Saltar ao contido

John Havlicek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Havlicek

(década de 1960) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata
Martins Ferry, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 2019 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Jupiter, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Bridgeport High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura196 cm Editar o valor en Wikidata
Peso92 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 1978 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1959–1962 Ohio State Buckeyes
1962–1977 Boston Celtics 1.270(26.395)
Premios

Descrito pola fonteJohn Havlicek, a Dynamo in Two Eras of Celtics Glory, Dies at 79 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0991748 WikiTree: Havlicek-25 Editar o valor en Wikidata

John J. Havlicek, nado en Martins Ferry, Ohio o 8 de abril de 1940, e finado en Jupiter o 25 de abril de 2019, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense que destacou profesionalmente nas décadas dos 60 e dos 70. Toda a súa traxectoria profesional estivo ligada aos Boston Celtics. Alcumábanlle "Hondo", pola personaxe da película do mesmo nome protagonizada por John Wayne.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

A súa carreira universitaria transcorreu na Universidade de Ohio State, onde coincidiu con outro gran xogador, Jerry Lucas. Xuntos, gañaron o título da NCAA en 1960. En 1961 conseguiron unha marca de 27 partidos gañados por un só perdido, na final, e na prórroga. Havlicek promedió, en tres tempadas, 14,6 puntos e 8,6 rebotes.

Na súa etapa universitaria tamén xogou ao fútbol americano, un deporte no que tamén destacou, e é por iso que en 1962 foi elixido no draft da NBA por Boston na novena posición da primeira rolda, e á vez polos Cleveland Browns da NFL. Pero tras probar un tempo os adestramentos do fútbol, decidiu centrar todas as súas enerxías no baloncesto. Ninguén dúbida que acertou plenamente, xa que conseguiu, en 16 tempadas como profesional gañar 8 aneis de campión da NBA, a metade deles no seu catro primeiras tempadas. Só os seus compañeiros de equipo Bill Russell e Sam Jones en gando máis aneis que el nunha carreira profesional.

Ten o récord de máis puntos anotados cos Celtics, con 26.395 (20,8 por partido, sexto máximo anotador de todos os tempos da liga), ademais dos de máis partidos xogados coa camiseta verde e branca, 1.270, cuarta marca da liga. Ademais, comparte o récord de máis puntos anotados nunha prórroga en finais, con 9. Está considerado o mellor sexto home da historia da NBA. Retirouse en 1978 e a súa camiseta co número 17 colgou durante anos do alto do Boston Garden como homenaxe á súa dilatada carreira. Posteriomente trasladouse ao TD Banknorth Garden.

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
  • 13 veces All Star.
  • Primeiro xogador en anotar 1.000 puntos ou máis en 16 tempadas consecutivas.
  • MVP das Finais de 1974.
  • Elixido en 4 ocasións no mellor quinteto da NBA e 7 veces máis no segundo mellor.
  • Elixido en 5 ocasións no mellor quinteto defensivo da liga.
  • Elixido un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
  • Membro do Basketball Hall of Fame dende 1984.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy