Saltar ao contido

Clotilde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClotilde

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Clotilde, Clothilde
(la) Crotechildis
(de) Crochtechilde
(es) Cloetilde (español) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento474 Editar o valor en Wikidata
Lión, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 545 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Tours, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Notre-Dame de París Editar o valor en Wikidata
Raíña dos francos
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa3 de xuño Editar o valor en Wikidata
Patrón deBride (en) Traducir, viúva, exilio, proxenitor e Adopción Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBurgund prince (en) Traducir
Raíña dos francos Editar o valor en Wikidata
FamiliaBurgundian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeClodoveo I (493 (Gregoriano)–511 (Gregoriano)), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosIngomer, Clodomiro, Childeberto I, Clotario I, Clotilde Editar o valor en Wikidata
PaiChilperico II da Borgonha Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Clotilda, St. Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Burgunden-7

Clotilde, nada en Lión o 475 e finada o 3 de xuño do 545, foi unha princesa burgundia e raíña dos francos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Chilperico II de Burgundia. A sona da súa beleza e posibles alianzas políticas fixeron que o rei pagán dos francos Clodoveo I casara con ela no ano 492. Tivo que padecer a dor do asasinato dos seus pais por parte do seu tío Gundevaldo no ano 493. O seu primoxénito Ingomiro, finou ao pouco de nacer.

Afervoada cristiá, rachou a tradición das elites francas bautizando ao seu segundo fillo Clodomiro e, máis tarde, conseguiu a conversión do seu home. Este era remiso pola humillación ante os seus xenerais de abandonar os seus deuses guerreiros ancestrais por desexos da súa muller. Porén, o catolicismo era a relixión maioritaria da poboación galoromana polo que necesitaba a súa adhesión para exercer a auctoritas sobre a Galia. Este apoio viuse fundamental ante a ameaza da invasión alamana vencida na batalla de Tolbiac. Finalmente, foi bautizado polo bispo Remixio de Reims, no ano 496, xunto con tres mil guerreiros francos na igrexa de San Martiño de Tours. Aínda que este acontecemento se ten visto como o nacemento do primeiro reino medieval, o certo que e xa existía un precedente no Reino Suevo da Gallaecia con Requiario

Clotilde impulsou a evanxelización dos francos e favoreceu a organización de esmolas e a atención aos esfameados e doentes. Isto contribuíu ao recoñecemento da autoridade dos xermanos en toda a Galia.

Fracasou nos intentos de reconciliación entre os seus fillos Clodomiro, Khildeberto I e Clotario I, tralo pasamento do seu home no ano 511. Retirouse a Tours onde se adicou á esmola e a oración.

Gregorio de Tours deixou dela unha visión histórica probablemente idealizada. Venerada como santa pola Igrexa Católica, as súas reliquias foron destruídas na Revolución francesa.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy