Saltar ao contido

Edward Cullen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edward Cullen (nado Edward Anthony Masen) é un personaxe de ficción das novelas da serie Twilight da escritora estadounidense Stephenie Meyer, aparece nos libros Twilight, New Moon, Eclipse e Breaking Dawn, así como nos filmes baseados nelas e na aínda inacabada Midnight Sun - unha reescritura dos sucesos de Twilight desde a perspectiva de Edward.

Traxectoria vital do personaxe

[editar | editar a fonte]

Edward é un vampiro que vive como fillo adoptivo nunha familia de vampiros, Carlisle Cullen (pai), Esme Cullen (nai) e outros catro irmáns tamén adoptados: Rosalie Hale, Jasper Hale, Alice Cullen e Emmett Cullen. Todos os Cullen decidiron non nutrirse do sangue de seres humanos, tan só de animais, definindo o seu estilo de vida como vexetariano. Edward namórase, casa e ten un fillo con Bella Swan, unha rapaza humana que máis tarde elixe converterse nunha vampira. Nos filmes Twilight e New Moon interprétao o actor Robert Pattinson.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy