Georgii Chicherin
Georgii Vasilevich Chicherin (ruso: Георгий Васильевич Чичерин), nado en Karaul o 12 de novembroxul./ 24 de novembro de 1872greg. e finado en Moscova o 7 de xullo de 1936 , foi un político e revolucionario ruso e ministro soviético de Asuntos Exteriores de 1918 a 1930.
De ascendencia nobre, espléndido representante da intelectualidade rusa do século XIX, traballou na súa mocidade nos arquivos do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso.[1][2] Contrario ao réxime tsarista, cooperou primeiro cos socialrevolucionarios antes de facerse socialdemócrata xa no exilio.[1] Bolxevique ao comezo das disputas internas do partido (POSDR), en 1905, tralo fracaso da revolución pasou a militar cos menxeviques.[1] Entre 1907 e 1914, como secretario da Oficina Central no Estranxeiro do POSDR, demostrou ser un crítico acerbo de Lenin e os seus seguidores.[1] Activo nos movementos socialistas de Europa occidental, acabou desilusionado polo conservadorismo e moderación destes e dos menxeviques.[1]
Estaba en Francia cando estalou a primeira guerra mundial e, tras pasar por Bélxica onde residía, fuxiu case inmediatamente a Gran Bretaña para escapar do avance alemán.[3] Tras un pasaxeiro apoio contraditorio á guerra, adoptou unha posición claramente internacionalista, contraria ao conflito.[4] Isto levouno a acercarse de novo aos bolxeviques, que sostiñan unha actitude similar.[5] Pasou a guerra ata 1917 en Gran Bretaña, onde tratou de propagar o internacionalismo antibelicista tanto entre a emigración rusa no país como entre os socialistas británicos.[6] Detido polo Goberno de Londres polas súas actividades contra a guerra, o novo Goberno bolxevique xurdido da Revolución de Outubro logrou a súa liberación a finais de 1917.[6]
Regresou a Rusia e foi nomeado primeiro vicecomisario –viceministro– de Asuntos Exteriores e, pouco despois, comisario –ministro–.[6] Artífice da expansión da Comisaría do Pobo de Asuntos Exteriores soviética ao longo da década de 1920, instrumento da defensa do sistema soviético durante eses anos, labrouse unha excelente reputación como diplomático entre os seus colegas europeos.[7] Combinou con habilidade os intereses tradicionais de Rusia como gran potencia coa defensa do socialismo e do sistema soviético; sen abandonar a meta da extensión do socialismo, propugnou un sistema de relacións pacíficas coas potencias occidentais, ao tempo que trataba de evitar unha alianza destas contra Rusia, enfrontándoas entre elas.[7] Contribuíu notablemente ao afianzamento do Goberno soviético durante o seu longo período á fronte da comisaría, de 1918 a 1930.[2] A pesar de non pertencer ao politburó do PCUS e de non decidir a política exterior da URSS, o seu estilo marcou esta ao longo da década na que encabezou o ministerio.[2] Desde o comezo do seu longo período á fronte do ministerio, forxou unha estreita relación de colaboración con Lenin, que lle permitiu enfrontarse á hostilidade dalgúns membros do partido.[8]
Entre 1921 e 1924, logrou que todas as grandes potencias –a excepción dos Estados Unidos– recoñecesen oficialmente ao Goberno soviético.[9] Consideraba a Alemaña clave para a política exterior soviética e acadou a cima da súa carreira diplomática ao asinar con esta en 1922 o Tratado de Rapallo, que puxo fin ao illamento da Unión Soviética entre as potencias e garantiu a neutralidade alemá en caso de conflito con elas.[2] Para Chicherin, a separación de Alemaña do resto de potencias favorecía a seguridade soviética.[10] Denodado opositor do imperialismo británico ao que consideraba o principal inimigo do Goberno soviético, tratou de minar o seu poderío fomentando os movementos nacionalistas anticoloniais en Asia, especialmente tralo fracaso da revolución en Europa a partir de 1923.[2] Suspicaz sobre as intencións dos vencedores da primeira guerra mundial respecto da URSS, preferiu apoiarse en Alemaña e rexeitou á Sociedade de Nacións, á que opuxo unha política de tratados bilaterais de neutralidade e non agresión.[11]
Gozou de maior autonomía entre a morte de Lenin en 1924 e o triunfo de Stalin nas disputas internas do Partido Comunista a finais da década de 1920.[11] Apartado da dirección efectiva da política exterior do país desde 1928 tanto pola súa enfermidade como polas súas discrepancias con Stalin, este relevouno á fronte da comisaría en 1930.[11] Enfermo e retirado completamente da política, finou en Moscova en 1936.[12]
Orixe familiar e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Georgii Chicherin naceu nunha familia[13][14] aristócrata de avoengo.[15][16][17] O seu antepasado Afanasi Chicherini chegara a Rusia en 1472 no séquito de Zoe Paleóloga[16] —sobriña do último emperador bizantino, Constantino XI—, que desposou ao duque de Moscova Iván III.[15] A familia desempeñara importantes cargos na administración do ducado.[15][16] Os membros máis famosos da familia viviron no século XIX: o avó de Chicherin, Nikolai Vasilevich, erudito e liberal, comprara a facenda de Karaul onde naceu o propio Chicherin.[18] Un dos seus fillos, tío de Georgii, foi Boris Nikolaevich, profesor de Dereito na Universidade de Moscova,[19] máis tarde alcalde desta cidade e liberal[16][17] oposto á autocracia.[18] O pai de Georgii, Vasilii Nikolaevich, seguiu a carreira diplomática[14] e casou coa baronesa Zhorzhina Egorovna Meindorf —membro dunha das familias máis antigas da nobreza rusa— durante a súa estancia como secretario da embaixada rusa no Piemonte[20] en 1859.[18][21] En 1865, destinado Vasilii Nikolaevich na embaixada de París,[20] naceu o primeiro fillo da parella, Nikolai.[22] A punto de ser nomeado embaixador nos Estados Unidos, un incidente cun familiar de Zhorzhina Egorovna fixo que Vasilii Nikolaevich abandonase a carreira diplomática e se retirase ás terras da familia en Tambov.[22][23] Vasilii Nikolaevich e a súa dona convertéronse en radstokisti, seguidores da seita evanxélica pietista[21][20] fundada por lord Radstock,[23] que rexeitaban entre outras cosas os duelos;[24] isto levou a Vasilii Nikolaevich a ter que negarse a baterse co familiar da súa esposa, o que lle deu fama de covarde.[22]
A familia instalouse na facenda de Pokrov, no uezd de Kozlov en 1859.[22] Chicherin naceu durante unha visita á casa do seu tío Boris en Karaul,[17] o 12 de novembroxul./ 24 de novembro de 1872greg..[22][16] A parella tivo un terceiro fillo, a irmá máis nova de Chicherin, Sofiia.[25] Chicherin mostrou desde neno unha gran capacidade intelectual,[24] fomentada polos seus pais e cuxo desenvolvemento facilitou a ampla biblioteca familiar.[25] Hábil cos idiomas —falaba inglés, francés, alemán, italiano, polaco e serbio ademais de ruso—,[26][17] interesouse desde moi novo pola [24][14] historia.[27] Dominaba, en efecto, os principais idiomas europeos e algúns asiáticos.[14][28] O ambiente familiar era intensamente relixioso,[29] característica acentuada tralo falecemento do pai de Chicherin en 1882.[23] O reformismo social da congregación á que pertencían os seus pais —motivo da súa disolución polas autoridades—, tamén o marcou intensamente.[30]
Estudos
[editar | editar a fonte]Neno solitario e con problemas para relacionarse cos da súa idade —non podía saír de casa sen permiso—,[31] ingresou no ximnasio de Tambov en 1884,[32] con doce anos.[33] Dous anos antes, perdera o seu pai, finado de tuberculose tras unha longa enfermidade.[33] Fascinado pola historia[34] e pola música clásica (en especial coas obras de Richard Wagner,[14] Beethoven e Mozart),[13] aprendeu a tocar o piano con notable habilidade e mantivo o gusto pola música toda a súa vida.[33] Bo estudante e de extraordinaria intelixencia, mostrou pronto un grande interese por aprender as máis diversas materias.[31] En 1886 a familia trasladouse a San Petersburgo, onde Zhorzhina Egorovna tiña estreitos contactos coa nobreza e podía dar mellor educación aos seus fillos.[33] Chicherin, destinado ao corpo diplomático a pesar do seu retraemento e rexeitamento da alta sociedade da capital,[26] ingresou nun ximnasio da capital, do que se graduou en 1891 con notas excelentes.[35] Matriculouse de inmediato na Facultade de Historia[14][17] da cidade onde de novo obtivo sobresalientes cualificacións e da que se graduou en 1895.[36] Malia isto, Chicherin mostrou pronto unha notable inquietude polo sentido da vida,[20] que o levou a afastarse do pietismo familiar e buscar unha filosofía que o orientase.[36][37] Con este fin, leu vorazmente obras de filosofía e política e, no outono de 1895, decidiu marchar a Europa occidental, aínda que a enfermidade da súa nai o obrigou a regresar a Rusia en 1897.[38][39]
Funcionario de Asuntos Exteriores
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1898, comezou a traballar na sección de arquivos do Ministerio de Asuntos Exteriores,[17][39][40][20] movido polo seu interese pola historia, o seu rexeitamento ao ambiente aristocrático que envolvía a carreira diplomática á que parecía destinado e a súa inseguridade vital.[41] Especializado pronto na diplomacia da época de Alexandre II,[42][20] escribiu unha longa biografía do seu ministro de Asuntos Exteriores Aleksandr Gorchakov, que nunca chegou a publicarse.[41]
Cada vez máis afastado do ambiente aristocrático familiar —especialmente tralo falecemento da súa nai en 1897—,[43] instalouse preto da estación de ferrocarril de Tsarskoe Selo, unha zona relativamente modesta da capital.[44] Cada vez máis radical, entrou en contacto con células socialrevolucionarias[17] da cidade,[45] para as que ocultou escritos ilegais no seu piso.[44] Cada vez máis, dedicou o seu tempo libre ao estudo de obras revolucionarias, en especial as de Karl Marx e Friedrich Engels.[44] Temendo que a policía acabase por descubrir os seus contactos cos revolucionarios e desexoso de coñecer as últimas obras revolucionarias europeas, na primavera de 1904 decidiu solicitar unha excedencia do ministerio e marchar de novo a Europa occidental.[44][46] A isto uníase a súa mala saúde física e mental, que requiría un tratamento do que non podía dispoñer en Rusia.[42][nota 1] Oficialmente, Chicherin partiu a Alemaña[17] como un simple funcionario en baixa por enfermidade para recibir tratamento.[42]
Revolucionario no exilio
[editar | editar a fonte]Disensións no POSDR
[editar | editar a fonte]Aínda que a estancia en Europa occidental debía ter sido curta, Chicherin non volveu a Rusia ata xaneiro de 1918.[47][42] En 1904, influído pola educación pietista e o inconformismo dos seus pais e polas súas propias inquietudes que o levaban a abandonar unha posición social privilexiada e adicarse a poñer remedio as inxustizas sociais de Rusia, entregouse á causa da revolución socialista na súa versión marxista.[48]
Logo de completar uns cursos na Universidade de Bonn,[49] instalouse en Berlín en 1905 e afiliouse á corrente bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (POSDR).[50][51] En Bonn estableceu contactos tanto cos revolucionarios rusos exiliados como cos socialdemócratas alemáns, en especial, coas súas xuventudes, presididas por Karl Liebknecht —do que se fixo amigo—[17] e enviou obras propagandísticas ao seu superior no ministerio, favorable ás reformas políticas.[52] En 1905, insatisfeito cos socialrevolucionarios, converteuse en socialdemócrata,[17] ideoloxía que mantivo o resto da súa vida.[53]
Ao estoupar a Revolución de 1905, dispúxose a regresar a Rusia ilegalmente para participar nela.[54] A súa mala saúde, empeorou, e impediulle emprender a viaxe e permaneceu en Alemaña colaborando coas xuventudes socialistas alemás do SPD, recadando fondos para o POSDR e servindo como secretario da asociación de estudantes universitarios rusos no país.[54][55] Como aínda se descoñecía a súa pertenza ao movemento revolucionario, puido seguir utilizando a valixa diplomática da embaixada en Berlín para enviar obras revolucionarias a Rusia.[56] En 1904, cando aínda estaba en Bonn,[52] Chicherin herdara as propiedades do seu famoso tío Boris Chicherin na rexión de Tambov, pero rexeitou[19] a facenda.[54][nota 2] Por outra banda, entregou o herdado dos seus pais ao partido, necesitado de fondos.[54] Vivindo de xeito modesto, empregaba a maior parte do seu diñeiro nas actividades do POSDR, cuxo V Congreso (1907) financiou xenerosamente.[54]
Activo en actividades de propaganda, utilizou como moitos outros revolucionarios diversos pseudónimos para despistar á Okhrana[54] Opoñíase á división do partido en fraccións e nomeárono en xaneiro de 1907 secretario da Oficina Central no Estranxeiro (ZTsB), un novo organismo fundado tralo IV Congreso para fomentar a cooperación entre as distintas correntes e mantelas ao tanto da actividade en Rusia.[58][59] Aínda que tivo un papel relevante na preparación do V Congreso, non destacou nas súas sesións, ás que asistiu a pesar de non ser un dos delegados.[58][60] Coñeceu alí a Lenin, do que se foi separando paulatinamente en 1907-1908 e ao que consideraba principal causante da división interna da organización.[58][61] Pouco a pouco, Chicherin foi achegándose aos menxeviques,[13] cos que compartía a visión da estratexia que debía adoptar o POSDR —axitación entre os obreiros para ampliar a base do partido pese á represión crecente— e o rexeitamento ás tácticas bolxeviques para lograr financiamento —que incluían roubos de bancos e oficinas de correos—.[62][63] Ao estoupar o grande escándalo polo atraco ao banco de Tbilisi de 1907, que acabou co arresto de numerosos axentes bolxeviques grazas á delación dun policía infiltrado e coa intervención do SPD —que estaba subministrando sen sabelo papel para falsificar moeda rusa—,[nota 3] o ZTsB quedou encargado da investigación interna do partido sobre as «expropiacións» bolxeviques, teoricamente prohibidas polas mocións aprobadas nos dous últimos congresos do POSDR.[65][66] A vitoria de Lenin no V Congreso permitiulle, porén, poñer fin ás investigacións e someter a ZTsB,[nota 4] controlada polos seus adversarios menxeviques, a un novo organismo que herdou gran parte das súas prerrogativas: a Oficina no Estranxeiro (ZB), encargada de representar ao Comité Central —dominado polos bolxeviques— ante as organizacións no estranxeiro, coordinar a actividade clandestina fóra de Rusia e manter o contacto cos membros do Comité Central aínda en Rusia.[68][69] O escándalo do roubo de Tbilisi e a posterior investigación culminaron a ruptura de Chicherin cos bolxeviques e o seu achegamento aos menxeviques,[70] fracción á que pertenceu os sete anos seguintes.[71] Chicherin e a ZTsB negáronse a acatar as decisións do Comité Central e formaron un novo organismo o Comité Organizativo (1 de setembro de 1908), para preparar un novo congreso das organizacións socialistas rusas no exilio, que reuniu en decembro a vinte e catro das trinta e unha das que traballaban coa ZTsB —a maioría baixo control menxevique— e aprobou o rexeitamento desta á decisión do Comité Central.[72] A ZTsB independizouse do Comité Central, Chicherin foi reelixido secretario e entre 1909 e 1913 continuou coa súa tarefa de enlace entre as diversas organizacións rusas no exilio e de sustento dos emigrados socialistas en situación de penuria.[73] Os intentos de reconciliación entre o Comité Central e o ZTsB fracasaron pola intransixencia das dúas partes.[70]
Despois de ser detido brevemente en xaneiro[74] cando asistía a unha reunión clandestina do POSDR no piso dun destacado socialdemócrata alemán e ser multado por portar documentación falsa en Berlín,[75][70] mudouse a París[13] en 1908, tanto para evitar a vixilancia policial, que se redobrara, como para estar máis preto da xunta editorial do diario menxevique Golos sotsial-demokrat.[76] Antes de París instalouse, expulsado pola policía prusiana, primeiro en Saxonia[70] e despois en Suíza.[75] En París continuou traballando como secretario da ZTsB e das asociacións estudantís marxistas rusas en Europa occidental.[77] Como secretario da ZTsB, levou a cabo unha intensa tarefa de organización e de financiamento dos emigrados rusos, con notable habilidade.[78] Os varios intentos de reconciliar a ZTsB co Comité Central do POSDR fracasaron dado o rexeitamento tanto de bolxeviques como de menxeviques a ceder —o Comité Central esixía o sometemento da organización e a metade dos seus fondos, os menxeviques negábanse a subordinárense ao Comité Central controlado polos seus adversarios—.[79]
Durante a ruptura final do POSDR entre 1910-1912 —que non[80] desexaba—, permaneceu cos menxeviques,[80] malia o seu rexeitamento dos liquidacionistas, oposto á subordinación das organizacións locais e de emigrados ao Comité Central, como propugnaba Lenin.[76] Durante estes anos, traballou estreitamente con Iulii Martov, un dos principais dirixentes menxeviques do momento.[81]
O desencanto[82] de Chicherin cos movementos socialistas de Europa occidental —que consideraba pouco orientados á revolución,[83] excesivamente moderados e, no caso alemán, burocratizado—[84] tamén influíu no seu afastamento paulatino dos menxeviques.[85] Aínda que continuaba discrepando con Lenin sobre o centralismo democrático e a falta de autonomía das organizacións locais respecto do Comité Central, distanciábase dos menxeviques, aos que vía demasiado tolerantes cos liquidacionistas.[85][86]
A primeira guerra mundial: de novo bolxevique
[editar | editar a fonte]A primeira guerra mundial precipitou o regreso de Chicherin á corrente bolxevique.[85][87] Encontrábase en Lille cando estalou a contenda, onde tratou en van de axitar contra a guerra xunto coa organización xuvenil socialista local, pero trasladouse decontado a Bruxelas —onde fixara a súa residencia pouco antes do comezo da contenda—, de onde fuxiu cando os alemáns invadiron Bélxica[85][3] Instalouse entón en Londres,[13][88][20][17] onde residiu até o seu arresto polas autoridades británicas en agosto de 1917.[85]
Cando estalou o conflito mundial, adoptou unha posición próxima ao «socialpatriotismo» de Georgii Plekhanov, a pesar de rexeitalo formalmente: consideraba que o imperialismo franco-británico era máis democrático e preferible ao alemán,[88] máis retrógrado e feudal, aínda que a alianza da Rusia tsarista con británicos e franceses minaba a coherencia da posición.[89][90] Xustificaba a participación desta na guerra como necesaria para a defensa do país fronte á agresión alemá.[89] A principios de 1915, porén, cambiou completamente de actitude sobre o conflito, abandonando completamente o defensismo, e ingresando nas filas dos socialistas internacionalistas, que consideraban que só o triunfo do socialismo podía poñer fin á guerra.[89][88][4]
Xunto a outros destacados socialistas, participou en Nashe Slovo (Noso mundo), que publicaban Vladimir Antonov-Ovseenko e Trotski en París, un xornal internacionalista.[13][91][88][92] Cando as autoridades francesas expulsaron do país a Trotski en setembro de 1916, Nashe Slovo deu paso a Nachalo (O comenzo), no que Chicherin tamén contribuíu de xeito habitual.[91][92] A conversión ao internacionalismo[17] causou a multiplicación da súa actividade revolucionaria.[91] Desilusionado cos dirixentes dos partidos socialistas europeos, que cría que enganaban ao proletariado colaborando na guerra, avogaba por unha ruptura total con estes elementos e a favor da creación de novos partidos revolucionarios que se opuxesen con decisión ao conflito: a súa posición era practicamente igual[17] á de Lenin.[93][94]
En Gran Bretaña levou a cabo unha intensa campaña en contra da guerra, opoñéndose en especial aos plans británicos para recrutar os exiliados rusos ou deportalos a Rusia,[95] que denunciou como unha grave infracción do dereito de asilo.[96] As actividades das asociacións socialistas nas que Chicherin traballaba frustraron os intentos do Goberno británico por recrutar voluntarios rusos.[97][98] A comezos do inverno de 1916, apenas catrocentos rusos dos trinta mil residentes no país se presentaron voluntarios para loitar na contenda, segundo escribiu Chicherin en Nachalo.[96][95][99] Os seus esforzos para facer fracasar o recrutamento obrigatorio —imposto en Gran Bretaña en xaneiro de 1916—, pola contra, fracasaron.[100][101][102] Chicherin tivo que afrontar as hostilidades do Goberno británico polas súas actividades contra o réxime tsarista e a guerra.[101][103] En decembro de 1915, foi arrestado brevemente.[104] A Revolución de Febreiro desbaratou o acordo ruso-británico acadado pouco antes para deportar a Rusia os exiliados que se negasen a alistárense no Exército británico.[96][105][106] A fin da monarquía mudou completamente a situación: os exiliados comezaron a esixir a súa volta inmediata a Rusia e formouse un novo comité para facilitar o proceso; Chicherin foi elixido secretario.[107][108] O comité presidíano o futuro diplomático soviético Ivan Maiskii e participaba tamén Maksim Litvinov, subordinado e logo sucesor de Chicherin na Comisaría do Pobo de Asuntos Exteriores.[107] Ao tempo que trataba de organizar o regreso dos exiliados, en especial dos opostos á guerra, cada vez máis numerosos pola chegada doutros exiliados do resto de Europa,[109] continuaba coa axitación contra o conflito mundial.[110][111] Chicherin mantivo firmemente o seu internacionalismo e oposición rotunda á guerra mundial e non se converteu ao novo defensismo revolucionario que avogaba pola continuación de Rusia na guerra xustificándoa como necesaria para defender a revolución.[112]
O Goberno británico ameazouno con arrestalo se non regresaba a Rusia, pero Chicherin desoíu a advertencia e decidiu continuar coa organización da repatriación dos seus compatriotas, outorgando prioridade aos internacionalistas, para desgusto da embaixada rusa.[113][114] O Goberno londiniense reaccionou deténdoo[20] o 22 de agosto, acusándoo de actividades proalemás e contrarias aos Aliados e encerrándoo[115] no cárcere de Brixton.[116][117][118][14][17] Chicherin tivese permanecido aprisionado de non ser pola intercesión do novo Goberno soviético xurdido da Revolución de Outubro:[17] Lev Trotski, novo comisario (ministro) de Asuntos Exteriores, esixiu a liberación de Chicherin e doutros internacionalistas encarcerados en Europa occidental.[119][120][121][14] O Goberno británico negouse a liberalo,[121] pero o 3 de decembro Trotski ameazou ao exembaixador George Buchanan con reter os cidadáns británicos en Rusia se non se soltaba aos socialistas arrestados e logrou o seu propósito:[122][20] o día 14, Londres anunciou a pronta repatriación de Chicherin —acabado de ser nomeado por Trotski embaixador en Gran Bretaña—[123] e outro correlixionario.[119][124] Foi posto en liberdade o 3 de xaneiro[125] e pasou en barco de Aberdeen a Bergen; desde alí cruzou Escandinavia e chegou á capital rusa o 19 de xaneiro[17] de 1918.[119][126] Recibido como un heroe polo Goberno, participou no III Congreso Soviético.[119][127] De inmediato, afiliouse ao Partido Bolxevique.[128][129][17]
Ministro de Asuntos Exteriores
[editar | editar a fonte]Vicecomisario de Asuntos Exteriores e relación cos dirixentes bolxeviques
[editar | editar a fonte]Incluso antes da súa chegada a Petrogrado o 19 de xaneiro de 1918, Lenin, presidente do Sovnarkom e Trotski, comisario de Asuntos Exteriores,[130] xa decidiran[20] que traballase nesta comisaría.[131] O seu coñecemento de numerosos idiomas,[20][17] a experiencia[20] no ministerio anterior ao seu exilio e a súa excelente formación permitíronlle obter o posto de vicecomisario[14][17] interino de Asuntos Exteriores o 21 de xaneiro, cargo con considerable responsabilidade[132] xa que Trotski se encontraba enfrascado nas negociacións de paz cos Imperios Centrais en Brest que levaron á firma do Tratado de Brest-Litovsk.[131][133] Pouco interesado[133] nunhas actividades que consideraba superfluas pola inminencia da revolución internacional e requirido para organizar as forzas bolxeviques na guerra civil, Trotski abandonou o ministerio para encargarse da Comisaría de Defensa o 8 de marzo dese ano; Chicherin pasou de inmediato a ocupar[130] o seu posto interinamente e de forma definitiva o 30 de maio.[14][131][134]
A pesar das dúbidas de moitos dos seus novos correlixionarios sobre a fidelidade de Chicherin aos bolxeviques polo seu pasado menxevique, Lenin confiaba nel polo seu decidido internacionalismo e aceptou de bo grado o seu ingreso no partido.[135] Menos independente no seu labor que Trotski,[134] Chicherin demostrou pronto ser un subordinado leal e un dos principais diplomáticos do momento.[135] As liñas do ministerio, non as marcaba Chicherin, senón a dirección do partido: primeiro o Comité Central e posteriormente, o politburó controlado por Lenin.[135] En ocasións, o politburó e o propio Lenin salaiaban a actividade da comisaría e actuaban pola súa conta en política exterior.[135] Pese a isto, Chicherin fixo amizade con Lenin, co que mantivo estreitas relacións entre 1918 e 1921, cando a enfermidade deste lle impediu seguir desenvolvendo a súa actividade política.[136][137] Con escasos contactos co resto do politburó, quedou practicamente illado deste —centro de decisións da política exterior soviética— máis tarde, coa chegada ao poder de Stalin.[136] Aínda que non decidía a política exterior do país —nunca foi membro do politburó e ingresou no Comité Central do partido tardiamente, no XIV Congreso de 1925,[138] posto que revalidou no seguinte congreso en 1927—, outorgoulle un estilo característico e contribuíu ao prestixio da diplomacia soviética.[136] Socialista entregado e dilixente traballador a prol da consolidación do sistema soviético, gañouse a admiración dos bolxeviques.[136] A mediados da década, morto Lenin e co poder aínda en disputa entre os distintos dirixentes, chegou o momento de maior influencia de Chicherin nas decisións sobre política exterior, xa que o politburó o consultou en diversas ocasións.[136]
As súas primeiras tarefas foron a organización[14][17] da comisaría para que se dedicase á diplomacia tradicional en vez da axitación revolucionaria —á que se enfocara orixinalmente dado o estendido convencemento da inminencia da revolución europea—[139] e a creación de diversas publicacións oficiais.[140] Un dos principais portavoces do ministerio, contribuíu a miúdo con artigos sobre política exterior noutras publicacións como Izvestia ou Pravda.[140] A comisaría necesitaba de persoal cualificado e experto en organización como o caso de Chicherin, xa que a maioría dos antigos funcionarios do ministerio se negaron a traballar para os bolxeviques.[141][138]
Características do comisario
[editar | editar a fonte]Moi culto, cortés, de modos exquisitos e con soltura no trato con aristócratas —abundantes na diplomacia europea da época—, estas virtudes de Chicherin resultaron tamén importantes, xunto co seu intenso socialismo, para que Lenin o elixira como comisario de Asuntos Exteriores.[142] Sempre educado, compasivo e considerado cos demais, gañouse a estima dos traballadores da comisaría, a pesar das súas rarezas e da súa exixencia no traballo.[143] Os seus colegas estranxeiros tiveron que admitir a súa grande erudición, amplo coñecemento de idiomas e da historia europea e aptitude para a escritura, que Chicherin mostraba nos documentos diplomáticos que ditaba case a todas horas.[144]
Extraordinariamente traballador,[145][29][146][17] apenas descansaba e tiña un horario de traballo peculiar, conservado do seus tempos de exilio: acostumaba traballar de noite, deitarse ao alba e levantarse pasado o mediodía.[142][147] Non era raro que convocase reunións ou consultase aos seus subordinados de madrugada.[142][29][146] Debido aos seus problemas de insomnio,[146][17] tampouco era raro que traballase máis de vinte e catro horas sen durmir.[148] Entregado case por completo ao traballo —non tiña practicamente vida privada—,[149][150] carecía de relacións fóra do ministerio e de adicións, salvo a música.[142] A súa enorme capacidade de traballo e a súa sobresaínte memoria[151][29][17] ían acompañadas por unha gran dificultade para delegar[152][29][17] tarefas e unha notable desorde: o seu escritorio era un mar de papel que se estendía polo resto do mobiliario do despacho.[144]
Solteiro,[153] vivía nun modesto cuarto próximo á sede do ministerio —ata 1922, as plantas superiores do antigo hotel Metropole—,[154] para poder acudir rapidamente ao seu despacho en canto fose necesario.[142] Ao resto de excentricidades unía a súa indiferenza total cara á vestimenta,[29] que chocaba aos seus visitantes.[155] Alto pero curvado, de novo fora delgado, pero a falta[153] de exercicio fíxolle ir gañando peso coa idade.[155] Negábase a facer exercicio e rara vez abandonaba o ministerio ou o seu piso se non era para comprar partituras ou realizar algunha xestión oficial.[155][153] O seu modo de vida coadxuvou para que tivese mala saúde, aínda que na súa hipocondría[29] a miúdo esaxeraba as doenzas; a finais da década de 1920, contraeu diabetes polineurite.[156] Era homosexual e algunhas das referencias á súa mala saúde e visitas de tratamento a Alemaña eran en realidade referencias á súa tendencia sexual.[157] As súas relacións con outros homosexuais, habituais antes do seu retorno a Rusia en 1918, cesaron case por completo ao tomar as rendas do Ministerio de Asuntos Exteriores.[158] A partir de 1925, as autoridades soviéticas enviárono a unha serie de clínicas para tratar de curar a súa homosexualidade —considerada por entón un trastorno—, en van.[159]
Reservado, introvertido, modesto e tímido,[29] prefería as reunións privadas e as negociacións calmadas ás recepcións oficiais e as reunións multitudinarias.[160][148] Do trato cos diplomáticos estranxeiros encargábase principalmente o seu lugartenente no ministerio, o vicecomisario Maksim Litvinov, co que non mantiña boas relacións.[161]
Relación co Comintern
[editar | editar a fonte]Moi cedo, a Comisaría de Asuntos Exteriores asumiu tarefas de axitación e propaganda en favor da extensión da revolución.[162] A necesidade de manter relacións diplomáticas cos demais países,[163] porén, aconsellou separar estas tarefas das diplomáticas e asignarllas a outra organización, a Internacional Comunista (Comintern), fundada en 1919.[162] Chicherin, propagandista de talento, participou[164][163] na súa fundación en marzo dese ano xunto con outros destacados comunistas rusos.[162] A existencia da organización, que Chicherin cría necesaria pola importancia que outorgaba á axitación e a da propaganda, púxolle en numerosas ocasións en situacións complicadas polas queixas dos Gobernos pola actividade do Comintern, que presentaba —incorrectamente— como allea[164] ao Goberno soviético e debida a individuos e partidos de todo o mundo.[165] O comisario de Asuntos Exteriores apoiaba a existencia do Comintern e a súa actividade a prol da revolución pero, ao mesmo tempo, sufría as súas consecuencias no seu labor de diplomático clásico.[166] Ante as protestas estranxeiras, tratou con escaso éxito de expoñer a separación[167] entre o Goberno soviético e a Internacional Comunista.[168] A primacía do Comintern ou da Comisaría de Asuntos Exteriores dependía da situación política en cada momento e variou co tempo, segundo o politburó considerou necesario, pero os instrumentos de ambas —a axitación e a diplomacia— utilizáronse nas relacións con outros países.[169]
Brest-Litovsk, a guerra civil e a relación cos países veciños
[editar | editar a fonte]Ao comezo, Chicherin opúxose á firma do Tratado de Brest-Litovsk, pero acabou acatando o criterio de Lenin de que era necesario aceptalo para protexer o goberno soviético do país; o 3 de marzo de 1918, rubricou[17] a paz cos Imperios Centrais como representante da Rusia soviética.[170][171] A expansión alemá polo sur do antigo imperio (en Ucraína, Crimea ou o Cáucaso), a vaguidade dos termos sobre as relaciones bilaterais ou os anexos firmados en agosto e que obrigaban a Rusia a realizar maiores cesións territoriais e a pagar unha grande indemnización desgustaron a Chicherin,[172] que tratou en van de lograr o interese dos empresarios alemáns no comercio con Rusia para contrarrestar a política imperialista dos militares.[170][173] Durante a primavera e ante as continuas agresións alemás, Chicherin continuou os contactos cos Aliados que xa comezara Trotski, como posible contrapeso á expansión xermana.[174] O acordo bilateral de maio —fundamentalmente unha serie de importantes concesións económicas—, no entanto, reduciu a tensión entre Moscova e Berlín e minguou a probabilidade de que o Goberno soviético solicitase axuda militar aos Aliados.[175][nota 5] Os intentos de evitar o despregue aliado en Rusia mediante concesións económicas similares, pola contra, fracasaron.[177]
Ao principio da intervención aliada na guerra civil rusa —aprobada polos mandatarios aliados o 2 de xullo—, aceptou o argumento dos Aliados da necesidade de manter unha fronte oriental contra Alemaña, pero pronto a percibiu como unha mera competición entre dous bloques capitalistas pola explotación semicolonial dos recursos rusos.[178] Esta rivalidade entre as alianzas enfrontadas na guerra mundial serviu a Chicherin para tratar de neutralizar as potencias e evitar que esmagasen ao Goberno soviético, aínda moi débil no militar.[179] Durante o verán, tratou en balde de mellorar as relacións cos Estados Unidos, a potencia menos disposta en aparencia a participar na intervención militar en Rusia.[180] O 2 de agosto e por orde de Lenin, chegou a solicitar a axuda militar alemá para desbaratar o que parecía unha grande invasión aliada que comezaba cun novo desembarco en Arkhangelsk, que Berlín non outorgou.[181] A finais do verán, a ruptura de relacións coa Entente era total a pesar dos esforzos de Chicherin e a hostilidade crecente levou a que tivese que interceder para evitar execucións de súbditos británicos e franceses pola cheka.[182] O final da guerra mundial coa firma do armisticio con Alemaña revelou, en opinión de Chicherin, a verdadeira natureza da intervención aliada, que xa non se podía xustificar pola necesidade de combater os Imperios Centrais.[178] Criticou con dureza o apoio dos Aliados ao Movemento Branco e tratou de facerlles abandonar os plans militares ofrecéndolles a cambio vantaxes comerciais.[183] Esfumada a perspectiva dunha revolución inmediata en Europa occidental —situación que Chicherin cría pasaxeira—, tratou de protexer e consolidar o sistema soviético forxando relacións políticas e económicas estables e duradeiras coas potencias capitalistas.[184] Para Chicherin, a salvagarda do Goberno soviético ruso era crucial para facilitar un posterior avance cara ao establecemento mundial do comunismo, que consideraba como único sistema que podía permitir a supervivencia da humanidade.[185] A diplomacia era un instrumento para lograr este fin.[185] Chicherin aplicou a táctica deseñada por Lenin de tratar de dividir[186] as potencias capitalistas.[185]
A mediados de 1919, porén, a situación diplomática rusa era moi grave: as conversacións con Polonia fracasaran durante a primavera;[187] os Estados Unidos, tras certos contactos que parecían prometedores, romperon as negociacións, asustados pola extensión do comunismo en Hungría e esperando o triunfo de Kolchak; o Goberno republicano de Berlín negouse a repregar ao Exército —que apenas controlaba— do antigo territorio ruso e a Entente tampouco mantiña representante ningún en Moscova.[188] Temporalmente, Chicherin, privado de contactos coa diplomacia estranxeira, retomou a propaganda revolucionaria.[189] A situación mellorou coas vitorias militares soviéticas do verán, que disuadiron parcialmente as potencias de continuar a intervención na guerra civil e favoreceron os contactos con Moscova.[190] Os resultados foron desiguais: mentres Londres se aveu a comezar a negociar, París mantivo a súa negativa a tratar con Chicherin.[191]
En 1919 e 1920, dirixiu as conversas de paz cos novos Estados veciños xurdidos da guerra mundial: as repúblicas bálticas, Finlandia e Polonia.[185] O establecemento de relacións amistosas entre estes países e Rusia, aínda que difícil de lograr polos receos daqueles cara a Moscova, complicaría calquera intervención estranxeira en Rusia e podía conducir incluso ao fin da intervención militar das potencias na guerra civil e o levantamento do bloqueo aliado a Rusia.[192] Estonia aceptou ao comezo a proposta de negociación de paz presentada por Chicherin o 31 de agosto de 1919, mentres que Lituania, Letonia e Finlandia rexeitaron outras similares presentadas o 11 de setembro.[193][194] As conversas de Pskov con Estonia interrompéronse temporalmente cando o país permitiu a invasión de Rusia polo Exército do Noroeste do xeneral branco Nikolai Iudenich, que estivo a punto de tomar Petrogrado.[193][195] Fracasada a incursión, Lenin prohibiu a persecución de Iudenich en Estonia, onde se refuxiara, e permitiu a Chicherin retomar as conversas de paz, que se retomaron en Tartu a comezos de decembro.[193][196] O 31 dese mes firmouse un armisticio e o 2 de febreiro de 1920, o Tratado de paz de Tartu.[193][197] Este, que prohibía a intervención dun país nos asuntos internos do outro e garantía que ningunha das dúas nacións recoñecería Gobernos rivais no outro, procedeu ao acordo comercial no que se rubricaron dous meses máis tarde[198] e serviu de modelo ao que máis tarde Rusia acadou con outras nacións.[193] O tratado poñía fin ademais ao illamento diplomático de Moscova.[193] Case ao mesmo tempo, en xaneiro, Gran Bretaña puxo fin ao bloqueo de Rusia —que ao comezo tratara de estender infrutuosamente coa axuda dos países limítrofes e Alemaña—[199] e pactou o intercambio de prisioneiros con Moscova (12 de febreiro).[193][200][nota 6] O 30 de xaneiro, rubricouse un armisticio de dous meses con Letonia.[193][198] De todos os países veciños europeos, Romanía —que tomara Besarabia durante a guerra civil— foi o único co que non houbo tratado e as relaciones permaneceron en tensión.[202]
Por outra banda, con Polonia mantíñase unha guerra esporádica que na primavera de 1920 estalou a pesar dos esforzos[203] de Chicherin por lograr un pacto con Varsovia e da oposición[204] británica a un enfrontamento polaco-soviético: os polacos invadiron Ucraína o 25 de abril e alcanzaron Kíiv o 6 de maio.[205] A contraofensiva soviética rexeitou as forzas de Józef Piłsudski até Varsovia,[206] onde este atinxiu unha rotunda vitoria que trasladou a fronte á liña Curzon.[205] Dada a imposibilidade de conseguir a vitoria militar tralos reveses do verán, Lenin indicou a Chicherin que retomase as conversas cos polacos, que levaron a un armisticio o 12 de outubro que incluíu as cláusulas principais do posterior tratado de paz,[207] firmado en Riga o 18 de marzo de 1921.[205] Ao contrario que os chamamentos aos obreiros europeos a alzárense en favor de Rusia na guerra, que fracasaron, as manobras diplomáticas de Chicherin si que lograron poñer en apuros aos polacos, que quedaron illados diplomaticamente na rexión: entre maio e xullo, logrou firmar acordos con Hungría, Austria e Letonia para intercambiar prisioneiros de guerra; o 12 de xullo firmou a paz con Lituania[206] e o 11 de agosto, con Letonia e o mesmo mes rubricou o armisticio con Finlandia, que precedeu á paz do 14 de outubro.[208][209] Os países bálticos, alarmados polo militarismo polaco, avíronse a pactar con Rusia; a habilidade de Chicherin ao presentar esta como líder do respecto á independencia dos pequenos Estados veciños e do establecemento de acordos diplomáticos e comerciais beneficiosos para ambas as partes facilitou os acordos.[208] O uso da antipatía lituana cara a Polonia tamén lle permitiu impedir a formación dun bloque de países dominado por Varsovia no Báltico.[202] A presentación case continua de propostas de paz aos polacos, aínda que estéril, granxeou ao país unha imaxe de pacifismo que contrastaba co expansionismo polaco.[nota 7][211] A guerra con Polonia puxo tamén fin á coalición antisoviética franco-británica:[212] os franceses apoiaron decididamente aos polacos e mantiveron a hostilidade ao Goberno de Moscova, mentres que os británicos abandonaron a intervención en Rusia e mostráronse dispostos a comezar a negociar cos soviéticos, especialmente trala firma dos diversos tratados de paz na rexión.[213] De novo, a habilidade de Chicherin para presentar o seu Goberno como defensor da paz e favorable a dirimir calquera diferenza mediante a negociación, tivo un notable impacto ao debilitar a posición dos partidarios de manteren a intervención militar en Rusia.[213][214] Os acordos cos países veciños —que seguiron sendo fundamentalmente hostís aos soviéticos a pesar deles— servían para protexer o país dunha nova intervención militar das potencias.[202]
A pesar destes éxitos menores, a situación do país a comezos da década de 1920 era grave: en Europa a esperada revolución non estoupara e os intentos de ter o apoio das colonias contra as metrópoles tampouco estaba dando froitos.[215] A ausencia da revolución mundial ben polo seu xurdimento nos países máis industrializados, ben pola debilidade do sistema imperial colonial deixaba a Rusia en apuros: carecía dos medios para recuperar a súa economía, arrasada pola guerra mundial e a civil.[216] Necesitada de créditos e do coñecemento técnico das potencias e desexosa de manter a súa seguridade ante posibles novas intervencións militares, tivo que adoptar unha política exterior menos belixerante.[217] A Rusia soviética tería que realizar concesións ás potencias capitalistas para sobrevivir e desenvolverse pero, de acordo á visión de Lenin, podería aproveitarse a competencia entre elas para obter a cambio mellores contrapartidas e esperar así o afundimento do sistema debido ás súas contradicións internas.[218] Non se descartaban alianzas tácticas con algunha potencia en contra doutra se resultaba conveniente e, xa desde finais de 1920, tiveron lugar os primeiros contactos con Alemaña, principalmente sobre asuntos militares de interese mutuo.[219] Chicherin, pola súa banda, encargouse de tratar de lograr acordos políticos con Berlín.[220]
Versalles, a relación con Alemaña e a Sociedade de Nacións
[editar | editar a fonte]Primeiros acordos coa Alemaña derrotada
[editar | editar a fonte]A dureza do Tratado de Versalles imposto polos vencedores a Alemaña permitiu a Chicherin —convencido de que o tratado non traería a paz a Europa, senón que facilitaría o comezo dun novo conflito—[221][222] albergar esperanzas de acadar un achegamento entre esta e Rusia, aínda que a posibilidade de que a revolución se estendese por aquel país produciu contradicións na actitude rusa ata 1923.[223] Utilizou o tratado ademais como un novo instrumento para dividir ás potencias, neste caso á derrotada Alemaña dos Aliados.[223][224] A república alemá respondeu favorablemente ás propostas soviéticas, xa que ambos os países se contaban entre os prexudicados polo sistema establecido trala guerra mundial, a pesar das pésimas relaciones bilaterais anteriores.[nota 8][226] Un posible acordo con Alemaña tería permitido, en opinión de Chicherin, mellorar a situación política e económica soviética: tería dificultado extraordinariamente unha nova intervención militar e permitido a obtención de créditos e de axuda técnica alemá.[227] Porén, os avances diplomáticos non foron tan rápidos como esperaban os soviéticos, a pesar do desgusto alemán polas cláusulas do tratado de paz.[228]
Durante o conflito con Polonia, Alemaña mantivo unha neutralidade favorable en realidade aos rusos.[229] Ao mesmo tempo, celebrábanse as primeiras conversacións que conduciron a un primeiro acordo en abril de 1920: un de intercambio de prisioneiros que establecía unhas oficinas para regulalo que serviron de primeiras sedes diplomáticas oficiosas.[229] O acordo xermano-soviético do 6 de maio de 1921 ampliou as competencias destas oficinas para incluír nelas o comercio bilateral e supuxo o recoñecemento oficioso de Rusia por parte de Berlín.[229][230] En outubro do mesmo ano e co obxectivo de reforzar as relacións económicas entre os dous países, o Goberno soviético enviou a Nikolai Krestinskii, primeiro como representante plenipotenciario e máis tarde como embaixador oficial.[229] Krestinskii secundaba a orientación pro-xermana de Chicherin e axudou a cimentar as relacións entre os dos países durante o seu longo período como embaixador.[229] Mentres que as negociacións con Alemaña frutificaban, as que se levaban a cabo en Gran Bretaña co fin de lograr financiamento fracasaban:[231] o Goberno británico insistía en obter concesións que, en opinión dos soviéticos, suporían a entrega do poder político ás potencias capitalistas a cambio de créditos.[224] A finais de 1921 e grazas ao uso da ameaza velada dun acordo entre os franco-británicos e os soviéticos baseado no Tratado de Versalles —que permitía aos soviéticos reclamar compensacións de guerra a Alemaña—, Chicherin logrou que os alemáns se aviñesen a tratar inmediatamente o recoñecemento oficial do Goberno moscovita e a normalización das relacións diplomáticas e as diferenzas sobre a débeda.[232] As conversacións bilaterais, con todo, non conduciron aos resultados esperados polo comisario.[nota 9][234]En febreiro de 1922 e ante o rexeitamento do novo ministro de Asuntos Exteriores alemán, Walther Rathenau, para aceptar as condicións soviéticas, Chicherin puxo fin ás negociacións e preparouse para acudir á conferencia de Xénova.[235]
Rexeitamento da Sociedade de Nacións
[editar | editar a fonte]Chicherin mostrouse tamén contrario á Sociedade de Nacións, que consideraba un pacto dos Aliados contra Alemaña e Rusia, establecida para evitar a propagación do socialismo por Europa e para garantir o dominio franco-británico do continente.[221][236] Para Chicherin, a Sociedade trataba de restablecer o capitalismo do século anterior e ameazaba a independencia das nacións pequenas; a potestade para impoñer sancións aos países agresores era para el un pretexto para poder lanzar invasións militares e entremetérense nos asuntos internos dos Estados.[221] Á acción da Sociedade, opoñía o uso de acordos bilaterais e a celebración de conferencias internacionais para tratar asuntos concretos.[221]
Fracaso de Xénova e acordo xermano-soviético en Rapallo
[editar | editar a fonte]As potencias aceptaron a suxestión de Chicherin de tratar nunha conferencia internacional no problema da reconstrución europea trala guerra mundial e convocaron as Conferencia de Xénova da primavera de 1922 —a primeira[237] conferencia internacional á que se invitaba ao Goberno soviético—.[238][239] O comisario de Asuntos Exteriores mostrárase disposto a recoñecer as débedas rusas, aínda que ao tempo afirmou o dereito soviético a reclamar compensacións polos danos da intervención aliada na guerra civil rusa e solicitar créditos a longo prazo.[240] Ante a dificultade de que Lenin encabezase a delegación soviética debido a súa mala saúde, a responsabilidade recaeu en Chicherin, que tivo que prepararse coidadosamente.[241][242] Este partiu de Moscova o 27 de marzo,[243] pasou dous días en Riga reunido con representantes de diversas nacións da rexión que acordaron cooperar na conferencia e fixeron un chamamento ao recoñecemento do Goberno soviético e logo continuou cara a Berlín,[244] onde esperaba obter un acordo con Alemaña previo á reunión internacional.[241] Aínda que os alemáns desexaban que os rusos non reclamasen indemnizacións de guerra como lles permitía o Tratado de Versalles e os rusos querían eliminar Alemaña dunha posible alianza entre Berlín e os franco-británicos, as reticencias do Goberno alemán a pactar antes da conferencia impediron[245] o acordo.[246] Chicherin non obtivo o recoñecemento oficial alemán, nin o acordo económico —incluíndo a declaración de nación máis favorecida— nin a aceptación do monopolio comercial estatal soviético que esperaba.[246][247] Conseguiu, porén, redactar un borrador conxunto que máis tarde serviu de base ao Tratado de Rapallo.[246]
Xa en Italia, a delegación soviética centrou a atención das demais e da prensa[248] desde o primeiro día da conferencia, que deu comezo o 10 de abril en Xénova.[249] Chicherin propuxo, de acordo ás instrucións de Lenin, o establecemento dunha coexistencia pacífica entre as nacións capitalistas e a Rusia soviética, a cooperación entre elas para recuperar a economía europea, o desarme para evitar novos conflitos e un repartimento equitativo dos recursos entre as nacións —incluídas as materias primas, a tecnoloxía e o capital—.[249][250]
Ante o bloqueo das negociacións cos británicos, que seguían insistindo a pesar do rexeitamento soviético en que Moscova recoñecese a débeda prebélica e compensase os donos das propiedades embargadas,[251] Chicherin retomou con éxito as conversas cos alemáns que comezaran en Berlín.[252] Os alemáns temían que os soviéticos acadasen un acordo cos británicos as súas expensas, temor infundado pero que facilitou a tarefa a Chicherin.[253] Tras unhas últimas reunións que duraron desde a madrugada á tarde do 16 de abril, as dúas delegacións asinaron o tratado.[254][255] Este, curto, incluía o restablecemento de relacións diplomáticas plenas, a concesión da categoría de nación máis favorecida á URSS, o abandono das reclamacións mutuas de indemnizacións de guerra, a renuncia soviética a solicitar compensacións de acordo ao artigo 116 do Tratado de Versalles e a alemá a reclamalas polas propiedades embargadas polos soviéticos.[254][256] O tratado, peza clave da política exterior soviética durante a década, supuxo o maior triunfo da carreira diplomática de Chicherin e cimentou a división[257] das potencias europeas.[258] Chicherin lograra dividir ás potencias, atraer a Alemaña e asinar un tratado que debía servir de modelo ao resto dos asinados coas demais nacións.[259] As negociacións cos Aliados en Xénova, pola contra, fracasaron[260] polos desacordos sobre a débeda rusa e as compensacións aos propietarios estranxeiros polas expropiacións comunistas.[258] Mentres os británicos trataban en van de continuaren coa conferencia, Chicherin aproveitou a súa estancia en Italia para firmar tratados comerciais co Goberno de Roma —que nunca chegou a ratificarse— e Checoslovaquia —ratificado o 2[261] de xuño—.[260] O Goberno de Praga negouse a recoñecer oficialmente aos soviéticos, pero cortou toda relación cos grupos de emigrados anticomunistas.[261]
Límites de Rapallo e política de Stresemann
[editar | editar a fonte]Unha vez finalizada a conferencia, Chicherin trasladouse a Alemaña —o 3 de xuño partiu cara a Berlín—,[261] onde pasou os seguintes cinco meses, descansando —someteuse ademais a dúas operacións—[261] ao tempo que levaba a cabo misións diplomáticas.[262] En especial, dedicouse a aclarar as consecuencias prácticas do tratado recentemente firmado con Alemaña.[262] Os alemáns, así a todo, limitaron a cooperación aos momentos de maior tensión política, en contra das esperanzas de apoio político e cooperación financeira do comisario soviético.[263] Entre os países que levaron a cabo contactos oficiosos con Chicherin en Berlín estaban os Estados Unidos —iniciativa que fracasou polo exiguo interese gobernamental estadounidense— e Francia, que o fixo a través do dirixente da oposición parlamentaria, Edouard Herriot, para non comprometer o Goberno.[264] As negociacións cos franceses conduciron á visita dunha delegación á Unión Soviética, de escasas consecuencias inmediatas.[265] A finais de setembro, terminou a súa longa estancia en Alemaña e regresou a Moscova.[265]
Mantivo unha política de cooperación con Alemaña, establecendo unha estreita relación co embaixador Brockdorff-Rantzau.[266][261] Brockdorff-Rantzau, radicalmente oposto ao Tratado de Versalles, avogaba por unha estreita colaboración cos soviéticos.[261] Os intentos de forxaren unha alianza entre os dous países que limitase as consecuencias da derrota na guerra mundial, porén, non frutificaron máis salvo en ocasións puntuais en que o apoio mutuo serviu para resolveren algunha crise.[267] Alemaña non chegou a cumprir as expectativas políticas, militares e económicas soviéticas, tanto polo grandes que eran estas, como polo interese secundario que Berlín outorgaba á URSS.[268] Moscova esperaba obter créditos a longo prazo da grande industria alemá para adquirir maquinaria pesada e para iso contaba co decidido apoio de Brockdorff-Rantzau, pero nin o Goberno alemán nin os industriais mostraron o interese necesario para que se lograse un rápido acordo.[269] Na primavera de 1923, realizáronse contactos entre a URSS e Francia que non tiveron resultados notables, aínda que desgustaron ao embaixador alemán en Moscova: Chicherin, insatisfeito pola pasividade alemá, tratara inutilmente de tentear a posibilidade de mellorar as relacións con París.[270] A chegada ao Goberno de Stresemann en agosto supuxo un revés para os soviéticos —que esperaban que as tensións internas debidas á ocupación francesa do Ruhr levasen a unha revolución, tensións que Stresemann reduciu de inmediato— e desbaratou os plans de Chicherin de forxar unha alianza continental franco-xermano-soviética[271] fronte ao Reino Unido —idea que, no entanto, non abandonou[271] e continuou propoñendo tanto en París como en Berlín, infrutuosamente—.[272] O comisario sospeitaba —xustificadamente a pesar dos desmentidos de Stresemann— que o novo Primeiro Ministro se propoñía ingresar na Sociedade de Nacións, o que deixase de novo illada á URSS.[273] Opúxose ademais ao apoio que o Goberno soviético outorgou aos comunistas alemáns, listos para trataren de facerse con poder ante a situación de crise interna: Chicherin aprobaba a revolución alemá sempre que se producise sen necesidade de axuda externa e sen poñer en risco a relación xermano-soviética.[274] O fracaso do levantamento de Hamburgo marcou a fin da orientación prosoviética da política exterior alemá e danou as relación bilaterais.[275] Para compensar a crise das relacións con Alemaña aproveitando a mellora da economía soviética que permitía atraer investidores, Chicherin favoreceu o establecemento de tratos comerciais coas nacións dispostas a ofreceren créditos á URSS.[276] O primeiro en aproveitar o ofrecemento foi Mussolini, que comezou a negociar cos soviéticos en novembro de 1923.[276] A comezos de 1924, o Goberno francés presidido por Poincaré mostrouse finalmente disposto a normalizar as relacións con Moscova, con Checoslovaquia como mediadora nas negociacións.[277] Para Chicherin, a actitude francesa permitía ter esperanzas de compensar o distanciamento dos alemáns.[278] A derrota electoral dos conservadores británicos a finais de 1923 e a formación dun novo Goberno laborista en xaneiro do ano seguinte parecían beneficiar tamén os soviéticos: o 1 de febreiro o Reino Unido recoñeceu oficialmente o Goberno soviético.[279]
No verán de 1924, as relación tensáronse polo rexistro policial da sede da delegación comercial soviética na capital alemá,[280] que se produciu coa escusa da busca dun comunista fuxitivo que se refuxiara nela.[281] Tanto Chicherin como o embaixador, Krestinskii, protestaron enerxicamente polo asalto, que as autoridades alemás crían legal, xa que non admitían a inmunidade diplomática da delegación soviética.[281] O Goberno soviético aproveitou o incidente para esixir o alemán o recoñecemento explícito do monopolio comercial gobernamental e a concesión de inmunidade diplomática aos seus representantes comerciais, algo que Chicherin reivindicou sen moito entusiasmo, convencido de que a reacción de Moscova estaba sendo esaxerada e poñía en perigo o piar da política exterior soviética: a relación con Berlín.[282] A finais de xullo, logrou superar a crise con Alemaña mediante un pacto con concesións mutuas.[283][271]
Locarno, os tratados de neutralidade e a rivalidade británica
[editar | editar a fonte]Chicherin non conseguiu impedir a firma do Tratado de Locarno por parte de Alemaña a pesar dos seus notables esforzos —case un ano de actividade adicado á infrutuosa tarefa—;[284] considerábao un revés para a URSS e un triunfo da diplomacia británica que podía preceder ao illamento soviético en Europa.[285] A finais de setembro de 1925, intentou negociar directamente con Stresemann en Berlín para impedir o acordo días antes da súa firma, en balde.[nota 10][287] O pacto, que outorgaba ao Reino Unido e a Italia o papel de garantes do acordo entre Bélxica, Francia e Alemaña, excluía totalmente os soviéticos, que o percibían como unha manobra hostil do Goberno londiniense para illar diplomaticamente a URSS.[288] Segundo Chicherin, o tratado era o primeiro paso para deixar a URSS inerme ante un posterior ataque militar ou económico británico, percepción errónea.[289] O tratado non reduciu as tensións en Europa oriental ao non incluír solución ningunha para as fronteiras entre Alemaña, Polonia e Checoslovaquia.[290] Como consolo, escaso, dos soviéticos, Alemaña logrou que se lle permitise excluírse do sistema de sancións da Sociedade de Nacións e da obrigación de permitir o paso de tropas polo seu territorio e asinou o 12 de outubro un acordo comercial[291] con Moscova.[290] Este pacto outorgaba aos soviéticos créditos a curto prazo, recoñecía o monopolio comercial estatal soviético e incluía un acordo consular, pero non o acordo de neutralidade que estes desexaran.[290] O revés causado pola imposibilidade de frustrar o achegamento de Alemaña ás potencias vencedoras da guerra mundial marcou o comezo da lenta decadencia de Chicherin á fronte da Comisaría de Asuntos Exteriores, que acabou co seu relevo en 1930.[292] O final de 1924 e o principio de 1925 supuxeron un período de desgustos políticos para o comisario, cuxas enfermidades comezaban a intensificarse.[293]
Pouco despois da firma do tratado comercial, o 17 de outubro, Chicherin trasladouse a Wiesbaden para descansar e recibir tratamento médico,[294] non sen antes organizar unha visita posterior a París para tratar de estreitar as ligazóns co Goberno francés —situación improbable dada a supeditación da política exterior francesa á británica,[295] que era hostil aos soviéticos—.[290] En Wiesbaden tratáronlle a diabetes e na Ribeira francesa, onde trasladouse a continuación, a polineurite; en ambos os lugares continuou o labor diplomático, entrevistándose con importantes figuras mentres recibía os seus tratamentos, aínda que a intensidade do seu labor foi moito máis reducido que o da súa anterior estancia en Europa occidental en 1922.[296] Chegou a París o 11 de decembro, pero as conversas cos franceses fracasaron pola insistencia destes en que os soviéticos pagasen as débedas contraídas polo Goberno tsarista e compensasen aos estranxeiros cuxas propiedades foran confiscadas trala revolución de Outubro.[297] O nomeamento en decembro de 1925 de Khristian Rakovskii —con fama de francófilo— como embaixador en París non serviu para encarrilar as negociacións franco-soviéticas.[298] Os responsables políticos franceses mostráronse dispostos a interceder ante os seus aliados en Europa oriental en favor dos soviéticos para que mellorasen as relacións entre ambos, pero non a distanciarse do Goberno británico, como esperaba Chicherin, que seguía mostrando gran hostilidade cara a Londres.[298]
Antes de partir cara a Moscova o 17 de decembro, asinou un novo tratado de neutralidade e non agresión co ministro de Asuntos Exteriores turco,[299] tratado que serviu de modelo para outros subscritos máis adiante con Alemaña, Lituania, Afganistán e Persia e que os soviéticos trataron de utilizar como contrapeso ao Tratado de Locarno.[300][291] Nestes tratados bilaterais, cada unha das nacións asinantes comprometíase a permanecer neutral en caso de que a outra fose atacada e a non atacarse mutuamente nin a establecer alianzas hostís ao outro país.[300][301] Chicherin desexaba asinar un tratado similar con Alemaña, para compensar a rúbrica desta do de Locarno;[301] os problemas de ingreso de Alemaña na Sociedade de Nacións permitíronlle conseguilo.[302] O 26 de abril de 1926, asinouse o novo tratado de neutralidade —coñecido tamén como Tratado de Berlín— e non agresión entre Berlín e Moscova na capital alemá.[303][304] O tratado veu acompañado da concesión dalgúns créditos a longo prazo para os soviéticos.[303]
Chicherin ofreceu tratados similares ao turco e ao alemán a Finlandia, Estonia, Letonia e Lituania.[305] Pero só esta última acabou asinándoo, tras longas negociacións de varios meses, o 28 de setembro de 1926.[306] Pola súa banda, Letonia (o 19 de xullo) e Estonia (o 18 de agosto), asinaron pactos coa URSS que dirimían as disputas fronteirizas entre elas e serviron para reducir as tensións na rexión.[306]
En canto á relación entre a Unión Soviética e Gran Bretaña, á antiga rivalidade entre o Imperio ruso e o británico xurdida no século XIX uniuse a ideolóxica entre o socialismo soviético e o imperialismo capitalista británico.[307] Chicherin, que vía os británicos como líderes do capitalismo mundial e a maior potencia do momento e cara aos que mantiña unha mestura de temor, admiración e desprezo, tratou ao longo da década de obter o recoñecemento oficial de Londres do Goberno soviético.[307] Londres outorgara o recoñecemento oficioso mediante o tratado bilateral de comercio asinado polos dous países o 16 de marzo de 1921, tras meses de complicadas negociacións.[308][309] Da primavera ao outono de 1923, viviuse un momento de gran tensión entre as dúas nacións, tanto polos roces nas negociacións en Lausana como polo desgusto británico polo que Londres consideraba actividades subversivas soviéticas e a vitoria conservadora nas eleccións de novembro de 1922.[310] O novo pero inestable Consello de Ministros laborista que tomou posesión o 22 de xaneiro de 1924 recoñeceu por fin formalmente ao Goberno soviético (1 de febreiro), pero non se atreveu a intercambiar embaixadores.[311][312] O recoñecemento británico precipitou o doutros países ao longo dos dous anos seguintes: Italia[313] fíxoo o 7[312] de febreiro e seguírona Austria, a China, Dinamarca, Francia,[nota 11] Grecia, México, Noruega, Suecia e o Xapón.[311][315] Este éxito aumentou o prestixio do ministerio e a do propio Chicherin no partido —o embaixador alemán chegou a informar erroneamente ao seu Goberno da probabilidade de que sucedese a Lenin á fronte do Sovnarkom—; ingresou por primeira vez no Comité Central do PCUS precisamente en 1924 e revalidou o posto ao ano seguinte.[311][316] A ruptura formal do illamento diplomático soviético foi, porén, máis teórica que real: malia o recoñecemento do Goberno soviético por numerosos países, en Europa Moscova só mantiña estreitas relacións con Berlín.[317]
O achegamento anglo-soviético do verán de 1924, que se plasmou na sinatura dun tratado comercial o 10 de agosto, que Chicherin celebrou oficialmente, axiña deu paso a tensións, que este atribuíu a maquinacións do Foreign Office británico que, na súa opinión, minaba coas súas actividades ao Primeiro Ministro británico MacDonald.[318] O comisario de Asuntos Exteriores dubidaba de que os laboristas, en minoría no Parlamento, fosen quen de ratificaren o tratado ou de faceren que este levase a un estreitamento de relacións políticas ademais de comerciais.[319] A vitoria conservadora nas eleccións de outubro puxo fin ás esperanzas de que se acadase un acordo político entre os dous países.[320] O acordo económico quedou sen ratificar e as relacións bilaterais ficaron na práctica suspendidas.[321]
Oriente Próximo, Asia e as colonias
[editar | editar a fonte]Xa en 1919, ante a parálise da revolución en Europa, Chicherin comezou a sinalar a importancia das nacións e territorios sometidos polas potencias imperialistas, que se achaban segundo el nunha situación similar á da Rusia tsarista, dominada polo capital estranxeiro.[322] Rusia, coa súa revolución, debía converterse no paradigma que debían seguir estes territorios para sacudírense o xugo colonial.[322] A subversión das colonias serviría para coadxuvar indirectamente á eliminación do capitalismo,[323] xa que o enfrontamento aberto coas potencias era imposible pola debilidade militar da Rusia soviética.[324] Así, os primeiros contactos cos Gobernos persa, afgán e chinés e cos nacionalistas turcos establecéronse xa na primavera e o verán de 1919.[325]
Chicherin logrou que se invitase á Unión Soviética ás conversas de paz celebradas en Lausana entre o Reino de Grecia e Turquía que conduciron ao novo Tratado de Lausana entre as dúas nacións, a pesar da reticencia británica.[326][327] Turquía insistiu na presenza soviética, pese a que esta quedou limitada, por imposición das potencias, ao asunto do acceso aos estreitos do mar Negro.[327] Participou na primeira rolda de conversas que tivo lugar entre o 22 de novembro de 1922 e o 4 de febreiro de 1923, na que tivo que enfrontarse ao hábil representante británico, lord Curzon e na que non conseguiu impoñer as reivindicacións soviéticas, que incluían a exclusión[328] das armadas estranxeiras do mar Negro.[329] Apoiou tamén en van os turcos no seu desexo de obteren Mosul, que finalmente quedou adxudicado ao Reino de Iraq, apadriñado polos británicos, en decembro de 1925.[330][nota 12] Derrotado polos británicos, que lograron que se aprobase o ingreso de naves de guerra ao mar Negro en períodos de paz en contra dos desexos soviéticos,[331] Chicherin non acudiu á segunda rolda de sesións en Lausana que tiveron lugar na primavera de 1924; a URSS firmou pero nunca ratificou o tratado do 24 de xullo de 1924.[330] Salvou a vida ao non regresar a Suíza: un emigrado anti-soviético que esperaba asasinalo tivo que atacar a outro membro da delegación, que perdeu a vida no atentado.[330] Malia o seu fracaso ante os británicos na conferencia de paz, Chicherin aproveitouna para presentar ao seu país como líder do antiimperialismo británico e partidario dos movementos anticolonialistas.[310] Durante a súa estancia en Lausana, aproveitou ademais para tratar con representantes diplomáticos doutros países interesados en iniciaren contactos cos soviéticos.[332] A conferencia coincidiu con dous acontecementos importantes para o comisario: a retirada da política de Lenin debido á súa enfermidade, e a campaña de Litvinov para apartalo da dirección da comisaría, que o resultado das negociacións —mellores do esperado dada a debilidade rusa—, impediu.[333]
Consideraba moi importante as relacións coas colonias e os Estados dependentes das potencias coloniais xa que estaba convencido de que a loita destas contra as nacións imperiais socavaría o imperialismo e favorecería indirectamente a extensión da revolución socialista en Europa.[334] A Rusia soviética debía servir ademais de modelo de desenvolvemento aos territorios atrasados industrialmente, aínda sometidos ás potencias coloniais, e de loita de liberación do sometemento a estas.[334] En 1924-1925, ante o fracaso da extensión da revolución en Europa, a axitación anticolonial e revolucionaria en Asia cobrou maior importancia, aínda cando implicaba o risco de chocar cos amplos intereses británicos na zona.[335]
No Extremo Oriente, as malas relacións co Xapón dos primeiros anos de posguerra deron paso a unha mellora tralo fracaso soviético por mellorar o trato cos Estados Unidos.[336] O 20 de xaneiro de 1925, firmouse o tratado bilateral de neutralidade, que incluíu o recoñecemento oficial xaponés ao Goberno da URSS e a garantía soviética de neutralidade en caso de conflito entre o Xapón e outro país; aínda que as relacións melloraron e isto alarmou a Gran Bretaña e aos Estados Unidos, nunca foron verdadeiramente cordiais.[336] Os soviéticos outorgaban a China un papel incluso máis relevante que a Xapón, principalmente como medio para minar o poderío británico na rexión.[336] Co mesmo obxectivo de opoñerse aos británicos, Chicherin buscou acordos coas nacións de Asia Central: Afganistán, Persia e Turquía.[337][338] Estas debían servir de protección á URSS fronte a posibles agresións das potencias occidentais.[337] O 26 de febreiro de 1921, rubricouse un tratado de amizade e recoñecemento con Persia, ao que seguiu dous días máis tarde outro similar con Afganistán.[337] O 16 de marzo, Turquía subscribiu un tratado parecido coa URSS e o 13 de outubro firmouse un que regulaba as relacións entre as repúblicas caucásicas —xa parte da URSS— e Turquía.[339] Os tratados con Persia, Afganistán e Turquía proporcionaron o recoñecemento oficial do Goberno soviético, pero apoio político e vantaxes comerciais escasos.[340] A imposibilidade de que estalase nestes países —e na China, que negociaba cos soviéticos con grandes titubeos— unha revolución comunista e a reticencia das súas clases dirixentes a cooperaren cos soviéticos contra as potencias coloniais eliminaban a utilidade destas nacións como detonantes da revolución mundial.[215]
A actividade de Chicherin na rexión tensou notablemente as relacións cos británicos —a chegada ao poder dos laboristas non supuxo cambio algún de importancia na política colonial na zona— en 1925, pero trouxo os seus froitos nos anos seguintes: o 22 de abril de 1926 asinouse un pacto de neutralidade e non agresión con Afganistán, o 1 de outubro de 1927, outro con Persia e o 1 de novembro de 1928, con Iemen e o 17 de decembro de 1929 renovouse o tratado turco-soviético de 1925.[341] A estes uníronse outros tratados similares entre as nacións veciñas que reforzaron o sistema de Estados neutrais en torno á URSS.[341][342]
Crise e illamento internacional
[editar | editar a fonte]Ao longo de 1926 e 1927, aumentou a tensión entre a Unión Soviética, que temía a formación dunha alianza na súa contra dirixida por Gran Bretaña, e esta, que rexeitaba o que consideraba inxerencias soviéticas na súa política interior, en especial polo apoio do Comintern e os sindicatos soviéticos á folga xeral de 1926.[343] Os temores comezaran coa firma do Tratado de Locarno en outubro de 1925, aínda que ao comezo o posible entendemento franco-alemán –que podía debilitar a alianza entre Francia e o Reino Unido– e a oportunidade de lograr un acordo económico con Francia fixeron que Moscova vise a situación aínda cun relativo optimismo.[344] A finais do verán de 1926, porén, os soviéticos comezaron a preocuparse por un posible plan británico que modificase as fronteiras de Europa oriental no seu prexuízo e que debía conceder territorio a Alemaña co obxectivo de mellorar as relacións entre Londres e Berlín.[344]
Chicherin viviu parte das complicacións con Gran Bretaña desde Europa occidental, onde partiu en novembro de 1926 para tratarse das súas enfermidades; non regresou á Unión Soviética ata finais de xuño do ano seguinte.[343] A súa saúde empeorara ao longo do ano: en abril apenas puido traballar e o mesmo sucedeulle en xullo; en novembro, deixou a xestión da comisaría en mans de Litvinov e partiu de novo a Alemaña e á Ribeira francesa.[345] Nesta ocasión, a actividade política de Chicherin en Europa foi menor que as anteriores.[345]
En decembro e a pesar da incomodidade alemá pola insistencia soviética, Chicherin tratou unha e outra vez de obter a promesa alemá de non participar no temido plan británico.[344] A súa estancia en Berlín foi breve –partiu cara a Frankfurt o 9 de decembro— e de escasas consecuencias, a pesar do convencemento alemán de que a viaxe do comisario soviético se debía máis aos desexos de obter acordos políticos con Alemaña que a súa mala saúde.[346] Á crise con Gran Bretaña[nota 13] —que incluíu o rexistro policial á empresa de comercio exterior conxunta, que contaba con inmunidade diplomática e a ruptura[348] de relacións en maio[349] de 1927—,[350] uníronse outros reveses como o esmagamento temporal dos comunistas chineses por Chiang Kai-shek en abril de 1927,[351] o asasinato dun diplomático soviético en Polonia en xuño ou a posibilidade do estoupido doutra crise diplomática con Francia en outono.[351][352][353][nota 14] Ademais, en opinión de Moscova, a posibilidade dunha mellora de relacións entre París e Berlín, celebrada antes polos soviéticos, converteuse de repente nun posible acordo xermano-polaco no que a nova alianza franco-alemá utilizase as forzas polacas contra a URSS.[354] Chicherin, alarmado pola posibilidade de que Alemaña se unise ás potencias vencedoras nunha coalición antisoviética, entrevistouse con Gustav Stresemann a comezos de xuño de 1927 para confirmar as garantías alemás de permanecer neutral e impedir o paso de tropas polo seu territorio, garantías que este corroborou, aínda que isto non tranquilizou completamente as autoridades soviéticas.[355][356][nota 15] O temor a un enfrontamento coas potencias occidentais, aínda que real, serviu tamén para xustificar a industrialización[335] soviética e para que Stalin acalase á Oposición Unificada.[358][359] Desde Europa occidental, Chicherin mostrouse vez máis crítico coa dirección da política exterior soviética.[360][361][350][nota 16]
En 1926-1927, a URSS encontrábase practicamente illada internacionalmente, trala negativa de Stresemann a formalizar unha alianza bilateral.[363] A estreita colaboración xermano-soviética forxada en Rapallo dera paso en 1925 a un afastamento paulatino polos intentos alemáns de congraciarse coas potencias vencedoras; a neutralidade substituíu a cooperación nas relacións bilaterais, debilitando a posición de Chicherin na URSS.[304] Débil militar e economicamente, o país tiña que limitarse a aproveitar as oportunidades diplomáticas que se lle presentaban, sen poder impoñer o seu criterio na política internacional.[363] A situación non só privaba á URSS dos ansiados créditos occidentais para desenvolver a economía, senón que impedía reorganizar os recursos propios e reforzar as partidas destinadas a industria pesada e armamento, claves nun posible conflito militar; a percepción soviética da situación favorecía o nacionalismo e a autarquía.[364] Litvinov, convencido do fracaso da política filoxermana do seu superior, empezou a presentar a dirección soviética —cada vez máis dominada por Stalin— a necesidade dun cambio en política exterior.[363] En 1927 e coincidindo co temor a un ataque occidental, a URSS aveuse a pagar parte da débeda tsarista a Francia e ofreceulle firmar un pacto de non agresión, medidas de contención para intentar que non participase na temida campaña antisoviética.[365][nota 17] Litvinov comezou a acercar a URSS á Sociedade de Nacións, tratando de acabar co illamento diplomático desta, malia o rexeitamento de Chicherin cara ao organismo.[366] Paulatinamente e coincidindo co agravamento da súa mala saúde, Chicherin foi perdendo toda influencia na política exterior moscovita.[367] O 3 de xuño de 1927, desgustado polo que cría que eran intentos de Bukharin de debilitar as relacións xermano-soviéticas, presentou a súa dimisión.[361] A diferenza das anteriores estancias de Chicherin en Europa occidental, esta vez Litvinov nin mantivera informado ao seu superior da situación da política exterior soviética nin atendera ás opinións enviadas a Moscova por este; durante a ausencia de Chicherin, tomara practicamente as rendas da comisaría, co apoio de Stalin, quen gozaba cada día de maior poder na política nacional.[368]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Enfermidade e acurrunchamento político
[editar | editar a fonte]Chicherin presentara a dimisión, que fora rexeitada, inmediatamente tras retornar á capital soviética.[369] O rexeitamento á súa renuncia debeuse, quizais, a necesidade de Stalin de dar credibilidade á posibilidade dun ataque á Unión Soviética, utilizada contra Trotski e o resto da oposición para silencialos e que a dimisión do comisario de Asuntos Exteriores os debilitase.[369][nota 18] Alleo ás disputas internas do partido, non tomou partido por Trotski nin por Stalin, cos que mantiña malas relacións.[370][371] Trala morte de Lenin en 1924, quedou cada vez máis illado do centro de poder soviético, o politburó.[370] Durante o seu retiro en Europa occidental ao final da década de 1920, retomou o seu interese pola música e redactou un ensaio sobre Mozart, que rematou en 1930, debido ao entusiasmo suscitado en Anatolii Lunacharskii e Mikhail Kalinin, aceptou publicar; Stalin prohibiu, no entanto, a publicación en 1934, que só veu a luz trala morte deste grazas ao empeño dunha compositora, sobriña de Chicherin.[370][nota 19]
O 29 de outubro de 1927, anunciou a participación do seu país nas sesións da comisión preparatoria para a Conferencia Mundial de Desarme, a pesar da súa oposición persoal tanto a esta como á Sociedade de Nacións –Litvinov asistíu[373] ás sesións preparatorias—.[374] Para entón, a súa influencia nas decisións políticas reducírase[375] notablemente e a dirección soviética comezara a adoptar a posición de Litvinov, que favorecía a mellora de relacións coas potencias vencedoras da guerra mundial, incluso se iso supoñía poñer en risco as maltreitas relacións xermano-soviéticas.[374][376] Mostrouse alarmado ademais polo empeoramento das relacións bilaterais con Berlín, primeiro polo efecto dos reveses soviéticos en política exterior en 1927 e, ao ano seguinte, polo «escándalo Shakhti», xuízo propagandístico no que varios técnicos alemáns foron arrestados e acusados de sabotaxe.[374] A tensión polo xuízo, que efectivamente socavou as relacións xermano-soviéticas como advertira Chicherin, afectou á saúde deste que, enfermo e esgotado mentalmente, retirouse a descansar a Alemaña o 10 de setembro de 1928.[377][378] Xunto a Brockdorff-Rantzau, xa mortalmente enfermo, tratou de reducir o prexuízo causado polo xuízo ás relacións bilaterais antes de retirarse a recuperarse.[378] Segundo varios diplomáticos, Chicherin, desilusionado coa actividade do Goberno soviético,[379] desexaba mudarse a Alemaña de forma permanente.[377] O tratamento médico, que se esperaba curto, foi alongándose, como a estancia en Alemaña: logo de seis meses nun sanatorio berlinés, marchou a Wiesbaden e Frankfurt.[379] Desde Alemaña, de onde o Goberno lle esixiu volver en varias ocasións sen éxito,[nota 20] criticou a política exterior soviética cara a Berlín.[380] Tras varios intentos infrutuosos, Moscova enviou a Lev Karakhan —vicecomisario de Asuntos Exteriores— para organizar o regreso de Chicherin —aínda moi enfermo e débil— á capital soviética, á que chegou o 6 de xaneiro de 1930.[380][381]
Georgii Chicherin foi quedando paulatinamente apartado do seu posto pola súa enfermidade desde 1928, e foi substituído finalmente polo seu axudante Maxim Litvinov en 1930.[382][375][372] Desde a súa volta da súa longa convalecencia en Alemaña, tivo que esperar sete meses como comisario oficial –aínda que sen poder ningún– antes de poder retirarse. [375] O seu relevo coincidiu, ademais de co agravamento da súa enfermidade que o facía dependente da morfina,[383] co triunfo definitivo de Stalin sobre os seus rivais no partido,[382] co que mantiña serias diferenzas.[384] Litvinov favorecía o achegamento ás potencias occidentais, ao que Chicherin se opoñía.[385][373] Ao contrario que Litvinov e a dirección stalinista soviética, rexeitaba que a URSS se unise ao Pacto Kellog-Briand que, ao igual que a Sociedade de Nacións, percibía como un mero instrumento das potencias occidentais para impoñer o país.[386] Segundo Chicherin, a ausencia dun acordo obrigatorio de desarme que acompañase ao pacto e a falta de participación soviética na redacción facíano perigoso para a URSS e inútil para manter a paz mundial.[386] Pese ao claro cambio de orientación en política internacional, a dirección soviética mantivo a Chicherin formalmente á fronte da Comisaría de Asuntos Exteriores ata o 25 de xullo de 1930, cando Litvinov o relevou oficialmente.[387][375][373] O cambio á fronte do ministerio, xustificado oficialmente pola mala saúde de Chicherin, debeuse tamén ás malas relacións entre este e Stalin,[368] que databan de principios da década.[387]
A súa figura contrastou en gran medida coa do seu sucesor: mentres que Chicherin era sofisticado, Litvinov era directo ata a rudeza; mentres aquel defendía os postulados revolucionarios desde un punto de vista ruso, Litvinov era máis consciente da situación internacional; mentres o primeiro tendía a concentrar na súa persoa gran parte do traballo do ministerio, o segundo era capaz de delegar nos seus subordinados.[388] Á vez, a preocupación persoal polos membros do ministerio de Chicherin contrapoñíase coa relación puramente profesional entre Litvinov e os diplomáticos.[389]
Relevo da comisaría e retiro da política
[editar | editar a fonte]Unha vez relevado da Comisaría de Asuntos Exteriores, levou unha vida recluída[372] e afastada por completo da vida política.[370][375] Refuxiouse na literatura e na música,[372] a pesar da súa anterior dedicación case exclusiva á política.[390] Perdeu o seu posto no Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética.[391] Expulsado da súa vivenda xunto ao ministerio, pasou a residir preto da embaixada estadounidense e en 1931 chegouse a rumorear que vivía na miseria e caera no alcoholismo, rumores que o Goberno negou.[370][391] En 1932 o Comité Central do PCUS decidiu asignarlle un apartamento próximo á embaixada estadounidense, nun novo edificio construído para os funcionarios do Ministerio de Exteriores.[12][392] Enfermo aínda de diabetes e polineurite, sufría tamén unha enfermidade nerviosa que probablemente dexenerou en loucura[393] nos últimos meses de vida.[12] A súa saúde empeorou considerablemente en xaneiro de 1936 e pouco despois trasladárono ao hospital do Kremlin, no que faleceu de hemorraxia cerebral ás 9:35 p. m. do 7 de xullo do mesmo ano.[12][393]
O seu cadáver quedou exposto na sala de conferencias do Narkomindel antes de ser enterrado no mosteiro moscovita de Novodevichii.[394] Por orde de Stalin, Krestinskii quedou encargado da súa oración fúnebre, na que tivo que criticar a súa figura.[12] Trala súa morte, o seu nome foi retirado da historia oficial do partido comunista soviético.[395] Á morte de Stalin, Andrei Gromiko rehabilitou a súa reputación e recoñeceu a súa achega á consolidación do goberno soviético e a súa habilidade como diplomático.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- Notas
- ↑ Parece ser que desexaba someterse a un tratamento para librarse da súa homosexualidade, que non tivo resultado.[19]
- ↑ Debo, pola contra, afirma que renunciou á facenda do seu tío en Karaul, pero non ao resto da herdanza, que converteu en cartos que utilizou tanto para o seu mantemento persoal como para as actividades revolucionarias.[57]
- ↑ Leonid Krasin, importante bolxevique, comprara o papel como empregado de AEG e enviouno ao diario socialdemócrata alemán Vorwärts indicando que o adquiriu para imprimir obras revolucionarias rusas.[64]
- ↑ Segundo Debo, a reunión plenaria de agosto de 1908 na que Lenin forxou unha alianza cos socialistas polacos e letóns outorgoulle o control do Comité Central e permitiulle poñer fin ás investigacións de Chicherin, que incomodaban os bolxeviques.[67]
- ↑ O acordo económico e a posibilidade de novas concesións foron un método tan eficaz de paralizar a extensión da agresión alemá que, cando socialrevolucionarios de esquerda asasinaron o embaixador alemán en Moscova en xullo durante o alzamento socialrevolucionario, o propio káiser prohibiu romper as negociacións económicas e retomar as hostilidades.[176]
- ↑ As primeiras conversas con este fin tiveron lugar no verán de 1919, cando quedou clara a derrota da ofensiva de Kolchak cara a Moscova. Os británicos resignáronse a tratar cos soviéticos e decidiron a necesidade de poñer fin á intervención militar antibolxevique no norte de Rusia.[201]
- ↑ Os ofrecementos a negociar en realidade coincidían coa debilidade rusa: nos momentos nos que a sorte favorecía os soviéticos, estes mostráronse moi duros nas súas esixencias aos polacos. A derrota de finais do verán ante Varsovia fixo que Chicherin retomase a moderación nos seus tratos co Goberno polaco.[210]
- ↑ O achegamento, de todas formas, non foi inmediato. Ao principio o novo Goberno republicano alemán non se atreveu a desafiar a Entente repatriando as súas forzas de Rusia nin controlar as unidades que colaboraban cos grupos antibolxeviques.[225]
- ↑ A delegación soviética esperaba o recoñecemento oficial, a concesión de substanciosos créditos e a cancelación mutua das débedas. Os alemáns negáronse a recoñecer o Goberno soviético ou a anular as débedas antes da conferencia internacional de Xénova, estaban dispostos a conceder créditos menores do que desexaban os soviéticos e non querían aceptar o monopolio estatal do comercio.[233]
- ↑ Como xesto para preocupar os alemáns, pasou primeiro por Varsovia camiño de Berlín para dar a entender a posibilidade dun acordo polaco-soviético, a pesar de saber que este era imposible. A manobra non impresionou os alemáns, coñecedores das grandes diferenzas entre polacos e soviéticos.[286]
- ↑ O 28 de outubro de 1924. Litvinov utilizou o recoñecemento oficial francés para facer presión aos alemáns e intentar que abandonasen os seus plans de ingresaren na Sociedade de Nacións.[314]
- ↑ A decisión da Sociedade de Nacións de outorgar Mosul a Iraq como augurara Chicherin aos turcos precipitou a sinatura do pacto turco-soviético de decembro de 1925, rubricado en París.[299]
- ↑ En febreiro o Goberno británico presentara unha dura nota de protesta aos soviéticos na que os ameazaba con abrogar o tratado comercial e romper as relacións diplomáticas. Chicherin aconsellou responder con tacto e moderación, pero Litvinov contestou no mesmo ton, tensando as relacións entre ambos os países.[347]
- ↑ Francia seguía reclamando en balde a compensación dos seus investidores en bonos rusos e esixiu a substitución do embaixador soviético polo seu apoio á extensión da revolución. Chicherin accedeu ao relevo de Khristian Rakovskii.[352]
- ↑ Antes acudira a París para entrevistarse con Briand e descubrir a actitude francesa no conflito con Gran Bretaña. Briand asegurou que a crise non afectaría as relacións franco-soviéticas.[357]
- ↑ Chicherin protestarao con vehemencia, por exemplo, polo arresto pasaxeiro de cidadáns alemáns e pola efémera campaña de prensa contra Berlín que coincidiu coa ruptura das relaciones diplomáticas con Londres, acción que consideraba de risco para a propia existencia da URSS. Tras queixarse a Stalin, anunciou a súa volta ao país e a súa intención de dimitir.[362]
- ↑ A pesar do rexeitamento de Chicherin, soviéticos e franceses retomaron as negociacións para acadaren un acordo bilateral a finais de febreiro de 1926. Con notables concesións por ambas as partes, o pacto estaba listo en xullo cando o Goberno de Aristide Briand, máis moderado e proclive ao acordo, foi substituído por outro presidido por Raymond Poincaré, que o desbaratou.[338]
- ↑ Dous anos máis tarde, Chicherin declarou a Louis Fischer:[369]
Regresei a Moscova desde Europa occidental en xuño de 1927. Todos falaban de guerra, pero eu tratei de disuadilos. «¡Ninguén planea atacarnos», —insistín. Pero un colega explicoumo. «¡Chist! Xa o sabemos, pero necesitámolo contra Trotski».Tradución do orixinal
- ↑ O estudo publicouse en 1973.[372]
- ↑ Co comezo da represión stalinista e a fuga de diversos diplomáticos, o Goberno temía que Chicherin non regresase á URSS.[379]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Debo 1966, p. 651.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 O'Connor 1988, p. 169.
- ↑ 3,0 3,1 Debo 1964, p. 49.
- ↑ 4,0 4,1 Debo 1964, p. 55.
- ↑ Debo 1964, p. 58.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Debo 1964, p. 383.
- ↑ 7,0 7,1 O'Connor 1988, p. 76.
- ↑ Debo 1964, p. 384.
- ↑ Jackson, Devlin & 1989, p. 119-120.
- ↑ Debo 1964, p. 385-386.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 O'Connor 1988, p. 170.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 O'Connor 1988, p. 168.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 Deutscher 1997, p. 222.
- ↑ 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 14,10 Andreyev 2003, p. 76.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 O'Connor 1988, p. 3.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Debo 1964, p. 2.
- ↑ 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 17,11 17,12 17,13 17,14 17,15 17,16 17,17 17,18 17,19 17,20 17,21 17,22 17,23 17,24 Jackson, Devlin & 1989, p. 119.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 O'Connor 1988, p. 4.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Meyendorff 1971, p. 175.
- ↑ 20,00 20,01 20,02 20,03 20,04 20,05 20,06 20,07 20,08 20,09 20,10 20,11 Von Laue 1953, p. 250.
- ↑ 21,0 21,1 Debo 1964, p. 3.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 O'Connor 1988, p. 5.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 Debo 1964, p. 4.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Meyendorff 1971, p. 173.
- ↑ 25,0 25,1 O'Connor 1988, p. 6.
- ↑ 26,0 26,1 Debo 1964, p. 8.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 6-7.
- ↑ G. Gorodetsky. Soviet Foreign Policy 1917-1991: A Retrospective, Routledge, 1994, ISBN 0-7146-4506-0, p.23
- ↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 29,6 29,7 Von Laue 1953, p. 249.
- ↑ Debo 1964, p. 5.
- ↑ 31,0 31,1 Debo 1964, pp. 6-7.
- ↑ Debo 1964, p. 7.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 33,3 O'Connor 1988, p. 7.
- ↑ Debo 1964, p. 6.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 7-8.
- ↑ 36,0 36,1 O'Connor 1988, p. 8.
- ↑ Debo 1964, pp. 8-9.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 8-9.
- ↑ 39,0 39,1 Debo 1964, p. 9.
- ↑ Meyendorff 1971, p. 174.
- ↑ 41,0 41,1 O'Connor 1988, p. 9.
- ↑ 42,0 42,1 42,2 42,3 Debo 1964, p. 13.
- ↑ Debo 1964, p. 10.
- ↑ 44,0 44,1 44,2 44,3 O'Connor 1988, p. 11.
- ↑ Debo 1964, p. 11.
- ↑ Debo 1964, pp. 12-13.
- ↑ O'Connor 1988, p. 12.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 12-13.
- ↑ Debo 1964, p. 16.
- ↑ O'Connor 1988, p. 15.
- ↑ Debo 1964, p. 19.
- ↑ 52,0 52,1 Debo 1964, p. 17.
- ↑ Debo 1964, pp. 18-19.
- ↑ 54,0 54,1 54,2 54,3 54,4 54,5 O'Connor 1988, p. 16.
- ↑ Debo 1964, pp. 21-22.
- ↑ Debo 1964, p. 21.
- ↑ Debo 1964, p. 18.
- ↑ 58,0 58,1 58,2 O'Connor 1988, p. 17.
- ↑ Debo 1964, p. 25.
- ↑ Debo 1964, p. 26.
- ↑ Debo 1964, pp. 25-26.
- ↑ O'Connor 1988, p. 18.
- ↑ Debo 1964, p. 27.
- ↑ Debo 1964, p. 30.
- ↑ O'Connor 1988, p. 20.
- ↑ Debo 1964, pp. 27-29.
- ↑ Debo 1964, p. 35.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 21-22.
- ↑ Debo 1964, p. 36-37.
- ↑ 70,0 70,1 70,2 70,3 O'Connor 1988, p. 24.
- ↑ Debo 1964, p. 32.
- ↑ Debo 1964, p. 38.
- ↑ Debo 1964, p. 39.
- ↑ Debo 1964, pp. 32-33.
- ↑ 75,0 75,1 Debo 1964, p. 34.
- ↑ 76,0 76,1 O'Connor 1988, p. 29.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 29-30.
- ↑ O'Connor 1988, p. 30.
- ↑ Debo 1964, p. 41.
- ↑ 80,0 80,1 Debo 1964, p. 42.
- ↑ Debo 1964, p. 43.
- ↑ Debo 1964, p. 48.
- ↑ Debo 1964, pp. 22-23.
- ↑ Debo 1964, p. 22.
- ↑ 85,0 85,1 85,2 85,3 85,4 O'Connor 1988, p. 32.
- ↑ Debo 1964, p. 47.
- ↑ Debo 1964, p. 50.
- ↑ 88,0 88,1 88,2 88,3 Debo 1966, p. 653.
- ↑ 89,0 89,1 89,2 O'Connor 1988, p. 33.
- ↑ Debo 1964, pp. 54-55.
- ↑ 91,0 91,1 91,2 O'Connor 1988, p. 34.
- ↑ 92,0 92,1 Debo 1964, p. 56.
- ↑ Debo 1966, p. 654.
- ↑ Debo 1964, pp. 57-58.
- ↑ 95,0 95,1 Debo 1966, p. 656.
- ↑ 96,0 96,1 96,2 O'Connor 1988, p. 41.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 38, 41.
- ↑ Debo 1964, p. 67.
- ↑ Debo 1964, p. 69.
- ↑ O'Connor 1988, p. 38.
- ↑ 101,0 101,1 Debo 1966, p. 655.
- ↑ Debo 1964, pp. 59-61.
- ↑ Debo 1964, p. 64.
- ↑ Debo 1964, p. 65.
- ↑ Debo 1966, p. 657.
- ↑ Debo 1964, p. 70.
- ↑ 107,0 107,1 O'Connor 1988, p. 42.
- ↑ Debo 1964, p. 76.
- ↑ Debo 1964, p. 74.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 42-44.
- ↑ Debo 1966, p. 658.
- ↑ Debo 1964, pp. 72-73.
- ↑ O'Connor 1988, p. 44.
- ↑ Debo 1966, pp. 658-659.
- ↑ Deutscher 1997, p. 223.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 44-45.
- ↑ Debo 1966, pp. 659-660.
- ↑ Debo 1964, pp. 79, 82.
- ↑ 119,0 119,1 119,2 119,3 O'Connor 1988, p. 45.
- ↑ Debo 1966, p. 660.
- ↑ 121,0 121,1 Debo 1964, p. 83.
- ↑ Debo 1964, p. 84.
- ↑ Debo 1964, p. 85.
- ↑ Debo 1966, pp. 661-662.
- ↑ Debo 1966, p. 662.
- ↑ Debo 1964, pp. 89-90.
- ↑ Debo 1964, pp. 93-94.
- ↑ O'Connor 1988, p. 46.
- ↑ Von Laue 1953, p. 247.
- ↑ 130,0 130,1 Von Laue 1953, p. 235.
- ↑ 131,0 131,1 131,2 O'Connor 1988, p. 48.
- ↑ Von Laue 1953, p. 251.
- ↑ 133,0 133,1 Debo 1964, p. 97.
- ↑ 134,0 134,1 Debo 1964, p. 107.
- ↑ 135,0 135,1 135,2 135,3 O'Connor 1988, p. 49.
- ↑ 136,0 136,1 136,2 136,3 136,4 O'Connor 1988, p. 50.
- ↑ Debo 1964, pp. 107, 192.
- ↑ 138,0 138,1 Von Laue 1953, p. 248.
- ↑ Von Laue 1953, p. 235-236.
- ↑ 140,0 140,1 O'Connor 1988, p. 57.
- ↑ Debo 1964, p. 96.
- ↑ 142,0 142,1 142,2 142,3 142,4 O'Connor 1988, p. 51.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 51, 53.
- ↑ 144,0 144,1 O'Connor 1988, pp. 54-55.
- ↑ Debo 1964, p. 183.
- ↑ 146,0 146,1 146,2 Andreyev 2003, p. 77.
- ↑ Debo 1964, pp. 185-186.
- ↑ 148,0 148,1 Debo 1964, p. 186.
- ↑ Debo 1964, p. 182.
- ↑ Debo 1964, p. 379.
- ↑ Debo 1964, p. 189.
- ↑ Debo 1964, p. 187.
- ↑ 153,0 153,1 153,2 Debo 1964, p. 185.
- ↑ Debo 1964, p. 184.
- ↑ 155,0 155,1 155,2 O'Connor 1988, p. 52.
- ↑ O'Connor 1988, p. 55.
- ↑ Dynes 1992, p. 189.
- ↑ Dynes 1992, p. 178-179.
- ↑ Dynes 1992, p. 179.
- ↑ O'Connor 1988, p. 53.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 53, 57.
- ↑ 162,0 162,1 162,2 O'Connor 1988, p. 146.
- ↑ 163,0 163,1 Von Laue 1953, p. 241.
- ↑ 164,0 164,1 Debo 1964, p. 161.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 150, 152.
- ↑ O'Connor 1988, p. 152.
- ↑ Von Laue 1953, p. 243.
- ↑ Debo 1964, pp. 161-162.
- ↑ Von Laue 1953, p. 244-245.
- ↑ 170,0 170,1 O'Connor 1988, p. 59.
- ↑ Debo 1964, p. 105.
- ↑ Debo 1964, p. 112.
- ↑ Debo 1964, p. 116.
- ↑ Debo 1964, pp. 113-115.
- ↑ Debo 1964, pp. 117, 119.
- ↑ Debo 1964, pp. 119-120.
- ↑ Debo 1964, p. 119.
- ↑ 178,0 178,1 O'Connor 1988, p. 61.
- ↑ Debo 1964, pp. 110-111.
- ↑ Debo 1964, pp. 126-127.
- ↑ Debo 1964, p. 127.
- ↑ Debo 1964, p. 129.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 62-63.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 63-64.
- ↑ 185,0 185,1 185,2 185,3 O'Connor 1988, p. 64.
- ↑ Von Laue 1953, p. 240.
- ↑ Debo 1964, p. 166.
- ↑ Debo 1964, pp. 143-146.
- ↑ Debo 1964, p. 146.
- ↑ Debo 1964, p. 156.
- ↑ Debo 1964, p. 157.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 64-65.
- ↑ 193,0 193,1 193,2 193,3 193,4 193,5 193,6 193,7 O'Connor 1988, p. 65.
- ↑ Debo 1964, p. 158.
- ↑ Debo 1964, pp. 158-159.
- ↑ Debo 1964, p. 159.
- ↑ Debo 1964, p. 160.
- ↑ 198,0 198,1 Debo 1964, p. 165.
- ↑ Debo 1964, p. 163.
- ↑ Debo 1964, p. 164.
- ↑ Debo 1964, pp. 155-156.
- ↑ 202,0 202,1 202,2 Von Laue 1953, p. 266.
- ↑ Debo 1964, pp. 167-168.
- ↑ Debo 1964, p. 168.
- ↑ 205,0 205,1 205,2 O'Connor 1988, p. 66.
- ↑ 206,0 206,1 Debo 1964, p. 171.
- ↑ Debo 1964, p. 177.
- ↑ 208,0 208,1 O'Connor 1988, p. 67.
- ↑ Debo 1964, p. 173.
- ↑ Debo 1964, pp. 176-177.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 67-68.
- ↑ Debo 1964, p. 172.
- ↑ 213,0 213,1 O'Connor 1988, p. 68.
- ↑ Debo 1964, p. 178.
- ↑ 215,0 215,1 Debo 1964, p. 197.
- ↑ Debo 1964, p. 197-198.
- ↑ Debo 1964, p. 198.
- ↑ Debo 1964, p. 199-200.
- ↑ Debo 1964, p. 200-201.
- ↑ Debo 1964, p. 201.
- ↑ 221,0 221,1 221,2 221,3 O'Connor 1988, p. 74.
- ↑ Debo 1964, p. 149.
- ↑ 223,0 223,1 O'Connor 1988, p. 73.
- ↑ 224,0 224,1 Debo 1964, p. 216.
- ↑ Debo 1964, p. 145.
- ↑ O'Connor 1988, p. 77.
- ↑ Debo 1964, p. 202.
- ↑ Debo 1964, p. 203.
- ↑ 229,0 229,1 229,2 229,3 229,4 O'Connor 1988, p. 78.
- ↑ Debo 1964, p. 205.
- ↑ Debo 1964, p. 207.
- ↑ Debo 1964, p. 219-221.
- ↑ Debo 1964, p. 222-223.
- ↑ Debo 1964, p. 222.
- ↑ Debo 1964, p. 224-225.
- ↑ Debo 1964, p. 148.
- ↑ Von Laue 1953, p. 268.
- ↑ O'Connor 1988, p. 81.
- ↑ Debo 1964, p. 215.
- ↑ Debo 1964, p. 213-215.
- ↑ 241,0 241,1 O'Connor 1988, p. 83.
- ↑ Debo 1964, p. 226.
- ↑ Debo 1964, p. 233.
- ↑ Debo 1964, p. 236-237.
- ↑ Debo 1964, p. 235.
- ↑ 246,0 246,1 246,2 O'Connor 1988, p. 87.
- ↑ Debo 1964, p. 237-238.
- ↑ Debo 1964, p. 243.
- ↑ 249,0 249,1 O'Connor 1988, p. 89.
- ↑ Debo 1964, p. 245-246.
- ↑ Debo 1964, p. 249.
- ↑ O'Connor 1988, p. 90-91.
- ↑ Debo 1964, p. 249-252.
- ↑ 254,0 254,1 O'Connor 1988, p. 91.
- ↑ Debo 1964, p. 253-254.
- ↑ Debo 1964, p. 254.
- ↑ Von Laue 1953, p. 269.
- ↑ 258,0 258,1 O'Connor 1988, p. 92.
- ↑ Debo 1964, p. 255.
- ↑ 260,0 260,1 Debo 1964, p. 256.
- ↑ 261,0 261,1 261,2 261,3 261,4 261,5 O'Connor 1988, p. 94.
- ↑ 262,0 262,1 Debo 1964, p. 259.
- ↑ Debo 1964, p. 260.
- ↑ Debo 1964, p. 265.
- ↑ 265,0 265,1 Debo 1964, p. 266.
- ↑ Debo 1964, p. 268, 386.
- ↑ Debo 1964, p. 386.
- ↑ Debo 1964, p. 312-313.
- ↑ Debo 1964, p. 284.
- ↑ Debo 1964, p. 292.
- ↑ 271,0 271,1 271,2 O'Connor 1988, p. 100.
- ↑ Debo 1964, p. 294.
- ↑ Debo 1964, p. 295.
- ↑ Debo 1964, p. 296.
- ↑ Debo 1964, p. 297-298.
- ↑ 276,0 276,1 Debo 1964, p. 303.
- ↑ Debo 1964, p. 303-304.
- ↑ Debo 1964, p. 305.
- ↑ Debo 1964, p. 305-306.
- ↑ O'Connor 1988, p. 99.
- ↑ 281,0 281,1 Debo 1964, p. 313.
- ↑ Debo 1964, p. 314-315.
- ↑ Debo 1964, p. 317.
- ↑ Debo 1964, p. 323, 352.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 105, 108.
- ↑ Debo 1964, p. 347-348.
- ↑ Debo 1964, p. 346-352.
- ↑ Debo 1964, p. 343.
- ↑ Debo 1964, p. 343-344.
- ↑ 290,0 290,1 290,2 290,3 O'Connor 1988, p. 108.
- ↑ 291,0 291,1 Von Laue 1953, p. 273.
- ↑ Debo 1964, p. 353.
- ↑ Debo 1964, p. 341.
- ↑ Debo 1964, p. 352.
- ↑ Debo 1964, p. 331.
- ↑ Debo 1964, p. 354.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 108-109.
- ↑ 298,0 298,1 Debo 1964, p. 355.
- ↑ 299,0 299,1 Debo 1964, p. 356.
- ↑ 300,0 300,1 O'Connor 1988, p. 109.
- ↑ 301,0 301,1 Debo 1964, p. 357.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 109-110.
- ↑ 303,0 303,1 O'Connor 1988, p. 110.
- ↑ 304,0 304,1 Debo 1964, p. 360.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 110-111.
- ↑ 306,0 306,1 O'Connor 1988, p. 111.
- ↑ 307,0 307,1 O'Connor 1988, p. 114.
- ↑ O'Connor 1988, p. 120.
- ↑ Debo 1964, p. 209-210.
- ↑ 310,0 310,1 O'Connor 1988, p. 126.
- ↑ 311,0 311,1 311,2 O'Connor 1988, p. 127.
- ↑ 312,0 312,1 Debo 1964, p. 307.
- ↑ Von Laue 1953, p. 271.
- ↑ Debo 1964, p. 324.
- ↑ Debo 1964, p. 308.
- ↑ Debo 1964, p. 309.
- ↑ Dyck 1966, p. 69.
- ↑ Debo 1964, p. 317-318.
- ↑ Debo 1964, p. 318.
- ↑ Debo 1964, p. 320.
- ↑ Debo 1964, p. 320-321.
- ↑ 322,0 322,1 Debo 1964, p. 151.
- ↑ Andreyev 2003, p. 78.
- ↑ Debo 1964, p. 153.
- ↑ Debo 1964, p. 154.
- ↑ O'Connor 1988, p. 122.
- ↑ 327,0 327,1 Debo 1964, p. 270.
- ↑ Debo 1964, p. 272.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 122-123.
- ↑ 330,0 330,1 330,2 O'Connor 1988, p. 125.
- ↑ Debo 1964, p. 280.
- ↑ Debo 1964, p. 275.
- ↑ Debo 1964, p. 281.
- ↑ 334,0 334,1 O'Connor 1988, p. 135.
- ↑ 335,0 335,1 Dyck 1966, p. 68.
- ↑ 336,0 336,1 336,2 O'Connor 1988, p. 138.
- ↑ 337,0 337,1 337,2 O'Connor 1988, p. 142.
- ↑ 338,0 338,1 Debo 1964, p. 361.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 142-143.
- ↑ Debo 1964, p. 212.
- ↑ 341,0 341,1 O'Connor 1988, p. 144.
- ↑ Debo 1964, p. 362.
- ↑ 343,0 343,1 O'Connor 1988, p. 153.
- ↑ 344,0 344,1 344,2 Sontag 1975, p. 67.
- ↑ 345,0 345,1 Debo 1964, p. 363.
- ↑ Debo 1964, p. 363-364.
- ↑ Debo 1964, p. 366-367.
- ↑ Dyck 1966, p. 67.
- ↑ Von Laue 1953, p. 274.
- ↑ 350,0 350,1 Debo 1964, p. 368.
- ↑ 351,0 351,1 Sontag 1975, p. 70.
- ↑ 352,0 352,1 O'Connor 1988, p. 155.
- ↑ Von Laue 1953, p. 276.
- ↑ Sontag 1975, p. 68.
- ↑ O'Connor 1988, p. 156.
- ↑ Debo 1964, p. 369.
- ↑ Debo 1964, p. 368-369.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 156-157.
- ↑ Sontag 1975, p. 66, 70-71.
- ↑ O'Connor 1988, p. 157.
- ↑ 361,0 361,1 Sontag 1975, p. 71.
- ↑ Debo 1964, p. 369-370.
- ↑ 363,0 363,1 363,2 Debo 1964, p. 388.
- ↑ Sontag 1975, p. 74-75.
- ↑ Sontag 1975, p. 73.
- ↑ Debo 1964, p. 365.
- ↑ Debo 1964, p. 389.
- ↑ 368,0 368,1 Debo 1964, p. 364.
- ↑ 369,0 369,1 369,2 Debo 1964, p. 370.
- ↑ 370,0 370,1 370,2 370,3 370,4 O'Connor 1988, p. 167.
- ↑ Von Laue 1953, p. 257.
- ↑ 372,0 372,1 372,2 372,3 Jackson, Devlin & 1989, p. 120.
- ↑ 373,0 373,1 373,2 Von Laue 1953, p. 278.
- ↑ 374,0 374,1 374,2 O'Connor 1988, p. 159.
- ↑ 375,0 375,1 375,2 375,3 375,4 Debo 1964, p. 375.
- ↑ Debo 1964, p. 353-354.
- ↑ 377,0 377,1 O'Connor 1988, p. 161.
- ↑ 378,0 378,1 Debo 1964, p. 372.
- ↑ 379,0 379,1 379,2 Debo 1964, p. 373.
- ↑ 380,0 380,1 O'Connor 1988, p. 162.
- ↑ Debo 1964, p. 374.
- ↑ 382,0 382,1 Haslam 1983, p. 10.
- ↑ Haslam 1983, p. 14.
- ↑ Haslam 1983, p. 11.
- ↑ O'Connor 1988, pp. 162-163.
- ↑ 386,0 386,1 O'Connor 1988, p. 163.
- ↑ 387,0 387,1 O'Connor 1988, p. 164.
- ↑ Haslam 1983, p. 13.
- ↑ Haslam 1983, pp. 13-14.
- ↑ Debo 1964, p. 381.
- ↑ 391,0 391,1 Debo 1964, p. 376.
- ↑ Debo 1964, p. 376-377.
- ↑ 393,0 393,1 Debo 1964, p. 377.
- ↑ Debo 1964, p. 377-378.
- ↑ Medvedev 1971, p. 202.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgii Chicherin |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andreyev, Alexandre (2003). Soviet Russia and Tibet: The Debacle of Secret Diplomacy, 1918-1930s (en inglés). Brill Academic Publishers. ISBN 9789004129528.
- O'Connor, Timothy Edward (1988). Diplomacy and Revolution: G.V. Chicherin and Soviet Foreign Affairs, 1918-1930 (en inglés). Iowa State University Press. ISBN 9780813803678.
- Debo, Richard Kent (1966). "The Making of a Bolshevik: Georgii Chicherin in England 1914-1918". Slavic Review (en inglés) 25 (4): 651–662. JSTOR 2492826.
- Debo, Richard Kent (1964). "George Chicherin : Soviet Russia's second Foreign Commissar" (en inglés). University of Nebraska. OCLC 33387881.
- Deutscher, Isaac (1997). The Prophet Armed: Trotsky, 1879-1921 (en inglés). Replica Books. ISBN 9780735100145.
- Dyck, Harvey L. (1966). "German-Soviet Relations and the Anglo-Soviet Break, 1927". Slavic Review (en inglés) 25 (1): 67–83. JSTOR 2492651.
- Dynes, Wayne R. (1992). History of Homosexuality in Europe and America (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 9780815305507.
- Haslam, Jonathan (1983). Soviet Foreign Policy, 1930-33 (en inglés). Palgrave Macmillan. ISBN 9780333300497.
- Jackson, George; Devlin, Robert (1989). Dictionary of the Russian Revolution (en inglés). Greenwood Press. ISBN 9780313211317.
- Von Laue, Theodore H. (1953). "Soviet Diplomacy: G. V. Chicherin, People's Commissar for Foreign Affairs, 1918–1930". En Gordon Alexander Craig; Felix Gilbert. The Diplomats, 1919–1939 (en inglés). Princeton University Press. ISBN 9780691036601.
- Medvedev, Roy Aleksandrovich (1971). Let history judge: the origins and consequences of Stalinism (en inglés). Knopf. ISBN 9780394446455.
- Meyendorff, Alexander (1971). "My Cousin, Foreign Commissar Chicherin". Russian Review (en inglés) 30 (2): 173–178. JSTOR 127897.
- Sontag, John P. (1975). "The Soviet War Scare of 1926-27". Russian Review (en inglés) 34 (1): 66–77. JSTOR 127760.