Eusko gudariak
O Eusko gudariak (orixinalmente "Euzko gudariak", que en galego se traduce como «soldados vascos») é unha canción tradicional vasca.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi escrita en 1932 por José María de Garate, entón presidente do Partido Nacionalista Vasco, baseándose na melodía de «Atzo Bilbon nengoen» (Onte estaba en Bilbao), unha canción tradicional arabesa. A letra foi modificada durante a guerra civil por Alejandro Lizaso Eizmendi[1] que lle engadiu a estrofa final para darlle un aire máis triunfante e combativo.
Durante a guerra civil e o período de ditadura franquista adquiriu status de himno do País Vasco, aínda que o goberno Vasco de 1936 designara a melodía de Eusko Abendaren Ereserkia como tal. En 1983, cando se instituíron a bandeira e himno oficial da comunidade autónoma do País Vasco o Eusko Gudariak foi unha das melodías que se barallou para realizar esa función (as outras eran Gernikako arbola e o Eusko Abendaren Ereserkia (melodía do Gora ta gora) que finalmente foi o elixido). De todos os xeitos o Eusko gudariak segue estando considerado por algúns sectores da sociedade vasca, particularmente os vinculados á esquerda abertzale, como himno vasco e úsase deste xeito nos seus actos oficiais.
A canción foi publicada en discos por coros e grupos como Pantxoa eta Peio ou unicamente coa súa música, como é o caso da edición de cancións da república e da guerra, como o título publicado en 1982 polo PSOE A Internacional.
Incidentes de Guernica
[editar | editar a fonte]O 5 de febreiro de 1981, un grupo de máis de 30 representantes electos de Herri Batasuna cantou o «Eusko Gudariak» durante a visita do Rei Xoán Carlos I á Casa de Xuntas de Gernika, no que foi a súa primeira viaxe oficial ao País Vasco desde que foi coroado. Cando o Rei estaba realizando o seu discurso, os deputados abertzales interrompérono cantando, co puño no alto, o «Eusko Gudariak». O resto de deputados intentou acalalos con aplausos cara ao monarca[2], ata que, finalmente, foron sacados limpamente pola Ertzaintza, sen o menor incidente destacable, da Casa de Xuntas.
Letra da versión de Alejandro Lizaso Eizmendi
[editar | editar a fonte]
Eusko Gudariak gara Irrintzi bat entzun da Faxistak datoz eta Eusko Gudariak gara |
Somos soldados vascos Sentiuse un irrintzi Contra os fascistas Somos soldados vascos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morto na guerra en 1936 Arquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Patricia (2000), Un rei golpe a golpe, Arakatzen, pp. 176-179. ISBN 84-95659-10-7