Saltar ao contido

Defense Support Program

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación dun satélite DSP.

Defense Support Program, coñecido tamén polas súas siglas, DSP, foi un programa militar dos Estados Unidos para xestionar satélites de recoñecemento e alerta temperá.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O programa comezou en 1970 como evolución do proxecto MIDAS e estaba dividido en "fases", correspondentes a satélites con diferentes tecnoloxías para recoñecemento e detección. A misión principal dos satélites DSP era a detección do lanzamento de mísiles balísticos interconinentais como alerta temperá ante un hipotético ataque, coa Unión Soviética no punto de mira ao principio do programa. Os satélites da Fase I tiñan unha masa de arredor de 900 kg, mentres que os da Fase IV chegaban ata case 2400 kg e son capaces de detectar e seguir tamén mísiles tácticos convencionais. Os satélites despregábanse en órbita xeosincrónica para cubrir toda a Terra. O programa DSP foi substituído polo programa SBIRS.[1][2]

Lanzáronse catro satélites da Fase I entre 1970 e 1973. O primeiro lanzamento resulto nun éxito só parcial ao non chegar á órbita establecida. O resto funcionou tal como estaba previsto. Todos, cunha masa duns 900 kg cada un, foron lanzados mediante foguetes Titan 23C. Os satélites desta fase contaban cun detector infravermello de sulfuro de chumbo de 2000 píxeles. Deseñáronse cun tempo de vida de 15 meses, pero chegaron a durar entre 7 e 12 anos. A potencia proporcionada polos seus paneis solares chegaba ata 400 W. Ás veces se refería a eles como IMEWS (Integrated Missile Early Warning Satellites).[1][2]

Os tres satélites da Fase II (lanzados tamén mediante Titan 23C tiñan unha masa de 1040 kg e un deseño para unha vida de 24 meses. Foron enviados a órbita entre 1975 e 1977, os tres con éxito. A potencia dos paneis aumentou ata 480 W. Usaban un sensor do mesmo tipo que os da Fase I.[1][3]

Fase II MOS/PIM

[editar | editar a fonte]

Co aumento da sofisticación do armamento soviético entre 1975 e 1985, os novos satélites DSP foron modificados para detectar novas modalidades de mísiles e maneiras de lanzalos, como SLBM (mísiles lanzados desde submarinos) de maior alcance, vehículos de reentrada múltiple (MRV), ICBM móbiles e mísiles antisatélite (ASAT). Os catro satélites DSP da Fase II MOS/PIM (Multi-Orbit Satellite/Performance Improvement Modification) foron deseñados para poder ser despregados en diferentes tipos de órbita, desde xeosíncronas, como as fases anteriores, a altamente elípticas. A masa destes satélites era de 1170 kg, con electrónica extra para mellorar a fiabilidade e a supervivencia do satélite. Estaban deseñados para durar 3 anos en órbita e a potencia proporcionada polos paneis aumentou ata os 500 W. Todos foron lanzados mediante Titan 23C, excepto o último que o fixo a bordo dun Titan 34D.[1][4]

Fase II Aumentada

[editar | editar a fonte]

Os dous satélites da Fase II Aumentada eran satélites da Fase II modificados para durar ata 36 meses en órbita e usar un detector infravermello de 6000 píxeles. Tiñan unha masa de 1670 kg e neles probouse tamén un novo sensor de telururo de cadmio e mercurio. Os paneis solares proporcionaban ata 680 W de potencia e ambos foron lanzados en 1984 e 1987 mediante foguetes Titan 34D.[1][5]

Os satélites da Fase III, denominados tamén como DSP-I, tiñan paneis que lles proporcoinaban ata 1300 W de potencia. Suponse que usaban sensores de 6000 píxeles e detectores de explosións nucleares. Lanzáronse 10 unidades entre 1989 e 2007, todas con éxito excepto polo DSP 19, que tivo problemas por culpa da última etapa. Usáronse unha variedade de lanzadores para poñelos en órbita: Titan 4(02), o transbordador espacial na súa misión STS-44 e o Delta 4H.[1][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "DSP" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSP 1, 2, 3, 4 (Phase 1)" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSP 5, 6, 7 (Phase 2)" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  4. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSP 8, 9, 10, 11 (Phase 2 MOS/PIM)" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSP 12, 13 (Phase 2 Upgrade)" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  6. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSP 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23 (Phase 3)" (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy