Saltar ao contido

Illa de Salamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla de Salamina
Σαλαμίνα (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 37°56′17″N 23°29′07″L / 37.9381, 23.4853
EstadoGrecia
Axencia gobernamentaladministración descentralizada de Ática
PeriferiasPeriferia de Ática
Unidades periféricasunidade periférica das Illas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación39.220 (2011) Editar o valor en Wikidata (412,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie95 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Sarónico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude375 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal189 xx Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio websalamina.gr Editar o valor en Wikidata

A illa grega de Salamina (en Grego moderno Σαλαμίνα Salamina) é a maior illa do Golfo Sarónico, aproximadamente a 2 km do Pireo. Paloukia é o principal porto.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome Salamina probablemente deriva de Salam, que significa calma ou paz. Algunhas fontes, con todo, din que foi nomeada así pola ninfa Salamina, segundo a lenda, nai de Cychreus, o primeiro rei da illa. Outra teoría, que é apoiada pola lingüística moderna, considera que "Salamina" ven da raíz "Sal" (que significa auga salgada) e "amis" (é dicir, a metade), polo que Salamina = (o lugar) no medio de auga salgada.

Salamina foi probablemente primeiro colonizada por Exina e ocupada máis tarde por Megara, pero converteuse nunha posesión de Atenas en tempos de Solón ou Pisístrato, tras a guerra entre Atenas e Megara ao redor do 600 a. C..

A Illa de Salamina é coñecida pola Batalla de Salamina, a vitoria naval decisiva da frota dos aliados gregos, dirixida por Temístocles, durante o Imperio Persa no 480 a. C.. Dise que é o lugar de nacemento de Áiax e Eurípides, o nacemento deste último sitúase popularmente no día da batalla. Nos tempos modernos, é o fogar da Base Naval de Salamina, sede da Armada Helénica.

A máis antiga táboa contadora coñecida foi descuberta na illa grega de Salamina en 1899. Crese que foron utilizadas polos babilonios no 300 a. C. e é máis un taboleiro de xogo que un dispositivo de cálculo. É de mármore, duns 150 x 75 x 4´5 cm, e ten símbolos gregos e os sucos paralelos.

Durante a invasión alemá de Grecia na segunda guerra mundial, o porto foi bombardeado pola Luftwaffe o 23 de abril de 1941, e afundiron o acoirazado grego Kilkis e o Lemnos.

Nos anos 1960 e 1970, durante o período da xunta militar, os cambios na lexislación permitiron a subdivisión de parcelas de terra. Isto abriu a illa a un desenvolvemento masivo non planificado nin regulamentado das zonas urbanas e suburbanas, incluíndo moitas casas de fin de semana, especialmente ao longo das costas setentrional e oriental. A falta de investimento correspondente en infraestrutura, xunto coa industria pesada, deu lugar á contaminación do mar e a praia deste lado da illa. Hai, con todo, iniciativas en curso tales como a axuda da Unión Europea cos Fondo de Cohesión cara ao melloramento da situación.

Xeografía e administración

[editar | editar a fonte]
Mapa da illa de Salamina

Salamina ten unha área de 36 quilómetros cadrados, o seu punto máis alto é Mavrovouni (365 m.). A partir de mediados do século 20, a maioría dos habitantes foron Arvanites, cousa que cambiou nos últimos 20 anos debido á instalación de moitos atenienses na illa, na medida en que hoxe en día os Arvanites son unha fracción da poboación, que viven principalmente na cidade de Salamina, Ampelakia e Moulki (Aianteion). Segundo Estrabón, a antiga capital atopábase no sur da illa, e na época clásica foi cara ao leste, na península de Kamatero con vistas ao estreito de Salamina, nos tempos modernos é no oeste.

Unha parte importante da illa de Salamina é rochosa e montañosa. Na parte sur da illa, atópase un bosque de piñeiros, o cal é infrecuente para a Ática occidental. Lamentablemente, este bosque é a miúdo branco dos incendios. Mentres os habitantes do interior traballan principalmente no sector agrícola, a maioría dos habitantes de Salamina traballan nas profesións marítimas (pesca, os transbordadores, e os estaleiros da illa) ou viaxan a traballar en Atenas. O sector marítimo céntrase na costa nordés da illa no porto de Paloukia (Παλούκια), onde se atopan os transbordadores á Grecia continental, e no os estaleiros de Ampelakia na parte norte da península de Kynosoura ( grego: Κυνοσούρα = "cola de can").

Salamina é moi popular para vacacións e as visitas de fin de semana da zona de Atenas e O Pireo, a súa poboación ascende a 300.000 en tempada alta, dos cales aprox. 31.000 habitantes son permanentes. Isto apoia un sector terciario forte do sector da industria de servizos, con moitos cafés, bares, ouzeries , tavernas e tendas de bens de consumo en toda a illa. No sur da illa, lonxe do porto, hai unha serie de zonas menos desenvolvidas, con praias moi boas para a natación incluídas as de Aianteio, Maroudi, Perani, Peristeria, Kolones, Saterli, Selenia e Kanakia.

Salamina pertence á Prefectura do Pireo da periferia Ática.

Divídese en dous municipios: Salamina e Ampelakia.

No 'Municipio de Salamina', que ten unha superficie de 80´992 km² e unha poboación de 30.962 no 2.001, o núcleo de poboación principal é a cidade de Salamina (tamén chamada Koulouris, pob. 25.730 hab. en 2001), composta polos distritos Alonia, Agios Minas, Agios Dimitrios, Agios Nikolaos, Boskos, Nea Salamina, Tsami e Vourkari. O seu segundo pobo máis grande é Aiánteio (pob. 4.456 hab.). No 'Municipio de Ampelakia', que ten unha superficie de 15´169 km² e unha poboación de 7.060 hab., as cidades máis grandes son Ampelakia (poboación 4.537) e Selinia (2.346).

Vilas da illa

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy