Saltar ao contido

Espectrograma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espectrograma das sete vogais da lingua galega.
Espectrograma da oración en checo Strč prst skrz krk ("Insire o dedo pola gorxa"), que carece de vogais.
Espectrograma do son dun violín. As liñas brillantes da parte baixa son os tons fundamentais formantes de cada nota, e as outras liñas brillantes próximas son os sobretóns harmónicos; en conxunto forman o espectro de frecuencia.

Un espectrograma é a representación espectral variando no tempo (formando unha imaxe), que mostra como unha densidade espectral varía no dito tempo.[1]

No eido acústico, é o resultado de calcular o espectro de frecuencia en imaxe dun sinal analóxico de son. Pode resultar nunha gráfica tridimensional que representa a enerxía do contido frecuencial do sinal segundo vai variando esta ao longo do tempo. Obtense a través do espectrómetro.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

É usada para identificar sons fonéticos e procesos da fala. Poden servir para axudar a corrixir trastornos da linguaxe e para axudar a aprender a falar a persoas xordas.

Dentro do campo artístico, foi usado na música electrónica, para crear un sinal acústico a partir dun espectrograma feito cunha imaxe deseñada ou arbitraria. Tamén serve para modificar a intensidade de diferentes frecuencias ou crear novos sons musicais a partir doutros xa existentes.

É usado en sistemas de detección como o radar e o sonar.

Algúns espectrogramas analóxicos foron aplicados no estudo do canto dos paxaros e doutras especies para estudar a modulación de frecuencia da comunicación animal.

Tamén se empregan no campo da sismoloxía.

Espectograma en 3D dun anaco dunha peza musical.

O formato máis común consiste nun gráfico con dous eixos, o horizontal representa o tempo, mentres que o vertical representa a frecuencia. Pódese engadir unha terceira dimensión que indique a amplitude nun tempo e frecuencia concretos, indicándose a intensidade en cada punto, ou mediante cores.

Hai moitas variedades de formato. Os eixos vertical e horizontal pódense permutar, correndo o tempo horizontalmente. Ás veces a amplitude represéntase mediante a altura dunha superficie en tres dimensións. A frecuencia ou a amplitude poden ser indicadas linear ou logaritmicamente, dependendo de para que se use o espectograma. No son normalmente emprégase un eixo logarítmico para a amplitude (probablemente en db), e a frecuencia represéntase de xeito linear para salientar os harmónicos e de xeito logarítmico para o ton fundamental.

  1. "espectrograma" en digatic.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy