Didelphis virginiana
Didelphis virginiana | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Didelphis virginiana | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Didelphis virginiana Kerr, 1792 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Didelphis virginiana é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos.[2]
É o único marsupial de Norteamérica que vive ao norte do río Bravo.
Os seus antepasados evolucionaron en Suramérica, pero facilitoulle a invasión de América do Norte a formación do istmo centroamericano, durante o grande intercambio americano, hai tres millóns de anos.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun animal nocturno e solitario, do tamaño dun gato doméstico, sendo, por tanto a sarigüeia máis grande. Exitoso oportunista, con frecuencia pode verse nas vilas saqueando contedores de lixo, ou no pavimento das rúas como vítima de atropelo en accidentes de tráfico.[3]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Didelphis virginiana é un animal de hábitos nocturnos. Cando se sente ameazada, expulsa un forte cheiro e faise a morta.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista, escritor e tradutor escocés Robert Kerr, que a publicou no número 193 na revista Linnaeus, Anim. Kingdom.[2]
Ao longo do tempo foi coñecida, ademais, polos seguintes sinónimos:
- Didelphis breviceps
- Didelphis marsupialis virginiana
- Didelphis californica
- Didelphis yucatanensis
e, ademais, distinguíronse as seguintes subespecies:
- Didelphis virginiana boreoamericana
- Didelphis virginiana breviceps
- Didelphis virginiana cozumelae
- Didelphis virginiana illinensium
- Didelphis virginiana pilosissima
- Didelphis virginiana pruinosa
- Didelphis virginiana texensis
- Didelphis virginiana woapink
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[4]
O específico, virginiana, do topónimo Virginia, (Virxinia, territorio dos Estados Unidos).
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na actualidade, a comunidade científica recoñece tan só as seguintes:[2]
- Especie Didelphis virginiana
- D. v. virginiana
- D. v. californica
- D. v. pigra
- D. v. yucatanensis
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Distribúese ao longo de gran parte da América do Norte, desde o océano Atlántico ao Pacífico. Introduciuse en California en 1910.
Hoxe en día chega até o sur do Canadá, e parece que aínda se está estendendo cara ao norte.
A súa área de distribución abarca o extremo suroriental do Canadá, a metade oriental e a costa occidental dos Estados Unidos, México (salvo o extremo noroccidental), Belize, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica.
Esta sarigüeia non era orixinalmente nativa dos oeste dos Estados Unidos. Foi intencionadamente introducida no oeste durante a gran depresión, probabelmente como unha fonte de alimento.[5]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, a que a súa presenza é común e xeneralizada en toda a súa área de dispersión, a que se adapta moi ben ás paisaxes modificadas polo ser humano. Aínda que a esta sarigüeia é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, a especie non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos. De feito, a súa área de dispersión parece que está aumentando.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuarón, A.D., Emmons, L., Helgen, K., Reid, F., Lew, D., Patterson, B., Delgado, C. & Solari, S. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 `Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
- ↑ Virginia Opossum Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Mass. Audubon.
- ↑ Day, Leslie (10 May 2013). Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press. p. 225. ISBN 978-1-4214-1149-1.
- ↑ William J. Krause & Winifred A. Krause (2006): The Opossum: Its Amazing Story. Columbia, Missouri: University of Missour. ISBN 0-9785-9990-X, p. 23.
- ↑ Didelphis virginiana na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Didelphis virginiana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1.
- Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8.
- Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World 2 vols. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EUA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Didelphis virginiana en ADW.
- Virginia Opossum Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Mass. Audubon (en inglés).