Saltar ao contido

Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FARC»)
Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia
Logo
AcrónimoFARC, FARK e РВСК-АН
Tipomovemento guerrilleiro e organización terrorista
IdeoloxíaMarxismo-leninismo e Bolivarianismo
Data de fundación1964
Data de disolución2016
Presidente/aTimoleón Jiménez (pt) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
PaísColombia
Na rede
BNE: XX192035
editar datos en Wikidata ]

As Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) son un grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia.[1][2][3][4][5] Son consideradas un grupo terrorista tanto en Colombia como a nivel internacional. As FARC operan en Colombia e na zona fronteiriza con Venezuela. Participan no conflito armado colombiano dende a súa conformación oficial en 1964 e eran dirixidas por un secretariado de sete membros[6] que estivo baixo o comando de Pedro Antonio Marín, coñecido polos alias de Manuel Marulanda Vélez ou Tirofijo até o seu falecemento en marzo de 2008 por causas naturais. Dende entón, o seu líder en xefe foi Guillermo León Sáenz alias Alfonso Cano até que foi dado de baixa polo Exército de Colombia o día 4 de novembro de 2011.[7] O 15 de novembro, a organización confirmou por medio dun comunicado que o seu novo Comandante en xefe era Rodrigo Londoño Echeverri, alias «Timochenko» ou «Timoleón Jiménez».[8][9][10]

As orixes das FARC son anteriores a 1964, ano no que o daquela presidente Guillermo León Valencia decidiu bombardear Marquetalia, un lugar onde estaba asentado un grupo de homes, mulleres e nenos labregos liberais e comunistas. Estes lugares foron denunciados como repúblicas independentes.[11]

As súas accións consistían no narcotráfico, guerra de guerrillas, minaría ilegal, así como técnicas terroristas como a implantación de minas antipersoa, o asasinato de civís, membros do goberno, policías e militares,[12] o secuestro con fins políticos ou extorsivos,[13] atentados con bombas e armas non convencionais (cilindros de gas, animais bomba),[14] actos que provocaron desprazamentos forzados de civís,[15] recrutamento de menores, destrución de pontes e estradas por medio de bombas con dinamita, ademais de destrución de estacións de policía e as casas dos civís que se atoparan preto. Segundo as Nacións Unidas, as FARC e o ELN son responsables do 12 % dos asasinatos de civís do Conflito armado en Colombia.[16]

Contra o ano 2010, estimábase que as FARC tiñan presenza e exercían a súa influencia nalgunhas zonas de 24 dos 32 departamentos de Colombia[17] sobre todo no sur e leste do país, concretamente en Putumayo, Tolima, Nariño, Cauca e Valle del Cauca.[18] O goberno de Colombia reportou a existencia de operacións militares e campamentos nos países que teñen fronteira con Colombia, como Venezuela,[19][20] Ecuador,[21] Panamá[22] e o Brasil.[22]

O seu número de efectivos varía segundo as fontes. No 2001, estimábanse até en 16 000,[23] pero despois das derrotas sufridas posteriormente, o grupo viuse minguado. Porén, malia o debilitamento por mor da morte dos seus principais líderes, as Forzas Militares de Colombia a través do sector Defensa, e a Consultora en Seguridade e Defensa Decisive Point aseguran que dende 2010 as FARC perdera preto de 2 300 homes. Grazas á presión das forzas estatais colombianas, o grupo armado pasou de ter 10 100 hombres a 7 800.[24] Segundo un informe de Human Rights Watch, entre o 20 e o 30% son menores de 18 anos, moitos dos cales recrutados pola forza.[25]

O 23 de xuño de 2016, despois de case catro anos de diálogos entre o goberno colombiano e as FARC-EP desenvolvidos na Habana (Cuba), declarouse o remate das accións militares de ámbolos dous bandos ademais da desmobilización, entrega de armas e reinserción na vida civil dos militantes do grupo subversivo, sendo a fin das FARC como organización insurxente e alzada en armas.[26][27]

  1. "Las vidas de tirofijo" (PDF). farc-ep.co. 11 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  2. "Cese el Fuego" (PDF). farc-ep.co. 11 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  3. "Ciro. Páginas de su vida" (PDF). farc-ep.co. 11 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  4. ""Tenemos el marxismo como guía y no como dogma": Farc". El Tiempo. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  5. "FARC - Intereses políticos". umng.edu.co. 15 de decembro de 2001. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  7. "Confirman que 'Tirofijo' está muerto". El Espectador. 24 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2008. Consultado o 24 de maio de 2008. 
  8. "'Timochenko' es el nuevo jefe máximo de las FARC". semana.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  9. "Timochenko, nuevo jefe máximo de las FARC". bbc.co.uk. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  10. "Las FARC nombran un nuevo líder y niegan sufrir un "derrumbe" en sus filas". cnn.com. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  11. "El origen de las FARC, la guerrilla más antigua de América Latina". El Comercio. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  12. "Polo Democrático Independiente (Risaralda) - Farc asesina civiles en el Huila". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  13. "Los secuestrados y sus familias". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  14. "Colombia — FARC responsable por atrocidades: Las FARC deben abandonar el uso de los cilindros de gas." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  15. "Más allá de la negociación: El derecho internacional humanitario y su aplicación a la conducta de las FARC" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2008. 
  16. http://www.ipsnews.net/2008/08/colombia-international-criminal-court-scrutinises-paramilitary-crimes/
  17. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  18. "Acciones armadas". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2007. 
  19. "Clarin - Colombia reitera que aportará pruebas sobre la presencia de líderes de las FARC en Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  20. Noticias Terra - Uribe entregó a Chávez datos sobre campamento FARC en Venezuela según radio
  21. BBC Mundo - Campamento de las FARC en Ecuador
  22. 22,0 22,1 "- La guerrilla colombiana se extiende a 5 países". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  23. «Profiles: Colombia's armed groups», en BBC News, 19 de novembro de 2007 (en inglés).
  24. "Artigo en El Tiempo". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 02 de setembro de 2016. 
  25. Informe de Human Rights Watch: «Colombia: Armed Groups Send Children to War», 22 de febreiro de 2005. Acceso á versión en liña do 1 de setembro de 2006 (en inglés).
  26. El Tiempo (23 de xuño de 2016). "Con apretón de manos, Santos y 'Timochenko' acuerdan fin de la guerra". 
  27. El Espectador (23 de xuño de 2016). "'Esto significa el fin de las Farc como grupo armado': Santos". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy