Fire (filme de 1996)
Aparencia
Fire | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Phāyar फायर |
Director | Deepa Mehta |
Produtor |
|
Guión | Deepa Mehta |
Intérpretes | |
Música | A. R. Rahman |
Fotografía | Giles Nuttgens |
Montaxe | Barry Farrell |
Estudio |
|
Distribuidora | Zeitgeist Films |
Estrea | Toronto: 6 de setembro de 1996 5 de novembro de 1998 |
Duración | 108 minutos[1] |
Orixe | India Canadá |
Xénero | Drama e romance |
Recadación | $501 533[2] |
Filme seguinte | Earth |
Na rede | |
Fire (en hindi: Phāyar, फायर) é un filme indio-canadense de 1996 escrito e dirixido por Deepa Mehta. Está protagonizado por Shabana Azmi e Nandita Das. É o primeiro título da "triloxía dos elementos" de Mehta, que foi seguido por Earth (1998) e Water (2005).
O filme está vagamente baseado na historia de Ismat Chughtai Lihaaf.[3] Foi un dos primeiros filmes de Bollywood en amosar explicitamente unha relación homosexual. Non foi estreado na India até 1998, e certos grupos organizaron protestas, desencadeando un debate sobre cuestións como a homosexualidade e a liberdade de expresión no país.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nandita Das como Sita
- Shabana Azmi como Radha
- Karishma Jhalani como Radha de nena
- Ramanjit Kaur como nai de Radha
- Dilip Mehta como pai de Radha
- Javed Jaffrey como Jatin
- Vinay Pathak como guía no Taj Mahal
- Kushal Rekhi como Biji
- Ranjit Chowdhry como Mundu
- Kulbhushan Kharbanda como Ashok
- Alice Poon como Julie
- Ram Gopal Bajaj como Swamiji
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (1 de outubro de 1998). "Fire (15)". Consultado o 30 de novembro de 2014.
- ↑ The Numbers (ed.). "Fire (1997) - Financial Information". Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ Gopinath, Gayatri (2005). Impossible Desires. Durham e Londres: Duke University press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fire na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)