Saltar ao contido

I.R.S. Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
I.R.S. Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1979
Data de disolución2015
Fundador(es)Miles Copeland
Organización matrizUniversal Music Group
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.onamrecords.com/labels/i-r-s-records
editar datos en Wikidata ]

I.R.S. Records foi un selo discográfico estadounidense fundado por Miles Copeland III, Jay Boberg e Carl Grasso en 1979.[1] I.R.S. publicou traballos dalgunhas das bandas máis populares dos anos 80, e foi particularmente coñecida por editar discos de artistas de college rock, new wave e rock alternativo, como R.E.M., The Go-Go's, Wall of Voodoo e Fine Young Cannibals.

Miles Copeland III, fillo do axente da CIA Miles Copeland Jr., xogou moitos roles na industria británica do punk rock e o new wave de mediados a finais dos 70: axente, representante, produtor, editor de revista e dono de discográfica. O seu irmán Ian era o director dunha axencia de talentos, Frontier Booking International (F.B.I.), mentres que o seu outro irmán, Stewart, tocaba a batería en The Police, un grupo representado por Copeland. O primeiro álbum de The Police publicouse en 1978 a través de A&M Records cun exitoso sinxelo, "Roxanne", que Copeland describiu como un punto de inflexión na súa vida.[2]

Grazas ao seu éxito con The Police, Copeland convenceu a Jerry Moss, copropietario de A&M, para crear a división I.R.S. en 1979. I.R.S. é o acrónimo de International Record Syndicate.[3]

De 1983 a 1987, I.R.S. Records promocionou un programa mensual da MTV chamado I.R.S. Records Presents The Cutting Edge, presentado por Peter Zaremba de The Fleshtones.[4] A serie centrábase nas bandas que gravaban coa discográfica. O seu concepto posteriormente evolucionou cara ao programa de rock alternativo 120 Minutes, estreado en 1986 e que coexistiu con Cutting Edge durante un ano e medio.

Os lanzamentos de I.R.S. foron distribuídos por A&M ata 1985, despois por MCA Records ata 1990, e finalmente por EMI ata a desaparición do selo en 1996. En 1985 Copeland realizou un acordo para cambiar o distribuidor do selo a MCA Records. Segundo o acordo A&M continuou editando o catálogo anterior a 1985, gran parte do cal aínda se atopa baixo a etiqueta de A&M.

O selo desapareceu en maio de 1996, sendo o seu derradeiro lanzamento All Set dos Buzzcocks, publicado dúas semanas antes do peche da discográfica. Pouco despois Copeland creou Ark 21 Records.

En 2011 EMI resucitou o selo; no ano seguinte tiña fichados a Chiddy Bang e a Foxy Shazam. En outubro de 2013, pouco despois da integración de EMI no seu sucesor, Universal Music Group, o selo resucitou novamente como I.R.S. Nashville, con artistas como Striking Matches, Marc Scibilia e Cowboy Jack Clement, antes de ser pechado novamente en 2015.[5][6]

  1. "IRS Records to be Relaunched by EMI, Crush Management | Hollywood Reporter". www.hollywoodreporter.com. Consultado o 2020-08-25. 
  2. Hunt, Dennis (1988-06-05). "Going a Round With Miles Copeland". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2020-08-25. 
  3. "UM Entertainment Management". www.business.umt.edu (en inglés). Consultado o 2020-08-25. [Ligazón morta]
  4. TV.com. "The Cutting Edge". TV.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-25. 
  5. "I.R.S. Nashville Imprint Names John Grady President". Billboard. 2013-10-22. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-08-25. 
  6. "Nashville Notes: Capitol's I.R.S. Nashville Label Shuttered; Zac Brown Band on the Move". Billboard. 2015-12-16. Consultado o 2020-08-25. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy