Glironia venusta
Glironia venusta | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||
Glironia venusta Thomas, 1912 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de distribución de Glironia venusta
|
- Artigos principais: Didelfimorfos e Didélfidos.
Glironia venusta é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[2] e, segundo a clasificación de Voss e Jansa, a única integrante da subfamilia dos glironiinos e do seu único xénero Glironia.[3]
Porén, outros autores sitúana na subfamilia dos didelfinos,[4] ou na subfamilia dos caluromiinos desta familia,[5][6]
Coñécese ha bibliografía internacional como sarigüeia de cola de pincel' ou glironia gris.
É unha pequena sarigüeia que vive en Bolivia, Brasil, Ecuador, Perú e Colombia.[7]. Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais da Amazonia, desde as terras baixas húmidas até os 500 m de altitude.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descricións
[editar | editar a fonte]O xénero describiuno en 1912 o zoólogo británico especializado en mamíferos Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 239.[8]
A especie foi descrita no mesmo ano, e polo mesmo autor, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 240.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]A especie, ademais de polonome que lle impuxo Thomas, e actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Glironia aequatorialis Anthony, 1926 [2]
- Glironia criniger Anthony, 1926 [2]
- Marmosa aceramarcae Tate, 1931 [1]
Características
[editar | editar a fonte]A sarigüeia de cola de pincel tan a pelaxe de cor que varía da parda a gris, con raias negras desde o nariz á testa, a través dos ollos. Unha ampla e prominente banda de cor parda escura con raias negras esténdese ao redor de cada ollo, o que lle dá a aparencia dunha máscara.
As orellas son ovaladas, grandes, espidas e de cor negra. As mans e os pés son de cor parda ou gris. A cola é tupida, coa pel grosa.[7]
Pesa de 195 a 225 g.[9] A lonxitude da cabeza e tronco é de 16 a 20,5 cm.[7]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, o status desta especie na actualidade (2016) é de LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Patterson, B. & Solari, S. (2008): Glironia venusta na Lista vermella da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 11-05-2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Glironia venusta no MSW.
- ↑ R. S. Voss e S. A.Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.
- ↑ Didelphidae no MSW.
- ↑ Glironia Thomas, 1912 no ITIS.
- ↑ Glironia no NCBI.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Marshall, Larry G. "Glironia Venusta". Mammalian Species (Dec 29,1978): 1–3. JSTOR 3504067. doi:10.2307/3504067.
- ↑ Glironia en MSW.
- ↑ Glironia venusta Arquivado 08 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en ARKive.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glironia venusta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Glironia venusta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1.
- Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5.
- McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bushy-tailed opossum (Glironia venusta) en ARKive. Con ampla información e numerosas imaxes (en inglés)
- Glironia venusta na ADW. Con ampla información, imaxes e bibliografía (en inglés)
- Glironia venusta na EOL.