Saltar ao contido

Eris (planeta anano)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eris e Disnomia

Eris (símbolo: ⯰)[1] é o planeta anano máis masivo (por diante de Plutón), e o segundo de maior tamaño (un pouco menor que Plutón) do noso sistema solar.[2] Foi descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo e David Rabinowitz o 8 de xaneiro de 2005 a partir dunhas imaxes tomadas o 21 de outubro de 2003. Ten un único satélite natural ó que se lle deu o nome de Disnomia.[3]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo planeta do sistema solar polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da Unión Astronómica Internacional (UAI) na súa sesión do 24 de agosto de 2006, é considerado un planeta anano (xunto a Plutón e Ceres), unha nova categoría creada na devandita sesión.

Antes de que o 13 de setembro de 2006 se lle outorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB313.

Eris presenta un período orbital duns 560 anos (tarda 560 anos en completar o seu movemento de translación) e arestora[cando?] atópase á máxima distancia posible do Sol (afelio), a unhas 97 unidades astronómicas (UA) da Terra (14.400 millóns de quilómetros). Do mesmo xeito que Plutón, a súa órbita é moi excéntrica (chega a unhas 35 UA do Sol durante o perihelio) e ó contrario dos planetas telúricos e dos xigantes gasosos, a órbita de Eris está inclinada uns 44° respecto á eclíptica.

É un dos corpos do sistema solar máis brillante e a responsable de que non se tiveran datos sobre a súa existencia ata hai ben pouco é a inclinación da súa órbita, pois normalmente a maioría das buscas concéntranse no plano da eclíptica, onde se agrupa a maioría da materia do sistema solar.

Tamaño e masa

[editar | editar a fonte]
Comparación do tamaño de Eris e Disnomia co resto dos corpos do Cinto de Kuiper e coa Terra.

Segundo observacións do telescopio Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris sería de 2.398 km (±96 km), o que indicaría un tamaño case igual que o de Plutón. Porén, de acordo con observacións e medicións máis recentes e fiables, ten un tamaño un pouco menor: Plutón ten un diámetro de aproximadamente 2.377 km, mentres que Eris ten un diámetro estimado en ao redor de 2.326 km.[4]

A masa de Eris é de 1,66x1022 kg polo que é un pouco máis masivo e máis denso que Plutón.[4]

Satélite

[editar | editar a fonte]

Disnomia é o único satélite de Eris.

Preséntase no espazo como un punto 60 veces menos luminoso que Eris polo que, se asumimos que os dous corpos presentan o mesmo albedo, o diámetro de Disnomia pode ser duns 350 km, oito veces máis pequeno que Eris.

O seu período orbital é de 14 días.

Notas

  1. JPL/NASA (2015-04-22). "What is a Dwarf Planet?". Jet Propulsion Laboratory. Consultado o 2022-01-19. 
  2. Astrosigma. "Eris, el planeta enano más masivo". Astrosigma (en castelán). Consultado o 2024-07-04. 
  3. "The discovery of X"2003 UB313"X Eris, the X"10th planet"X largest known dwarf planet". web.gps.caltech.edu ; planetlila. 
  4. 4,0 4,1 "Eris - NASA Science". science.nasa.gov (en inglés). Consultado o 2024-07-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy