Saltar ao contido

Erasístrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErasístrato

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento310 a. C. ↔ 300 a. C. Editar o valor en Wikidata
Iulis, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte249 a. C. Editar o valor en Wikidata (46/56 anos)
Samos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, anatomista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCrisipo de Cnido e Metrodorus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosApollophanes of Seleucia (en) Traducir e Straton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Traducir, (sec:Erasistratus)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Erasístrato (en grego antigo Ἐρασίστρατος; c. 304250 a. C.) foi un médico e anatomista da Grecia Antiga, nado na illa de Ceos. Foi con Herófilo o fundador da Escola de Alexandría. Curou a Antíoco, fillo do sirio Seleuco I, escena que pintou Jacques Louis David no s. XVIII, polo que recibiu o Prix de Rome.

É considerado precursor da neuroloxía e tamén é chamado fundador da fisioloxía experimental, realizando experimentos con animais.

Descubrimentos sobre o sistema nervioso

[editar | editar a fonte]

Pioneiro xunto a Herófilo na neuroanatomía, foron dos primeiros en practicar diseccións de cadáveres. Erasístrato distinguíu as principais estruturas do cerebro: hemisferios e cerebelo. Tamén observou que os nervios converxen cara ao sistema nervioso central. Resaltou o papel na sensibilidade e a motricidade das raíces posteriores e anteriores dos nervios raquídeos. Pioneiro do método comparativo, foi o primeiro en establecer un vínculo entre as circunvolucións do cerebro (é dicir, o grao de «pregamento») das distintas especies animais e a súa intelixencia.

Na liña de Anaxágoras e Alcmeón de Crotona fixo ao cortex cerebral a sede do pensamento, ao contrario que Aristóteles, que a situaba no corazón.

Descubrimentos sobre o sistema circulatorio

[editar | editar a fonte]

Erasístrato sinalou a importancia do sangue e estivo moi próximo de facer o descubrimento da circulación sanguínea ao recoñecer que o corazón estaba no centro da rede de arterias e veas. Deu as primeiras descricións da vea cava, as válvulas venosas e as arterias pulmonar e renal.

Foi autor dunha teoría contraposta á dos humores. Defendeu a idea de que o sistema de veas transportaba sangue e non o pneuma imaxinado por Hipócrates. Este sangue contendo o espírito vital era transportado do corazón ao cerebro, onde era transformado e distribuído polo corpo vía os nervios (dos que demostrou que non eran ocos senón formados por unha estrutura tubular sólida). Con todo, o papel das arterias na súa teoría era o de transportar o aire, o que explicaba, segundo el, o pulso. Interpretaba algunhas desordes fisiolóxicas como un exceso de sangue nas arterias. Esta teoría da plétora sanguínea expúxose en oposición á práctica de sangrías defendida por outros médicos da época, como Herófilo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy