Saltar ao contido

Explorer 33

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 33 / IMP-D / AIMP-D / AIMP-1
Maqueta de IMP-D.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento1 de xullo de 1966, 16:02 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta E[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do medio interplanetario.[2][6]
NSSDC ID1966-058A
Masa212,0 kg[5]

Explorer 33, tamén coñecido como IMP-D (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform D) e como AIMP-1 (Anchored Interplanetary Monitoring Platform 1), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 1 de xullo de 1966 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 33 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas, os campos magnéticos e os raios X solares a distancias lunares.[2][5][6]

A nave estabilizábazase mediante xiro, cun período de entre 2,2 e 3,6 segundos e co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. Explorer 33 foi inxectado nunha órbita inicial de 435.425 km de apoxeo e 15.900 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 28,69 graos e un período de 8540,0 minutos. Nos cinco anos de duración da misión tanto o perixeo como a inclinación orbital variaron substancialmente.[1][3][6]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 33 (AIMP-D)" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Explorer 33" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 19 September 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (65-19401): 2. 5 de outubro de 1966. A/AC.105/INF.144. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 33 / AIMP D" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP D, E (LAIMP 1, 2)" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy