Saltar ao contido

Disciplina académica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha disciplina académica é un campo de estudo máis amplo. A disciplina pode mesmo ser subdividida en subdisciplinas, ás veces con polémicas ou discrepancias.

Unha disciplina académica ou campo de estudo é o desenvolvemento do coñecemento sobre un tema específico, pensado ou investigado nunha escola superior, un centro de estudos ou investigacións, unha universidade ou un laboratorio. As disciplinas están en parte definidas e recoñecidas por publicacións científicas ou académicas, onde se expoñen resultados de procesos investigativos, e polos círculos académicos ou científicos aos que pertencen os investigadores.

Os campos de estudo teñen polo xeral numerosas ramas ou subdisciplinas e as liñas que as distinguen adoitan ser difusas, ambiguas e mesmo por veces arbitrarias.

Na Europa da Escolástica existían só catro facultades nunha universidade: Teoloxía, Medicina, Xurisprudencia e Arte. As disciplinas universitarias contemporáneas pertencen aos procesos de secularización comezados cara a mediados do século XIX cando o currículo tradicional medieval foi substituído polas linguas vernáculas e a súa literatura, a ciencia e as disciplinas tecnolóxicas como a física, a química, a bioloxía e a enxeñaría, que se agregaron ás catro facultades tradicionais.

A principios do século XX nacen novas disciplinas como a educación, a socioloxía ou a psicoloxía. Nas décadas de 1970 e 1980 produciuse unha "explosión" de novas disciplinas enfocadas a estudos cada vez máis específicos. Algunhas disciplinas foron deseñadas como preparación para o exercicio de carreiras e profesións como a enfermaría e a administración hospitalaria, entre outras. Finalmente comézase a falar de estudos interdisciplinarios en campos científicos como derivados doutros (por exemplo, segundo que aspecto da bioloxía se estude aparecen a bioquímica, bioenxeñaría, bioinformática etc. Ver Disciplinas da Bioloxía).

Moitas "disciplinas" poden ser discutidas como tales e por esa razón hai grandes debates ao respecto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy