Saltar ao contido

Euritión (centauro de Hipodamía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O centauro Euritión intenta raptar a Hipodamia mentres Pirítoo (á esquerda) e Teseo (á dereita) a defenden (detalle dunha crátera de figuras vermellas, c. 350-340 a.C., Museo Británico)

Euritión (ou Éurito) foi un centauro que intentou violar e raptar a Hipodamía e resultou morto a mans de Teseo

Pirítoo e Hipodamía celebraron a súa voda e invitaron, entre outros, ós centauros, cos que ela tiña unha relación de parentesco. Os centauros (disque por non estar afeitos ó viño sen augar) terminaron emborrachándose [1] e atacando á noiva e ós invitados. Euritión encabecou a liorta arrastrando a Hipodamía dos cabelos, mentres que o resto dos centauros se abalanzaron sobre as outras invitadas e mesmo sobre os homes mozos presentes.

Os centauros chegan con presentes á voda de Hipodamía

Os compatriotas de Pirítoo, os lapitas, ós que se uniu Teseo, amigo de Pirítoo, saíron en defensa das súas mulleres e comezaron unha forte loita contra os centauros (loita coñecida como Centauromaquia), que rematou coa morte de moitos deles e a fuxida do resto.

"Porque a ti, o máis bestial dos bestiais centauros, Éurito, ardíache o corazón tanto polo viño como pola visión da noiva, e reinaba unha embriaguez que duplicaba a luxuria. De socato... a acabada de casar é raptada pola forza, agarrada polos cabelos. Éurito colle a Hipódame; os demais, a que cada un gustaba ou podía... Por azar había alí preto unha antiga crátera con altos relevos; lévántaa o fillo de Exeo [é dicir, Teseo] , erguéndose máis enorme do que de por si era, e lánzaa contra o rostro do seu adversario. Este, vomitando pola ferida e pola boca callóns de sangue, miolos e viño, de costas sobre a area enchoupada, patexaba".
(Ovidio: Metamorfosis XII 219-239)
  1. Os centauros tiñan sona de seren personaxes salvaxes, luxuriosos, violentos cando estaban borrachos, como resultaba habitual neles, excepto Folo e Quirón, os dous únicos centauros sabios e rectos.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, 210-458 [a numeración segue a utilizada neste texto].
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy