Saltar ao contido

Dolly Pentreath

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDolly Pentreath

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Dorothy Pentreath Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1692 Editar o valor en Wikidata
Cornualla, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte1777 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Cornualla, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCornualla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpeixeira (pt) Traducir, adivinha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
A Historical Dictionary of British Women, (p.350) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Pentreath-131 Find a Grave: 112721651 Editar o valor en Wikidata

Dolly Pentreath ou Dorothy Pentreath, nada en 1692 e finada en decembro de 1777, foi unha muller córnica coñecida por ser probabelmente a derradeira falante nativa de córnico. Crese que as súas derradeiras palabras foron "Me ne vidn cewsel Sawznek!" (Eu nunca falarei inglés!). En Cornualla é recordada por maldicir ós que se atopaba cando estaba enfadada. A súa morte supuxo a fin do córnico como lingua viva.

Pentreath viviu na parroquia de Paul, preto de Mousehole, onde está enterrada. En 1860 Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoleón I de Francia, estableceu un monumento na súa honra na igrexa da vila.

Ó igual que ocorre con outros "últimos falantes nativos", existe unha certa controversia sobre o seu status. William Bodinar (finado en 1794) aprendeu córnico de neno e, en 1776, aínda lembraba o suficiente como para escribir unha carta en dita lingua.[1]. Posteriormente, o córnico mantivo un certo uso, unhas poucas persoas aprendérono de xeito illado e algunhas palabras de orixe córnica aínda se empregan hoxe en día no dilecto do inglés que se fala en Cornualla. Porén, a lingua foi revivida no século XX e na actualidade, algúns nenos e mozos falan o córnico como lingua materna. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy