Economía de Honduras
Economía de Honduras | |
---|---|
Moeda | Lempira |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CAFTA-DR, G-77 |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 37,67 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 106ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3,8% (2012) |
PIB per cápita | $ 4 600 (2012) |
PIB por sector | agricultura 12,8%, industria 26,7%, comercio e servizos 60,5% (2012) |
Inflación | 5,1% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 3.440.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 39,2%, industria 20,9%, comercio e servizos 39,8% (2005) |
Desemprego | 4,5% (2012) |
Industrias | azucre, café, roupas de tecido e punto, produtos de madeira, cigarróns |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 6 946 millóns (2012) |
Produtos de exportación | roupas, café, camarón, cables para vehículos, produtos de tabaco, bananas, ouro, aceite de palma, froitas, lagosta, madeira aserrada |
Principais mercados | Estados Unidos 33,1%, Alemaña 10,9%, O Salvador 7,3%, Bélxica 6,5%, Guatemala 6,2% (2011) |
Importacións | 10 660 millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e material de transporte, materias primas industriais, produtos químicos, combustibles, produtos alimentícios |
Principais mercados | Estados Unidos 46%, Guatemala 8,8%, México 5,7%, O Salvador 5,4%, República Popular da China 4,1%, Costa Rica 4% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 4 884 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Honduras, o segundo país máis pobre da América Central e un dos máis pobres do Occidente, sofre cunha distribución de renda moi desigual e con elevado desemprego.[1] Historicamente depende do cultivo de banana e café, nos últimos anos as súas exportacións diversificáronse e inclúen roupas e cables eléctricos para automóbiles.[1] Metade da economía do país depende dos Estados Unidos, sendo 30% do PIB orixinario das exportacións, e 20% do envío de diñeiro por hondureños residentes naquel país.[1]
Malia os altos niveis de desemprego e inflación a economía hondureña demostrou un crecemento sostido anual dun 5%. Coa firma do Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos de América, Centro América e a República Dominicana (CAFTA), e máis recentemente o Canadá, espérase moito máis investimento estranxeira e maior crecemento económico.[3]
Os principais produtos de exportación hondureños son o café, téxtiles, camaróns, bananas, aceite de palma africana, ouro, froitas e madeira. O goberno leva a cabo proxectos para promover e expandir o sector industrial, diversificar a agricultura, mellorar os medios de transporte e desenvolver proxectos hidroeléctricos.[4] Na década pasada, Honduras converteuse no terceiro maior exportador de téxtiles aos Estados Unidos logo da República Popular da China e México. Un gran porcentaxe das exportacións hondureñas son dirixidas aos Estados Unidos, o cal é o seu principal socio comercial.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 22 de febreiro de 2008.. Consultado o 20 de abril de 2013
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ 3,0 3,1 Honduran American Chamber of Commerce, ed. (19 de agosto de 2011). "Honduras". Consultado o 19 de agosto de 2011.
- ↑ encarta.msn, ed. (1997-2008). "Honduras". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2011.