Saltar ao contido

Glicoxenoxénese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A glucoxenoxénese, tamén chamada glicoxénese, é a ruta anabólica por medio da cal se produce a biosíntese do polisacárido glicóxeno a partir dun precursor máis simple, a glicosa-6-fosfato. Lévase a cabo principalmente no fígado,[1][2] e en menor medida no músculo. É activada pola insulina en resposta aos altos niveis de glicosa, que poden ser, por exemplo, posteriores á inxestión de alimentos con carbohidratos.

Fórmase pola incorporación repetida de unidades de glicosa, que chega en forma de UDP-glicosa a unha proteína chamada glicoxenina, formada por 2 cadeas polipetídicas, que ao autoglicosilarse pode unir a cada unha das súas cadeas un octámero de glicosas, que funcionará como cebador inicial a partir do que crecerá a molécula de glicóxeno pola acción doutros encimas. Para que a glicosa-6-fosfato poida unirse ao UDP cómpre a participación de dous encimas; o primeiro, a fosfoglicomutase, modifica a posición do fosfato xerando glicosa-1-fosfato.

A glicosa 1-fosfato é o precursor directo para a síntese de glicóxeno, pero tamén é o produto da súa degradación (glicoxenólise).

A síntese de glicóxeno require unha achega de enerxía. O doante de glicosa para a síntese de glicóxeno é a UDP-glicosa onde o residuo glicosilo está activado para a súa transferencia debido á súa combinación cun composto de alta enerxía como o UTP.

glicosa + ATP → glicosa 6-P + ADP
glicosa 6-P ←→ glicosa 1-P
glicosa 1-P + UTP → UDP-glicosa + PPi
  • As moléculas de glicosa son acopladas en cadea pola glicóxeno sintase. Este paso debe realizarse sobre un cebador preexistente de glicóxeno, é dicir, a glicóxeno sintase actúa alongando liñalmente ramas preexistentes, creando só enlaces α1-4 permitindo a unión de glicosa ao glicóxeno preexistente.
  • As ramificacións prodúceas o encima ramificador do glicóxeno (amilo (1,4 → 1,6)-transglicosidase), a cal transfire un fragmento de 6 a 8 unidades do extremo non redutor e úneo a unha glicosa por un enlace α-1,6. Isto fai posible que ambas as cadeas poidan continuar alongándose con glicosas por enlaces α-1,4 ata poder producir novas ramificacións.
  1. Miguel, Cerezo García (2013-03-01). Fundamentos de biología básica. (en castelán). Publicacions de la Universitat Jaume I. p. 205. ISBN 978-84-8021-894-8. Consultado o 2023-09-13. 
  2. BELÉN, YÉLAMOS LÓPEZ, MARÍA; INMACULADA, FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MARÍA (2016-01-01). Biología. 2º Bachillerato (en castelán). Ediciones Paraninfo, S.A. p. 235. ISBN 978-84-283-3787-8. Consultado o 2023-09-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy