Guateque
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia do Oriente | ||||
Capital de | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 36,04 km² | ||||
Altitude | 1.815 m | ||||
Creación | 28 de xaneiro de 1636 | ||||
Páxina web | guateque-boyaca.gov.co… |
Guateque é un concello colombiano, capital da Provincia do Oriente no suroeste do departamento de Boyacá, 125 quilómetros ao sur de Tunja, capital departamental, e a 112 km ó leste de Bogotá. Limita cos concellos de La Capilla, Tenza, Sutatenza, Somondoco e Guayatá, así como cos concellos cundinamarqueses de Tibirita e Manta.
O personaxe máis recoñecido que deu Guateque, foi o expresidente da República Enrique Olaya Herrera, quen gobernou o país entre 1930 e 1934.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1537 o Capitán Pedro Fernández de Valenzuela, comisionado por Quesada para atopar os filóns esmeraldíferos de Somondoco, é enviado á rexión e descobre un conxunto de ladeiras que se entrelazan nunha topografía bañada polos ríos Somondoco, Machetá e Súnuba, lindando con Cundinamarca Coa chegada de Gonzalo Jiménez de Quesada á rexión o 24 de xuño de 1537, á poboación indíxena de Tenzuca nomeouna San Juan. Posteriormente os españois denominárona Tenza, en descomposición da palabra Tenzuca que era a capital indíxena da rexión, gobernada polo cacique Runi, tributario de Hunza.
Na zona de Tenzuca a colonia construíu un conxunto de centros urbanos que hoxe se coñecen cos nomes de Guateque, Tenza, Garagoa, Somondoco, Guayatá, Sutatenza, Almeida, Macanal e Pachavita, conformando o chamado Val de Tenza.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guateque |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 16 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)