Saltar ao contido

DS Constitutionen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Constitutionen pasando pola cidade de Arendal. De Norge fremstillet i Billederfrå 1848.

O DS Constitutionen foi o primeiro barco de vapor de Noruega, o servizo de correos mercouno a Inglaterra en 1826 para mellorar o servizo postal pero o navío tamén se utilizou para o transporte de viaxeiros e carga. O DS Constitutionen realizaba a ruta entre Oslo e Kristiansand. En 1827 o servizo de correos mercou outro buque, o DS Prinds Carl, que levaba o correo transportado polo DS Constitutionen ata Copenhaguen. En 1871 o Constitutionen deixou de operar.

Torvslaget

[editar | editar a fonte]

O 17 de maio de 1829 no aniversario da Constitución de 1814 o Constitutionen chegou a Oslo ás seis da tarde, e moitos cidadáns achegáronse ao porto como única posibilidade de amosar o seu apoio á constitución norueguesa, xa que por real decreto do rei de Suecia e Noruega Carlos XIV Xoán a súa celebración estaba prohibida, produciuse entón o Torvslaget, no que o gobernador sueco da cidade lanzou á cabalería contra os cidadáns na praza principal, Henrik Wergeland presente nese día destacou pola súa oposición a estas accións e converteuse nun heroe nacional.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy