Saltar ao contido

Horta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Horto

Unha horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga. Unha horta familiar de pequena extensión recibe tamén o nome de horto[1].

Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.

A ciencia que estuda as hortas denomínase horticultura.

Horto urbano

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Agricultura urbana.

A práctica de manter pequenos hortos urbanos estase estendendo entre as familias de escasos recursos, xeralmente habitantes de zonas urbano marxinais.

Moitas veces a finalidade destes hortos, propiciados por entidades gobernamentais e ONGs, non é a de suplir unha cantidade importante de alimento senón que máis ben a de promover unha diversificación dos hábitos alimentarios.

No horto orgánico frecuentemente aplícanse técnicas orgánicas, evitando o uso de herbicidas e insecticidas (biocidas), recreando un ecosistema que se sostén coa diversidade dos cultivos, a rotación dos mesmos e a achega de fertilizantes orgánicos.

Horto urbano en produción nun barrio marxinal de Guayaquil.

A agricultura urbana brinda un marco no cal a familia, veciños, ou grupos afíns poden aprender a observar e facilitar os procesos naturais (sementeira, crecemento, coidados, floración-reprodución, colleita, conservación, elaboración de alimentos...). Ademais de ter propósitos produtivos, ten un contido educativo e reconstrutivo, axuda a fortalecer a integración e o traballo en equipo e recuperar a estima, así tamén como promover hábitos nutricionais saudables. Téndese a lograr un sistema de produción continua no que se achega traballo e coñecemento todo o ano e se obteñen hortalizas frescas, froitas e herbas aromáticas para a inxestión diaria.

[editar | editar a fonte]
  • A caste da horta sai da corte pola porta.
  • A horta de outono mantén ó seu dono.
  • Este ir e vir á horta traime morta.
  • Horta de pasatempo, quer tempo.
  • Horta de San Martiño, mantén ó seu dono e mais o veciño.
  • Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
  • Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é pior.
  • Nace na horta o que non sementa o hortelán.
  • Parvo é quen entra na horta e non come froita.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy