Dicasterio das Causas dos Santos
Dicasterio das Causas dos Santos | |
---|---|
Tipo | congregación relixiosa católica e dicastério |
Director/a | Marcello Semeraro |
Na rede | |
http://www.causesanti.va/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Dicasterio das Causas dos Santos ( Dicasterium de Causis Sanctorum) é un dos departamentos da Curia Romana.
O papa Paulo VI creouno o 8 de maio de 1969 como Congregación das Causas dos Santos (Congregatio de Causis Sanctorum) en substitución da Sagrada Congregación de Ritos instituída por Sisto V en 1588.
Trátase do organismo do Vaticano encargado de estudar os milagres, martirios e virtudes heroicas e de propoñer os diferentes exemplos de santidade para que o Sumo Pontífice proceda a realizar as canonizacións e beatificacións oportunas.
A Congregación conta actualmente con 34 membros, e o seu prefecto é o cardeal Angelo Amato.
A congregación converteuse en dicasterio na reorganización da Curia Romana en 2022, segundo a constitución apostólica "Praedicate evangelium".[1][2]
Lista de prefectos
[editar | editar a fonte]- Se levan unha † significa que faleceron.
- Card. Flavio Chigi † (12 de febreiro de 1759 - 12 de xullo de 1771)
- Card. Arcadio María Larraona Saralegui † (12 de febreiro de 1962 - 9 de xaneiro de 1968, xubilado)
- Card. Benno Walter Gut † (29 de xuño de 1967 - 7 de maio de 1969, nomeado Prefecto da Congregación para o Culto Divino e Disciplina dos Sacramentos)
- Card. Paolo Bertoli † (7 de maio de 1969 - 1 de marzo de 1973, falecido)
- Card. Luigi Raimondi † (21 de marzo de 1973 - 24 de xuño de 1975, falecido)
- Card. Corrado Bafile † (11 de xullo de 1975 - 27 de xuño de 1980, xubilado)
- Card. Pietro Palazzini † (27 de xuño de 1980 - 1 de xullo de 1988, xubilado)
- Card. Angelo Felici † (1 de xullo de 1988 - 13 de xuño de 1995, xubilado)
- Card. Alberto Bovone † (13 de xuño de 1995 - 17 de abril de 1998, falecido)
- Card. José Saraiva Martins (30 de maio de 1998 - 9 de xullo de 2008, xubilado): Prefecto Emérito
- Card. Angelo Amato (9 de xullo de 2008 - 28 de xullo de 2018)
- Card. Giovanni Angelo Becciu (29 de xullo de 2018 - 24 de setembro de 2020)
- Card. Marcello Semeraro (15 de outubro de 2020 - )
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CNA. "Pope Francis reforms Roman Curia with launch of Vatican constitution". Catholic News Agency (en inglés). Consultado o 2023-01-22.
- ↑ "“Praedicate Evangelium” on the Roman Curia and its service to the Church and to the World (19 March 2022) | Francis". www.vatican.va. Consultado o 2023-01-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dicasterio das Causas dos Santos |