Saltar ao contido

Ifni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Ifni

Ifni era unha antiga posesión española na costa africana, ao sur de Agadir, tiña unha superficie de 1.502 km² e unha poboación no ano 1964 de 51.517 habitantes, a capital era Sidi Ifni.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O territorio foille concedido a España en perpetuidade conforme ao Tratado asinado entre España e Marrocos en 1860, neste territorio tivera xa España un establecemento chamado Santa Cruz de la Mar Pequeña entre 1476 e 1524, aínda que non se sabe con exactitude a súa localización.

Durante moitos anos España non fixo ningún movemento para ocupar o territorio e non foi ata o 6 de abril de 1934 que o coronel Osvaldo Capaz Montes ao desembarcar do canoneiro Canalejas tomou posesión deste territorio no nome de España. Ata 1952 Ifni tivo status de protectorado e nese ano converteuse en parte da (A.O.E.) África Occidental Española.

Desde que Marrocos obtivo a independencia en 1956 reclamou o territorio en varias ocasións. O 23 de novembro de 1957 o Exército de Liberación Marroquí co apoio do goberno marroquí atacou Ifni, fíxose co control da maior parte do territorio quedando a administración española reducida a Sidi Ifni e os seus arredores que constituíu unha provincia española. O 30 de xullo de 1969 Ifni pasou a soberanía marroquí.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy