5,141 km | 60 | 218,403 km/h | 11. xullo | |
39 | 2005 | Juan Pablo Montoya | McLaren | Mercedes | M
|
1:24:29,588 h | 5,141 km | 60 | 218,969 km/h | 10. xullo | |
40 | 2006 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:25:51,927 h | 5,141 km | 60 | 215,469 km/h | 11. xuño | |
41 | 2007 | Kimi Räikkönen | Ferrari | Ferrari | B | 1:21:43,074 h | 5,141 km | 59 | 222,630 km/h | 8. xullo | |
42 | 2008 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | B | 1:39:09,440 h | 5,141 km | 60 | 186,585 km/h | 6. xullo | |
43 | 2009 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | B | 1:22:49,328 h | 5,141 km | 60 | 223,386 km/h | 21. xuño | |
44 | 2010 | Mark Webber | Red Bull | Renault | B | 1:24:38,200 h | 5,901 km | 52 | 217,457 km/h | 11. xullo | |
45 | 2011 | Fernando Alonso | Ferrari | Ferrari | P | 1:28:41,196 h | 5,901 km | 52 | 207,598 km/h | 10. xullo | |
46 | 2012 | Mark Webber | Red Bull | Renault | P | 1:25:11,288 h | 5,901 km | 52 | 215,683 km/h | 8. xullo | |
47 | 2013 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:59,456 h | 5,901 km | 52 | 198,076 km/h | 30. xuño | |
48 | 2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 2:26:52,094 h | 5,891 km | 52 | 125,091 km/h | 6. xullo | |
49 | 2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:27,729 h | 5,891 km | 52 | 200,957 km/h | 5. xullo | |
50 | 2016 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:55,831 h | 5,891 km | 52 | 193,530 km/h | 10. xullo | |
51 | 2017 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:21:27,430 h | 5,891 km | 51 | 221,201 km/h | 16. xullo | |
52 | 2018 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:27:29,784 h | 5,891 km | 52 | 210,065 km/h | 8. xullo | |
53 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:21:08,452 h | 5,891 km | 52 | 226,420 km/h | 14. xullo | |
54 | 2020 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:28:01,283 h | 5,891 km | 52 | 208,721 km/h | 2. agosto | |
55 | Max Verstappen | Red Bull | Honda | P | 1:19:41,993 h | 5,891 km | 52 | 230,513 km/h | 9. agosto | Gran Premio do 70º aniversario | |
56 | 2021 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:58:23,284 h | 5,891 km | 52 | 155,251 km/h | 18. xullo | Reino Unido |
57 | 2022 | Carlos Sainz | Ferrari | Ferrari | P | 2:17:50,311 h | 5,891 km | 52 | 233,530 km/h | 3. xullo | |
58 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:25:16.938 h | 5,891 km | 52 | 215,519 km/h | 9. xullo | |
59 | 2024 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:22:27,059 h | 5,891 km | 52 | 222,919 km/h | 7. xullo |
Récord
Piloto: Lewis Hamilton (8), Alain Prost (5), Jim Clark/Nigel Mansell/Michael Schumacher (3 cada un)
País: Reino Unido (22), Alemaña (6), Francia (5)
Construtor: Ferrari (14), McLaren (12), Mercedes/Williams (8 cada un)
Motor: Ferrari (14), Mercedes (13), Renault (12)
Pneu.: Goodyear (18), Pirelli (17), Bridgestone (10)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BTCC heading for the Home of British Motor Racing | Racecar – Motorsport News". Racecar. 2009-08-13. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 2010-07-05.
- ↑ "British GP". FIA.com. Federation Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "New Silverstone circuit gets green light for 2010 British Grand Prix". Silverstone Circuit (British Racing Drivers' Club). 2010-02-11. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-11.
- ↑ "''British GP set for axe''". Itv-f1.com. 1 de outubro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2005. Consultado o 2010-07-05.
- ↑ "Silverstone seals British GP deal''". BBC News. 2004-12-09. Consultado o 2010-07-05.
- ↑ Tibballs, Geoff (2001). Motor Racing's Strangest Races. Londres: Robson Books. pp. 123–124. ISBN 978-1-86105-411-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Circuíto de Silverstone |