Elijah Muhammad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-us) Elijah Poole 7 de outubro de 1897 Sandersville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de febreiro de 1975 (77 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Mount Glenwood Memory Gardens (South) (en) 41°33′24″N 87°36′57″O / 41.556544, -87.615722 |
Relixión | Nation of Islam (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Muslim minister (en) , político |
Familia | |
Cónxuxe | Clara Muhammad |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Elijah Muhammad, nado en Sanderville (Xeorxia) o 7 de outubro de 1897 e finado en Chicago (Illinois) o 25 de febreiro de 1975, foi unha figura política e relixiosa estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado co nome de Elijah Poole, mudouse a Detroit en 1923. Alí coñeceu un predicador que se lle revelou como o mesmo Alá, Wallace Fard Muhammad, fundador da organización Nación do Islam. Unha vez dentro desta organización o propio Fard Muhammad nomeouno como sucesor, e á morte deste en 1934 pasou a liderala estabelecendo a súa sede central na cidade de Chicago. Nos primeiros momentos comezou a predicar que Fard Muhammad era en realidade unha reencarnación de Alá, o que provocou a saída de moitos membros discordantes.
A mediados da década de 1960, e grazas en boa parte á implicación de Malcom X na organización, Nación do Islam viviu un gran momento de apoxeo, multiplicando o seu número de membros e estendéndose a numerosos países de África e do Caribe. Despois do asasinato de Malcom X houbo numerosas voces que especulan coa posíbel responsabilidade de Elijah Muhammad, debido á saída deste de Nación do Islam e aos problemas persoais que tiveran. Este feito unido á acusación en 1973 dun membro dunha organización rival de ser o responsábel da morte de sete dos seus militantes fan entrar a Nación do Islam nunha sorte de decadencia. A morte de Elijah Muhammad en 1975 provocou a escisión da organización en dúas tendencias, unha das cales se integrou no islam ortodoxo.
O pensamento ideolóxico-relixioso de Elijah Muhammad estivo sempre próximo a un supremacismo negro bastante próximo ao racismo. Mitos como os de Yakub, propagados por el e os seus seguidores, estabelecen que os brancos son demos ou creacións malditas e inferiores do home negro. Ao mesmo tempo mantivo tratos co Partido Nazi Americano, xa que ambas as organizacións se opuñan á integración racial. Estas ideas están na base da futura saída de Malcom X de Nación do Islam.