Concello de Norberg
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västmanland | ||||
Capital | Norberg (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.456 (2024) (12,19 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 447,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | norberg.se | ||||
Norberg é un concello sueco no condado de Västmanland.[1] A súa capital é a localidade de Norberg e no mes de setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 5 642 habitantes.[2]
A paisaxe é montañosa e é rica en lagos e humedais. A superficie do concello está principalmente cuberta por morena cuberta de bosque. O leito rochoso ten grandes tramos de leptitas que conteñen minerais. A mineiría existía na zona dende a Idade Media, pero a principios da década de 2020 todas as minas estaban pechadas, dependendo a economía local da actividade de pequenas empresas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita cos municipios de Fagersta e Sala no condado de Västmanland, e cos de Avesta, Hedemora e Smedjebacken no condado de Dalarna.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Granito con grandes tramos de leptitas con minerais conforman a meirande parte do leito rochoso do concello. No leito rochoso hai tamén a presenza de calcaria que deu lugar a varias áreas con rica vexetación. O concello está cuberto principalmente por morena cuberta de bosque. A paisaxe é montañosa e hai moitos lagos e zonas húmidas, como a turbeira elevada de Bredmossen. A principais áreas cultivadas abertas atópanse nos vales do Svartån e Norbergsån.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-30.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 3, 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-12-30.
- ↑ "Norberg - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-12-31.