Jerry Garcia
Jerome John "Jerry" Garcia, nado en San Francisco o 1 de agosto de 1942, e finado en Forest Knolls, no condado californiano de Marin o 9 de agosto de 1995, foi un cantante compositor e guitarrista estadounidense, máis coñecido polo seu traballo coa banda Grateful Dead, co cal acadou a fama durante era da contracultura era na década de 1960.[1][2] Aínda que el renegaba esa función, Garcia foi visto por moitos como o dirixente ou "voceiro" do grupo.[1][2][3][4]
Un dos seus fundadores, Garcia actuou co Grateful Dead durante toda a súa carreira de trinta anos (1965–1995). Garcia tamén fundou e participou nunha variedade de proxectos paralelos, incluíndo a Saunders–Garcia Band (co seu amigo Merl Saunders), a Jerry Garcia Band, Old and in the Way, o dúo acústico Garcia/Grisman, Legion of Mary, e os New Riders of the Purple Sage (o cal Garcia co-fundou con John Dawson e David Nelson).[1] Tamén lanzou varios álbums en solitario, e contribuíu nun gran número de álbums doutros artistas como músico de sesión. Era ben coñecido polo seu distintivo xeito de tocar a guitarra e foi clasificado no posto 46.º entre os 100 mellores guitarristas da historia.[5]
Os devanceiros de Jerry Garcia por parte do seu pai eran galegos, pois este era natural de Sada, e por parte da súa nai eran irlandeses e suecos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ruhlmann, Willam.
- ↑ 2,0 2,1 "Garcia, Jerome John".
- ↑ "The Grateful Dead" Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Compiled by Stratton, Jerry (1995).
- ↑ "The 100 Greatest Guitarists of All Time".
- ↑ Jackson, Blair (1999). Penguin Books, ed. Garcia: An American Life. pp. 1, 2, 5. ISBN 0-14-029199-7.