Economía de Bulgaria
Economía de Bulgaria | |
---|---|
Moeda | Lev búlgaro |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OSCE, BSEC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 103,7 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 72ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 1% (2012) |
PIB per cápita | $ 14 200 (2012) |
PIB por sector | agricultura 5,6%, industria 31,2%, comercio e servizos 63,2% (2012) |
Inflación | 2,4% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 2.451.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 7,1%, industria 35,2%, comercio e servizos 57,7% (2009) |
Desemprego | 9,9% (2012) |
Industrias | electricidade, gas natural, auga; alimentos, bebidas, tabaco; máquinas e equipamentos, metais básicos, produtos químicos, coque, refino de petróleo, combustible nuclear |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 27,67 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | roupas, calzados, ferro e aceiro, máquinas e equipamentos, combustibles |
Principais mercados | Alemaña 12,2%, Romanía 9,7%, Italia 8,7%, Turquía 8,1%, Grecia 7,2%, Bélxica 5,2%, Francia 4,3% (2011) |
Importacións | 30,32 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, metais e minerais, produtos químicos e plásticos, combustibles, minerais e materias primas |
Principais mercados | Rusia 17,8%, Alemaña 11,1%, Italia 7,2%, Romanía 7%, Grecia 5,7%, España 5,1%, Turquía 4,6% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 43,24 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Bulgaria, antigo país comunista que ingresou na Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007[1] rexistrou estabilidade macroeconómica e forte crecemento dende 1996, cando unha mudanza na economía provocou a caída do entón goberno socialista, que arrastaba o peso da política comunista. Como resultado, o novo goberno tornouse comprometido coas reformas económicas e un planeamento fiscal responsábel. Actualmente a economía funciona baixo o sistema de mercado libre e ten un grande sector privado e un pequeno sector público.
O país creceu a medias superiores a 6% ó ano entre 2004 e 2008 apoiado por empréstimos bancarios, consumo e forte investimento direto.[1] En 2009 o PIB contraeu 5,5%, permaneceu estagnado (crecemento de 0,2%) en 2010 a pesar da retomada das exportacións, creceu 1,7% en 2011 e 1% en 2012.[1]
Na súa industria ten importancia o papel das minas de carbón, cobre e cinc. A moeda do país, o lev búlgaro, ten unha taxa de cambio fixa de 1.95583 leva por Euro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 09/05/2020. Consultado o 22/5/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ Banco Nacional da Bulgaria. "taxas de câmbio" (en (en búlgaro)).